Carlos Alberto Valderrama Palacio, nado en Santa Marta o 2 de setembro de 1961, é un exfutbolista colombiano, alcumado "El Pibe".
Está considerado o máximo expoñente da máis importante xeración de futbolistas colombianos da historia, que se destacaron dende mediados dos anos 1980 a mediados dos '90, xeración da que formaron parte René Higuita, Leonel Álvarez, Freddy Rincón e Faustino Asprilla ou Andrés Escobar, entre outros importantes xogadores.