- Para o político republicano fusilado en 1936, véxase Pepe Miñones.
José Manuel Miñones Conde, nado en Santiago de Compostela o 17 de xullo de 1972, é un profesor universitario e político galego do PSdeG, ministro de Sanidade do goberno de España dende o 28 de marzo de 2023 ata o 20 de novembro de 2023. Previamente, foi alcalde de Ames, entre 2015 e 2021, cargo que abandonou cando foi nomeado delegado do goberno de España en Galicia entre o 31 de marzo de 2021[1] e o 27 de marzo de 2023.
Traxectoria
Fillo de José Miñones Trillo e de María Mercedes Conde Mouzo.[2] O seu tio-avó foi un popular empresario republicano coruñés José Miñones, fusilado polos sublevados ao comezo da Guerra civil.[3]
Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1997. Doutor desde o ano 2001 con Premio extraordinario, foi bolseiro na Universidade de Sevilla e na de Santiago. É profesor de Fisicoquímica na facultade de Farmacia da USC e investigador e participaba no Programa Isidro Parga Pondal.[4]
Política
Comezou na política en Ames, onde residía dende 1999, como vicepresidente dunha asociación de veciños e, onde chamou a atención do alcalde socialista que o incluíu na candidatura no 2007 como independente.[5] Aos poucos, en 2009, trala dimisión doutro concelleiro, entrou no goberno municipal como foi concelleiro de Reforma Administrativa, Calidade da Administración, Novas Tecnoloxías e Sanidade.[5]
Nas municipais de 2011 volveu ser elixido concelleiro e desde o 2012 foi portavoz do Grupo Municipal Socialista liderando a oposición ao alcalde do Partido Popular, xa como como militante sociañista.[5] Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG á alcaldía de Ames, obtendo 4 concelleiros, pero foi elixido alcalde cos votos dos catro concelleiros de Ames Novo, dos tres de Contigo Pódese e os dous do BNG.[6] Nas eleccións municipais de 2019 foi escollido de novo alcalde de Ames.[7]
Miñones renunciou á alcaldía[8] o 29 de marzo de 2021 ao darse a coñecer que sería nomeado Delegado do Goberno en Galicia no consello de ministros do día seguinte, relevando a Javier Losada de Azpiazu.[9]
O 27 de marzo de 2023, como consecuencia dunha remodelación do goberno, Pedro Sánchez nomeouno Ministro de Sanidade.[10]
Notas
- ↑ "Real Decreto 209/2021, de 30 de marzo, por el que se nombra Delegado del Gobierno en la Comunidad Autónoma de Galicia a don José Manuel Miñones Conde". boe.es (en castelán). («BOE» núm. 77, p. 36.572). 31 de marzo de 2021. Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ "Fallece la madre del delegado del Gobierno en Galicia, José Miñones". Europa Press. 2 de maio de 2021.
- ↑ Corral, Marta (28 de marzo de 2023). "José Miñones, nuevo Ministro de Sanidad y la trágica historia de su tío abuelo fusilado en el 36". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ Redacción (27 de marzo de 2023). "José Manuel Miñones Conde, exdelegado del Gobierno en Galicia, nuevo ministro de Sanidad". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Garrido Triñanes, Mateo (28 de marzo de 2023). "El alcalde que vio en Sánchez a un líder". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2023.
- ↑ El socialista José Miñones, nuevo alcalde de Ames. www.lavozdegalicia.es, 13/06/2015 (en castelán)
- ↑ Ames tendrá un gobierno tripartito
- ↑ "José Miñones renuncia como alcalde en Ames para ser delegado do Goberno en Galicia | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-03-30.
- ↑ Redacción. "Losada cesa como delegado do Goberno na Galiza, cargo que pasa ocupar o alcalde de Ames". Nós Diario. Consultado o 2021-03-30.
- ↑ "José Miñones, de alcalde de Ames a ministro de Sanidad en apenas dos años". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-03-27. Consultado o 2023-03-27.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
XIV LEXISLATURA (7 de xaneiro de 2020 - 17 de agosto de 2023) II Goberno de Pedro Sánchez Pérez-Castejón (dende o 12 de xullo de 2021) |
---|
Xefe do Estado | | |
---|
Presidente de Goberno | |
---|
Vicepresidencias | |
---|
Ministerios |
- · Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José Manuel Albares Bueno
- Ministerio de Xustiza, Pilar Llop Cuenca
- Ministerio de Defensa, Margarita Robles Fernández
- Ministerio de Hacienda y Función Pública, María Jesús Montero Cuadrado
- Ministerio do Interior, Fernando Grande-Marlaska Gómez
- Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbá, Raquel Sánchez Jiménez
- Ministerio de Educación e Formación Profesional, Pilar Alegría Continente
- Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto Illera · Héctor José Gómez Hernández
- Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades
- Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños García
- Ministerio de Política Territorial, Isabel Rodríguez García
- Ministerio de Cultura e Deporte, Miquel Iceta Llorens
- Ministerio de Sanidade, Carolina Darias San Sebastián · José Miñones Conde
- Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2025, Ione Belarra Urteaga
- Ministerio de Ciencia e Innovación, Diana Morant Ripoll
- Ministerio de Igualdade, Irene Montero Gil
- Ministerio de Consumo, Alberto Garzón Espinosa
- Ministerro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá Belmonte
- Ministerio de Universidades, Manuel Castells Oliván · Joan Subirats (dende o 16 de decembro de 2021)
|
---|
Voceira do goberno | |
---|