Europa (lúa)

Satélite Europa

Europa (Gl-Europa.ogg pronunciación ) é unha das lúas de Galileo do planeta Xúpiter, que son catro lúas masivas e exóticas co tamaño de verdadeiros planetas.

Europa é única por si propia, preséntase cunha superficie xeada moi brillante con riscos coloridos. Pénsase que sexa un mundo oceánico cuberto por unha capa de xeo que protexe o mar interior da adversidade do espazo exterior. Debido ás condicións existentes no seu interior, algúns científicos xulgan que podería existir vida, tal como a que existe nas profundidades dos mares da Terra. É con Marte, o lugar máis probable onde se pensa que é posible atopar vida extraterrestre.

Mitoloxía

Artigo principal: Europa (mitoloxía).

O nome Europa é derivado dun dos moitos amores de Zeus (Xúpiter) na mitoloxía grega, nome do cal tamén deriva o continente terrestre chamado Europa. Europa era unha princesa da Fenicia pola cal se apaixonou Zeus.

A pesar de que o nome "Europa" foi suxerido por Simon Marius despois da súa descuberta, este nome e os outros nomes das lúas de Galileo, non foron usados durante un período de tempo considerable, e só foron reavivados no uso común a mediados do século XX. Na maioría da literatura científica antiga era referida apenas pola súa designación numeral romana, ou sexa, Xúpiter II, que significa "o segundo satélite de Xúpiter".

Historia de observación e exploración

Galileo Galilei é considerado o descubridor de Europa, a partir das observacións feitas o 7 de xaneiro de 1610 en Padua. Europa e mailas outras lúas de Galileo tiveron un grande impacto na teoría de que a Terra non era o centro de todo, xa que foron as primeiras lúas que visibelmente non orbitaban a Terra. Naqueles tempos, considerábase que todos os planetas, o Sol e a Lúa orbitaban arredor da Terra. Porén, algúns historiadores afirman que foi Simon Marius, de Ausbach, o primeiro en observar os satélites xovianos o 29 de decembro de 1609.

Aínda nese século, astrónomos observaron as eclipses dos satélites, mais repararon que ocorrían 16 minutos e 40 segundos despois cando Xúpiter se atopa do outro lado do Sol en relación á Terra; o que levou a outra gran descuberta da física polo dinamarqués Ole Roemer, que explicou que o atraso débese á velocidade finita da luz, conseguindo medir así a velocidade da luz pola primeira vez.

Europa e mailas outras lúas de Galileo son catro corpos celestes de dimensión considerable; dous deles son maiores que o planeta Mercurio, e Io e Europa rivalizan en tamaño coa Lúa da Terra. Algunhas persoas conseguen ver estas lúas a ollo en ocasións de ceo limpo e logo despois do solpor, xa que durante a noite Xúpiter brilla demais, o que oculta as súas lúas. Mais só cuns bons binóculos ou un pequeno telescopio é como unha persoa normal consegue observar claramente estas lúas a orbitaren Xúpiter que aparecen case en liña recta en diferentes lados do disco do planeta.

Mentres que os astrónomos na Terra tiñan apenas pequenas nocións mesmo cos mellores telescopios de mediados do século XX. Foi só cando a chegada das sondas Pioneer 10 e 11 a Xúpiter en 1973 e en 1974, respectivamente, cando se consegue determinar as masas cunha precisión e captan as primeiras imaxes das grandes lúas de Xúpiter. As imaxes de Europa revelaron pouca variación de cor e mostraban unha rexión escura con poucos detalles, mais as Pioneer encontrábanse lonxe demais para conseguir obter bos detalles da superficie. Debido a que é un dos satélites máis brillantes, xa se consideraba que a súa crusta estaba principalmente constituída por auga xeada.

