Franz Anton Beckenbauer nado o 11 de setembro de 1945 en Múnic e finado o 7 de xaneiro de 2024 en Salzburgo,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol alemán. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección alemá occidental. Considerado a "máxima lenda do fútbol alemán"[1] e un dos mellores futbolistas da Historia, foi alcumado "o Kaiser" (o emperador).
Traxectoria
Comezou como xogador no TSV 1860 de Múnic, ata que con 14 anos foi fichado polo Bayern de Múnic. Debutou no Bundesliga con 14 anos e despuntou no Mundial de 1966, cando marcou catro goles ante Inglaterra, sendo o xogador máis novo da competición.[2]
Xogaba de líbero. Sen el, entender esta posición no fútbol moderno é practicamente imposible. Neste xogador mestúranse unhas xeniais capacidades defensivas cunhas máis que notables condicións técnicas e físicas. El era o motor do mellor Bayern München da historia, e tamén da mellor Alemaña.[3]
Palmarés
Entre o seu palmarés destacan:
- 1 Mundial coa RFA (1974)
- 1 Eurocopa coa RFA (1972)
- 1 Copa Intercontinental co Bayern München (1976)
- 3 Copas de Europa co Bayern München (1974,1975 e 1976)
- 2 Balóns de Ouro
Como adestrador debutou dirixindo á selección xermana, levándoa ao subcampionato do mundo en México 1986 e ao Campionato no mundial de Italia 1990.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 EFE (8 de xaneiro de 2024). "Fallece la leyenda alemana Franz Beckenbauer". diaridetarragona.com (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Así fue la carrera del "Káiser" Franz Beckenbauer: balones de oro, goles, Mundiales y títulos ganados". CNN (en castelán). 2024-01-08. Consultado o 2024-01-08.
- ↑ Vargas Rozo, Sebastián (2024-01-08). "Muere Franz Beckenbauer, leyenda del fútbol mundial". www.sport.es (en castelán). Consultado o 2024-01-08.
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Copa da UEFA | |
---|
UEFA Europa League | |
---|