A Unión Astronómica Internacional (siglas en inglés: IAU, International Astronomical Union) é o organismo internacional que se encarga de promocionar e coordina-la investigación astronómica a nivel global. Está organizada en 12 divisións científicas, e dentro 37 comisións máis especializadas, ademais de 90 grupos de traballo. O seu nacemento tivo lugar no 1919. A actual presidenta (2019) é Ewine van Dishoeck.[1]
A UAI reúne a máis de 13 500 astrónomos profesionais de máis de 100 países do mundo. A súa misión é promover e salvagardar a astronomía en todos os seus aspectos, incluíndo investigación, comunicación, educación e desenvolvemento, a través da cooperación internacional. A UAI tamén serve como autoridade recoñecida internacionalmente para asignar designacións a corpos celestes e as características de superficie neles.[2]
Os grupos de traballo son establecidos Polo Comité executivo, As Divisións ou Comisións, para tomar tarefas ben definidas por períodos limitados de tempo. Na actualidade (2019), un dos grupos, a Division B WG UV Astronomy (para o estudo das emisións ultravioleta)[3] está dirixido pola española Ana I. Gómez de Castro ('Chair' do grupo).[4]
Ten tamén un grupo de nomeamento de pequenos corpos celestes, o "Working Group for Small Body Nomenclature (WGSBN)", que por exemplo, nomeou a Arrokoth.[6]