En 1979 chegan a Xúpiter as dúas sondas Voyager. Nas imaxes de baixa-resolución da Voyager 1, Europa mostraba un número bastante grande de liñas que se interceptaban. Estas liñas facían lembrar as canles que os astrónomos outrora xulgaban ver en Marte. Os científicos coidaron que se trataba de terreo quebrado debido a procesos tectónicos. Mais as imaxes de alta-resolución da Voyager 2, con todo, deixaron os científicos sorprendidos, xa que parecían pintados na superficie, sen ningún relevo topográfico visible. Os modelos do interior de Europa mostraron actividade e quecemento do interior coa formación de océanos con 50 quilómetros ou máis de profundidade a 5 km da superficie.

A lúa Europa así tornouse nunha icona dos escritores de ficción científica, existindo libros, filmes e xogos; de destacar o libro e o filme de Arthur C. Clarke 2010: Odisea Dous (ou O Ano en Que Fixemos Contacto) de 1982, onde se fai a descuberta de vida primitiva vivindo por debaixo da capa de xeo de Europa, xa no terceiro libro da triloxía - 2061: Odisea Tres (1987), Europa transfórmase nun mundo oceánico tropical. No libro The Forge of God (1987) de Greg Bear, Europa é destruída por extraterrestres que usan pedazos do seu xeo para formar planetas.

O 7 de decembro de 1995, chega a sonda Galileo a Xúpiter, onde permanecerá oito anos a estudar Xúpiter e mailo seu sistema de satélites. O 2 de marzo de 1998, a NASA anuncia que a Galileo descubriu fortes probas dun océano salgado por baixo da superficie. En 2003, a Galileo foi enviada á atmosfera de Xúpiter e destruída pola enorme presión de Xúpiter, un dos principais motivos era non contaminar as lúas de Galileo con bacterias da Terra.

Xeoloxía planetaria

O núcleo de Europa deberá ser metálico, rodeado por rocha e esta rocha rodeada por auga líquida baixo unha capa de xeo.

Europa é algo semellante en composición aos planetas telúricos, sendo principalmente composto de rochas de silicatos. O raio de Europa é de 1.565 km, un pouco menor que o raio da nosa Lúa. O núcleo é metálico composto por ferro e níquel, rodeado por unha concha de rocha, que pola súa vez é rodeado por unha capa externa de auga que se pensa ter 100 km de profundidade (algunha desa auga está xeada na capa superficial da codia, e algunha como un océano de auga líquida por debaixo do xeo)

Dados mostran que Europa xera un pequeno campo magnético e a través da interacción co de Xúpiter este varía periodicamente así que atravesa o campo magnético masivo de Xúpiter. O campo magnético de Europa ten cerca dun cuarto da forza do campo de Ganímedes e é semellante ao de Calisto.

Topografía xeral

O cráter Pwyll. A área central escura do cráter ten preto de 26 km.

A superficie europeana é extremadamente plana; existindo poucas características con máis de 10 metros de altura. Estes montiños escintilantes que cobren a superficie son enormes icebergs encallados, probabelmente formados por amonio e auga.

As marcas preeminentes que se intercalan polo planeta parecen ser principalmente características de albedo, con pouco relevo vertical. Existen moi poucas cráteres, e o seu albedo é dos maiores entre todas as lúas. Isto parece indicar que se trata dunha superficie nova e activa; en base a estimativas de bombardeamentos por cometas, Europa probablemente ten unha superficie de non máis de 30 millóns de anos. O feito de ser plano e as marcas visibles lembran fortemente o xeo de mar na Terra, e pénsase que por baixo da superficie existe unha capa de auga líquida mantida coa calor xerada polo efecto gravitacional de Xúpiter.

O suposto choque dun meteorito de dimensións considerables debeu desfacer en pedazos parte da capa de xeo e espallou en redor a auga retida por baixo. Ao volver a conxelar, esta borraría calquera trazo dese encontro. Os maiores cráteres parecen estar cubertos por xeo liso e fresco e son bastante poucos os que teñen máis de 30 km e aparencia de fendas na capa de xeo, e son Taliesin, Pwyll e Midir, con diámetros de entre 37,4 e 50 quilómetros.

As liñas

As características máis fascinantes de Europa son unha serie de liñas que parecen rabiscos por todo o globo, algunhas delas chega aos 1.000 km de lonxitude e varias centenas de ancho.

