Jarred Jakobi Vanderbilt, nado o 3 de abril de 1999 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Con 2,06 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria profesional
O 21 de xuño de 2018, Vanderbilt foi seleccionado polos Orlando Magic na 41ª posición do Draft da NBA de 2018, e foi traspasado ós Denver Nuggets.[1][2] O 11 de xullo de 2018, Vanderbilt asinou cos Nuggets.[3] Debutou na NBA o 25 de xaneiro de 2019 na vitoria de Denver por 132-95 contra os Phoenix Suns, xogando catro minutos e facendo un punto, tres rebotes e unha asistencia.[4]
O 5 de febreiro de 2020, Vanderbilt foi traspasado ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre catro equipos.[5]
O 6 de xullo de 2022, Vanderbilt foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Malik Beasley, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[6]
O 9 de febreiro de 2023, os Lakers traspasaron a Vanderbilt nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Minnesota Timberwolves.[7] Debutou cos Lakers dous días máis tarde, facendo 12 puntos, 8 rebotes e 4 asistencias na vitoria dos Lakers por 109–103 contra os Golden State Warriors.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|