Sinope era a lúa máis afastada de Xúpiter, antes de que se descubrirá a Megaclite no ano 2000. Actualmente a lúa máis afastada de Xúpiter é a lúa designada temporalmente coma S/2003 J 2.
Órbita
Sinope orbita Xúpiter nunha órbita retrograda cunha grande excentricidade e tamén cunha grande inclinación. Os seus elementos orbitais foron tomados en xaneiro do ano 2000.[1] Pero estes parámetros están en continuo cambio debido as perturbacións solares e do propio planeta Xúpiter sobre a órbita de Sinope. Normalmente é asignada ó grupo de satélites Pasífae,[3] pero dada a inclinación que ten e que a súa cor difire da cor da meirande parte dos membros do grupo, Sinope podería ser un obxecto independente, capturado por separado, e sen ter relación coa colisión e esnaquizamento do obxecto proxenitor do grupo Pasífae.[8] O diagrama ilustra os elementos orbitais de Sinope en relación cos outros satélites do grupo.
Sinope tamén é coñecida por estar nunha resonancia orbital con Xúpiter, de xeito semellante a Pasífae. Pero Sinope pode escapar desta resonancia, tendo períodos de resonancia e non resoantes que abarcan escalas de tempo de 107 anos.[9]
Características físicas
Estimouse que o diámetro de Sinope é duns 38 km (asumindo un albedo de 0,04)[3] A lúa é de cor vermella (índices de cor B-V=0,84 V-R=0,46),[8] caso contrario ó de Pasífae que é de cor gris. O seu espectroinfravermello é semellante ó dos asteroides tipo D, que difire tamén do espectro de Pasífae, que é semellante ó dos asteroides tipo C.[10] Estas diferenzas nos parámetros físicos suxiren unha orixe diferente respecto dos membros do núcleo do grupo de satélites Pasífae.
↑Nicholson, S. B. (abril de 1939). "The Satellites of Jupiter". Publications of the Astronomical Society of the Pacific51 (300): 85–94. doi:10.1086/125010. (onde el declinou darlle nome ós satélites recen descubertos (pax. 93–94))