Estas liñas lembran as quebras nas formacións de xeo no mar na Terra, e observacións posteriores mostraron que as zonas onde a codia se quebra, ambos os lados moveranse un en relación ao outro como acontece nos mares xeados da Terra, indicando auga líquida por debaixo. As bandas maiores teñen 20 km de diámetro con cantos externos difusos, con estrías regulares e unha banda central de materiais máis leve que se pensa seren producidos por un número de erupcións de auga ou geysers así que a codia europea se abría e expuña as capas máis quentes por debaixo. O efecto é semellante ao que acontece nos cantís oceánicos da Terra. Estas fracturas pensase que soben e descenden 30 metros dependendo da marea chea ou baixa.

A estraña superficie de Europa coas súas liñas que indican un océano xeado por debaixo.

Xa que Europa está sempre coa mesma face voltada para Xúpiter, deberían formar patróns diferentes e previsibles. Con todo, só as fendas máis recentes teñen o padrón esperado; as outras fendas parecen ter ocorrido a orientacións cada vez máis diferentes canto máis vellas son. Isto pode ser explicado caso a superficie de Europa roda un pouco máis rápido que o seu interior, un efecto que é posibelmente debido ao océano sub-superficial. Comparacións entre as fotos da sonda Voyager e da Galileo suxiren que a codia roda non máis que unha vez cada 10.000 anos relativamente ao seu interior.

Os puntos negros

Un outro tipo de características presentes en Europa é a lentícula circular ou elíptica que é un pequeno punto negro na superficie. Moitos son bóvedas, outros son pozos e algúns son puntos negros lisos. Outros teñen texturas caóticas. O cumios das bóvedas parecen anacos das chairas máis vellas circundantes, suxerindo que as bóvedas se formaron cando as planicies foron puxadas para riba. Pensase que estas lentículas foron formadas por xeo quente subindo polo xeo máis frío da codia externa, tal como as cámaras de magma fan na codia da Terra. Os puntos negros lisos poden ter sido formados por auga derretida liberada cando o xeo quente quebra a superficie, e as lenticulae caóticas (chamadas rexións de "chans", como por exemplo Conamara Chaos) parecen ter sido formadas por moitos pequenos fragmentos da codia, como se fosen icebergs nun mar xeado.

Atmosfera e clima

Observacións recentes feitas polo Telescopio Espacial Hubble revelan que Europa ten unha atmosfera tenue (1 micropascal de presión atmosférica na superficie) composta de osíxeno.

De entre todas as lúas do sistema solar, só seis teñen atmosfera: Ío, Calisto, Encélado, Ganímedes, Titán e Tritan. Ao contrario do osíxeno da atmosfera terrestre, o osíxeno en Europa non debe ter certamente orixe biolóxica. É probabelmente xerado pola luz do sol e partículas cargadas que atinxe a superficie xeada producindo vapor de auga que subsecuentemente se divide en hidróxeno e osíxeno. O hidróxeno escapa á gravidade de Europa por causa da súa masa atómica moito pequena, deixando atrás o osíxeno.

Nalgunhas áreas conseguiuse observar unha especie de nube, talvez néboa de gotas de amonia. A temperatura á superficie de Europa é de -163 °C no ecuador e de apenas -223 °C nos polos.

Hidrografía

O terreo caótico de Conamara Chaos é visto como unha proba da existencia dun océano oculto debaixo do xeo.

Conamara Chaos é unha rexión de terreo caótico que foi producida por derretemento de xeo. A rexión consiste en placas de xeo que se moven e rodan. Á volta destas placas hai unha rexión caótica de bloques de xeo, que poden ter sido formados a partir de auga ou xeo quente que fluíu de baixo para a superficie. Esta rexión é vista como unha proba para a existencia do océano por baixo da capa xeada que envolve todo o globo de Europa. Concluíuse así que era probable a existencia de auga líquida no pasado, mais non se sabe ao certo se existe un océano líquido na contemporaneidade.

O cráter Pwyll é un cráter xove e tomou o nome dun deus celta do submundo. As áreas brancas que irradian do cráter son áreas xoves que se quebraron co impacto e volveron a conxelar, tapando novamente o océano debaixo da superficie.

O 2 de marzo de 1998, a NASA anunciou que a sonda Galileo descubriu fortes probas do que se xulgar ser un océano salgado por debaixo da superficie, algo que xa se sospeitaba anteriormente. Probas espectrográficas mostran que as raias vermellas escuras e as características na superficie son ricas en sales tales como sulfato de magnesio, depositados por auga que evapora que emerxe do interior. Con todo, estes sales son incoloros ou brancos cando puros, algún outro material deben estar presente para dar a cor avermellada. Sospéitase que sexan compostos sulfúricos ou ferrosos.

Debido ás temperaturas extremadamente baixas, o xeo é tan duro como rocha e debe ter unha espesura de 10 a 30 km cubrindo toda a superficie, o que indica que o océano líquido pode ter ata 90 km de profundidade.

Vida en Europa

Sospéitase que a vida poida existir no océano por baixo do xeo, talvez subsistindo como os seres vivos que viven en condicións semellantes na Terra, xa que Europa ten dous elementos esenciais para a vida como a coñecemos: auga e calor. Ou sexa, en respiradoiros hidrotermais no fondo dos océanos ou como no Lago Vostok da Antártida.

Vermes-tubo xigantes vivindo nun respiradoiro hidrotermal no fundo dos mares da Terra.

No filme IMAX documental de 2005 Aliens of the Deep de James Cameron, exobiólogos da NASA e biólogos mariños investigan os respiradoiros hidrotermais no Atlántico e Pacífico. Estas zonas teñen o seu propio ecosistema que soporta organismos como vermes-tubo xigantes, cangrexos brancos cegos, e moitos camaróns. Estes animais viven destas fontes hidrotermais superquencidas e sulfurosas e non necesitan do Sol. A idea de algo así en Europa ten sido discutido polos científicos, e esta lúa é capaz de ter un ecosistema semellante onde a vida extraterrestre podería existir.

Non existe actualmente ningunha proba desta hipótese, mais ten sido feito o posible para evitar calquera contaminación das sondas. A sonda Galileo foi enviada para Xúpiter de forma a ser destruída, para evitar que despeñase en Europa e contaminase a lúa con microorganismos terrestres. A introdución de microorganismo podería tornar imposible a determinación de que Europa ten ou non vida nativa, ou ata podería destruír esas formas de vida caso existan.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Canadian author of Acadian ethnicity France DaigleBorn (1953-11-18) November 18, 1953 (age 70)Moncton, New Brunswick, CanadaOccupationNovelist, playwright, poet, columnistNationalityCanadianGenrenovels, plays, poetry, weekly column in L'Acadie NouvelleSpouseBerthe Theriault France Daigle (born 18 November 1953) is a Canadian author of Acadian ethnicity. Born and raised in Moncton, New Brunswick, she has published nine novels and three plays. She writes in French and has pioneered the use...

 

PueblaCalcio Los Camoteros, La Franja Segni distintivi Uniformi di gara Casa Trasferta Terza divisa Colori sociali Bianco, blu Inno Soy Poblano Dati societari Città Puebla Nazione Messico Confederazione CONCACAF Federazione FMF Campionato Primera División de México Fondazione 1944 Presidente Manuel Jiménez García Allenatore Nicolás Larcamón Stadio Estadio Cuauhtémoc(42 648 posti) Sito web clubpuebla.com/home Palmarès Titoli nazionali 2 Campionati messicani Trofei nazionali 5 Cop...

 

Adrara San Martino Entidad subnacional Escudo Adrara San MartinoLocalización de Adrara San Martino en Italia Coordenadas 45°42′N 9°57′E / 45.7, 9.95Capital Adrara San MartinoIdioma oficial ItalianoEntidad Comuna de Italia • País Italia • Región Lombardía • Provincia BérgamoDirigentes   • Alcalde Sergio CapoferriMunicipios limítrofes Adrara San Rocco, Berzo San Fermo, Foresto Sparso, Grone, Monasterolo del Castello, Sarnico, Viadanic...

