- Non confundir con Dolors Montserrat i Culleré (1947), a nai.
Dolors Montserrat i Montserrat, nada en Sant Sadurní d'Anoia o 18 de setembro de 1973, é unha avogada e política catalá que foi ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade de España de 2016 a 2018
Traxectoria
Licenciouse en dereito pola Universidade Abat Oliba CEU de Barcelona e traballou como avogada de 1997 e 2011, especializada en dereito civil, propiedade e familia. Iniciou a súa actividade política na súa localidade natal, onde foi concelleira e voceira do grupo municipal popular entre 2003 e 2015. Membro do Comité Executivo do Partido Popular de Cataluña e mais de España, en 2012 accedeu á vicesecretaría de organización e acción social do PPC.[1] Elixida deputada do Congreso dos Deputados nas eleccións de 2008, 2011, 2015 e 2016.[2] Entre 2011 e 2016, durante a X Lexislatura, foi vicepresidenta terceira do Congreso.[3]
Ao investirse en 2016 Mariano Rajoy como Presidente do Goberno por un segundo mandato, este elixiuna ministra de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, asumindo o posto o 4 de novembro de 2016.[4]
O Congreso reprobou a súa xestión á fronte do ministerio o 29 de maio de 2018.[5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos