María Jesús Montero Cuadrado, nada o 4 de febreiro de 1966 en Sevilla,[1] é unha política española, membro do PSOE foi nomeada ministra de Facenda do Goberno de España en xuño de 2018.
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Sevilla, e técnico de Función Administrativa de hospitais. Ocupou varios postos de responsabilidade ao longo da súa traxectoria profesional, fundamentalmente ligados á especialización da xestión sanitaria.
Entre setembro de 2002 e abril de 2004 ostentou o cargo de viceconselleira de Saúde da Xunta de Andalucía, tras o que foi nomeada titular da Consellería de Saúde, responsabilidade que desempeñou ata maio de 2012, data desde a que asume a carteira de Saúde e Benestar Social. Desde o 9 de setembro de 2013 ata o 6 de xuño de 2018 foi conselleira de Facenda e Administración Pública da Xunta de Andalucía. Entre 2008 e 2018 foi tamén deputada no Parlamento de Andalucía.
O 7 de xuño de 2018 tomou posesión como ministra de Facenda do goberno de Pedro Sánchez,[2] despois de prosperar a moción de censura contra Mariano Rajoy.