Haider al-Abadi Haider al-Abadi 75º Primeiro Ministro do Iraque Período 8 de setembro de 2014a 25 de outubro de 2018 Presidente Fuad MasumBarham Salih Antecessor(a) Nouri al-Maliki Sucessor(a) Adil Abdul-Mahdi Líder da Aliança da Vitória Período 14 de dezembro de 2017a atualidade Antecessor(a) Nouri al-Maliki Sucessor(a) Baha Araji Vice-líder do Partido Islâmico Dawa Período 15 de janeiro de 2007a 8 de setembro de 2014 Antecessor(a) Nouri al-Maliki Sucessor(a) Baha Araji Ministro das...

 

يوسف عريقات   معلومات شخصية الميلاد 22 يناير 1990 (33 سنة)  فريمونت، كاليفورنيا  مواطنة الولايات المتحدة  مشكلة صحية اضطراب ثنائي القطب  إخوة وأخوات نورا عريقات  الحياة العملية المهنة ممثل،  وصانع محتوى،  ومنتج تلفزيوني  اللغة الأم الإنجليزية  اللغات ال

 

Lipoprotein lipaseالمعرفاتالرمز، (أو الرموز) LPL; HDLCQ11; LIPDمعرفات خارجية OMIM: 609708 MGI: 96820 هومولوجين: 200 مختبر علم الأحياء الجزيئي الأوروبي الكيميائي: 2060 بطاقات الجينات: LPL Geneرقم التصنيف الإنزيمي 3.1.1.34 علم الوجود الجيني الوظيفة الجزيئية • lipoprotein lipase activity • phospholipase activity • triglyceride lipase ...

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Come with Me 2 Hell – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2015) This article includ...

 

تمثيل صوتيصنف فرعي من نشاط — تمثيل جزء من عمل استعراضي — فيلم رسوم متحركة يمتهنه مؤدي أصوات تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات التمثيل الصوتي هو فن أداء الأصوات للشخصيات في مجالات عدة، أو تزويد الجمهور بالمعلومات. ويُسمى مؤدي الصوت ممثل الصوت أو فنان الصوت أو التعليق ا...

 

English courtier and patron of the artsElizabeth CareyLady BerkeleyElizabeth, Lady Berkeley's tomb effigy by Nicholas Stone, in St Dunstan's church, Cranford, MiddlesexBorn24 May 1576Died23 April 1635Buried25 April 1635Cranford parish churchSpouse(s)Thomas BerkeleySir Thomas ChamberlainIssueTheophila BerkeleyGeorge Berkeley, 8th Baron BerkeleyFatherGeorge Carey, 2nd Baron HunsdonMotherElizabeth Spencer Lady Elizabeth Berkeley (née Carey; later Chamberlain; 24 May 1576 – 23 April 1635), was...

Subfamily of Benue–Congo languages of west-central Nigeria KainjiGeographicdistributionKainji Lake, NigeriaLinguistic classificationNiger–Congo?Atlantic–CongoVolta-CongoBenue–CongoKainjiSubdivisions Lake core Kainji Glottologkain1275The Kainji languages shown within the Middle Belt of central Nigeria The Kainji languages are a group of about 60 related languages spoken in west-central Nigeria. They form part of the Central Nigerian (Platoid) branch of Benue–Congo. Demographics Four ...

 

Beer This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Beer in Slovenia – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2017) (Learn how and when to remove this template message) Laško Zlatorog Beer in Slovenia is dominated by the pale lager market. The most commonly known brands of Slovenian beer, n...

 

Soviet-Russian colonel of artillery Ivan LadyhaІван ЛадигаUkrainian and Soviet colonel of artillery Ivan Ladyha, 2006.Personal detailsBornNovember 17, 1920Manuylivka, Kherson Governorate, Ukrainian Soviet Socialist Republic (now Kirovohrad Oblast, Ukraine)DiedJanuary 11, 2010 (aged 89)Saint-Petersburg, RussiaAwardsOrder of the Red Banner Order of the Red Star (3)Military serviceAllegiance Soviet Union RussiaRankColonel of ArtilleryBattles/warsWorld War II Ivan Fedorovich L...

