No momento do seu descubrimento, Huya era o obxecto trans-neptuniano máis grande é brillante atopado, coa evidente excepción de Plutón. Foi atopado usando os datos recollidos polo observatorio do CIDA en Venezuela. O Telescopio Espacial Spitzer estimou o diámetro de Huya nuns 530 km cun albedo bastante baixo de 0,05.[4]
O obxecto ten unha forte marca nas liñas pertencentes ó vermello no espectro visible e no infravermello próximo, o que suxire que a súa superficie sexa rica en materiais orgánicos coma as tolinas.[10] Existe unha banda larga de absorción preto dos 2 μm que posiblemente pertenzan a xeo de auga ou a algún material alterado pola presenza de auga e tamén podería existir liñas de absorción preto dos 0,6–0,8 μm, o cal podería corresponderse con silicatos alterados pola presenza de auga.[11]
Órbita e rotación
Huya está actualmente a unhas 28,7 UAs respecto do Sol,[7] e acadará ó seu perihelio (q=28,52 UAs) no ano 2015.[3] Isto significa que este candidato a planeta anano está actualmente dentro da órbita de Neptuno. Coma Plutón, este plutino gasta parte do máis pechado da súa órbita ó redor do Sol tan preto de Neptuno, que o planeta controla ás súas órbitas mediante unha resonancia orbital. En xullo do ano 2029 Huya estará no momento de maior proximidade tanto do Sol coma de Neptuno.[nota 1][12] Simulacións feitas polo programa Deep Ecliptic Survey (DES) amosan que nos próximos 10 millóns de anos, Huya podería acadar un perihelio (qmin) dunha distancia inferior á 27,28 UA.[1] Os plutinos (15875) 1996 TP66 e (120216) 2004 EW95 aínda acadarían unha maior aproximación ó Sol.
Dada as grandes órbitas que teñen os obxectos trans-neptunianos ó redor do Sol, Huya está en oposición a primeiros de maio de cada ano, cunha magnitude aparente de 19,3.[7] Huya foi observado 131 veces, incluíndo imaxes recuperadas, dende o ano 1996.[3] O período de rotación de Huya é descoñecido.[13]
Notas
↑Fágase notar que esta proximidade é vendo ó Sol e a Neptuno coma un conxunto respecto de Huya, non se refire a distancia máis próxima ó Sol e a Neptuno por separado.
↑Radio de 253 km e unha densidade de 0,97 (a den. de Tetis) = 6,5 x 1019 kg. Para un radio de 279 km e unha densidade de 2.0 (a den. de Plutón) = 1,8 x 1020 kg
↑Sheppard, Scott S.; Lacerda, Pedro; Ortiz, Jose L. (2008). "Photometric Lightcurves of Transneptunian Objects and Centaurs: Rotations, Shapes, and Densities". En M. Barucci, A.; Boehnhardt,H.; Cruikshank, D.P.; et al. The Solar System Beyond Neptune(PDF). University of Arizona Press. pp. 129–142. ISBN978-0-8165-2755-7. Arquivado dende o orixinal(pdf) o 05 de marzo de 2012. Consultado o 23 de decembro de 2018.