A Copa Mundial da FIFA 1990 (en italiano: Coppa del Mondo FIFA Italia '90) foi a edición número catorce do Campionato Mundial de fútbol de seleccións. O torneo, organizado por segunda vez en Italia, comezou o 8 de xuño e rematou un mes despois, o 8 de xullo. Foi a segunda vez que un mesmo país organizaba o torneo despois de México 1986. Participaron na rolda previa do campionatro 116 federacións nacionais, as cales comezaron a xogar a fase previa en abril de 1988. Finalmente, vinte e dúas seleccións conseguiron a clasificación, as claes xogaron o torneo xunto coa anfitrioa Italia e a actual campioa Arxentina.
A campioa do torneo foi a selección da República Federal Alemá, a cal conseguía o seu terceiro títulos após vencer na final á Arxentina por 1−0 no Stadio Olimpico de Roma. Esta final era unha repetición da final do anterior mundial de 1986, dalquela gañada polos arxentianos. A anfritiroa Italia e Inglaterra finalizaron e terceiro e cuarto lugar, respectivamente, despois de perder ambas nas semifinais na rolda de penaltis. Este torneo foi a última participación da selección da Alemaña Federal na Copa do Mundo despois da unificación do país coa República Democrática Alemá uns meses máis tarde, así como de varios países do bloque do leste como a Unión Soviética, Checoslovaquia e a República Federal Socialista de Iugoslavia. Neste torneo debutaron as seleccións de Costa Rica, Irlanda e os Emiratos Árabes Unidos. O balón oficial foi o Adidas Etrusco Unico.