Romanian actor (1937–2007) Ioan FiscuteanuIon Fiscuteanu, Teatrul magazine, 1977Born(1937-11-19)November 19, 1937Sânmihaiu de Câmpie, Bistrița-Năsăud County, Kingdom of RomaniaDied8 December 2007(2007-12-08) (aged 70)Târgu Mureș, RomaniaResting placeCentral Cemetery, Târgu MureșAlma materI.L. Caragiale Institute of Theatre and Film ArtsOccupationActorEmployerNational Theater Târgu Mureș [ro]AwardsNational Order of Faithful Service, Knight rank Ioan Fiscutea...

 

1979 American film by Robert M. Young Rich KidsTheatrical release posterDirected byRobert M. YoungWritten byJudith RossProduced byRobert AltmanGeorge W. GeorgeMichael HausmanStarringTrini AlvaradoJeremy LevyKathryn WalkerJohn LithgowTerry KiserDavid SelbyRoberta MaxwellPaul DooleyIrene WorthCinematographyRalf D. BodeEdited byEdward BeyerMusic byCraig DoergeProductioncompanyLion's Gate FilmsDistributed byUnited ArtistsRelease dateAugust 17, 1979Running time101 minutesCountryUnited StatesLangua...

 

Ludwig Wittgenstein pada tahun 1930 Ludwig Josef Johann Wittgenstein (dilafalkan [luːtvɪç ˈjoːzɛf ˈjoːhan ˈvɪtgənʃtaɪn], 26 April 1889 – 29 April 1951) adalah salah seorang filsuf paling berpengaruh pada abad 20 dan memiliki kontribusi yang besar dalam filsafat bahasa, filsafat matematika, dan logika. Ia berpendapat bahwa masalah filsafat sebenarnya adalah masalah bahasa.[1] Ludwig Wittgenstein merupakan filsuf kelahiran Austria yang kemudian melanjutkan s...

The Gorky Institute of World Literature. April 2018 The Gorky Institute of World Literature (IMLI; Russian: Институт мировой литературы им. А. М. Горького РАН) is a research institute of the Russian Academy of Sciences in Moscow. Not to be confused with the Gorky Literary Institute, which is an institute of higher education that trains writers, the A. M. Gorky Institute of World Literature is a scientific research institute and part of the Russian Acade...

 

This article is an orphan, as no other articles link to it. Please introduce links to this page from related articles; try the Find link tool for suggestions. (March 2023) This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (July 2023) (Learn how and when to remove this template message) Lydia PonomarenkoЛідія Антонівна ПономаренкоLydia Po...

 

2010 United States district court case Arista Records LLC v. Lime Group LLCCourtUnited States District Court for the Southern District of New YorkFull case nameArista Records LLC et al. v. Lime Group LLC et al. Decided11 May 2010 amended on 25 May 2010Docket nos.1:06-cv-05936Citation(s)715 F. Supp. 2d 481Case historySubsequent action(s)Permanent injunctionHoldingSummary judgment granted for inducement of copyright infringementCourt membershipJudge(s) sittingKimba Wood Part of a series onFile ...

British author (1930–2014) Peter HopkirkBorn(1930-12-15)15 December 1930Died22 August 2014(2014-08-22) (aged 83)Notable worksThe Great Game (1990) Peter Stuart Hopkirk (15 December 1930 – 22 August 2014) was a British journalist, author and historian who wrote six books about the British Empire, Russia and Central Asia.[1][2] Biography Peter Hopkirk was born in Nottingham, the son of Frank Stuart, an Anglican priest, and Mary Hopkirk (née Perkins). The family hailed ...

 

Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Mengganti markah HTML dengan markah wiki bila dimungkinkan. Tambahkan pranala wiki. Bila dirasa perlu, buatlah pautan ke artikel wiki lainnya dengan cara menambahkan [[ dan ]] pada kata yang bersangkutan (lihat WP:LINK untuk keterangan lebih lanjut...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!