O Ministerio de Sanidade de España é o actual departamento ministerial con competencias en política sanitaria. A súa titular é Mónica García. O Ministerio ten a súa sede central no Paseo do Prado de Madrid, fronte ao Museo do Prado.
Historia
A historia do ministerio de sanidade remóntase á primeira lexislatura, tendo tamén outros predecesores na etapa predemocrática española. Desde a súa aparición, centrouse na política sanitaria do goberno e, desde o traspaso da competencia en materia de sanidade ás Comunidades Autónomas, encárgase da regulación do marco xeral e as bases do a sanidade, dirixindo o Sistema Nacional de Saúde.
Tivo numerosas variantes, incluíndo dentro da súa estrutura ámbitos materiais diversos como a Igualdade ou os servizos sociais. Na súa estrutura actual, o Ministerio de Igualdade adquiriu autonomía propia, engadindo ao Ministerio de Sanidade as competencias en Consumo.
Funcións
Segundo o Real Decreto 355/2018, de 6 de xuño, polo que se reestruturan os departamentos ministeriais, corresponde ao Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social:[1]
- A proposta e execución da política do Goberno en materia de saúde, de planificación e asistencia sanitaria e de consumo
- O exercicio das competencias da Administración Xeral do Estado para asegurar aos cidadáns o dereito á protección da saúde.
- A proposta e execución da política do Goberno en materia de cohesión e inclusión social, de familia, de protección do menor e de atención ás persoas dependentes ou con discapacidade.
Estrutura
Este Ministerio dispón, como órgano superior:
- A Secretaría de Estado de Servizos Sociais
Lista de Ministros de Sanidade
- Lexislatura Constituínte (1977 - 1979)
- I Lexislatura (1979 - 1982)
- II Lexislatura (1982 - 1986)
- III Lexislatura (1986 - 1989)
- IV Lexislatura (1989 - 1993)
- V Lexislatura (1993 - 1996)
- VI Lexislatura (1996 - 2000)
- VII Lexislatura (2000 - 2004)
- VIII Lexislatura (2004 - 2008)
- IX Lexislatura (2008 - 2011)
- X e XI Lexislatura (2011 - 2016)
- XII Lexislatura (2011 - 2016)
- XIII-XIV Lexislatura (2020 - 2023)
- XV Lexislatura (2023 - )
Referencias
Ligazóns externas