Patrick Beverley, nado o 12 de xullo de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 25 de xuño de 2009, Beverley foi seleccionado na 42ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Los Angeles Lakers. O día seguinte, os seus dereitos do Draft foron traspasados ós Miami Heat a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2011.[1]
O 7 de xaneiro de 2013, Beverley asinou un contrato de varios anos cos Houston Rockets, e foi inmediatamente asignado ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[2] Fixo o seu debut na NBA o 15 de xaneiro de 2013, na derrota dos Rockets por 117-109 contra os Los Angeles Clippers.[3]
O 28 de xuño de 2017, Beverley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Sam Dekker, Montrezl Harrell, Darrun Hilliard, DeAndre Liggins, Lou Williams, Kyle Wiltjer e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, a cambio de Chris Paul.[4] O 12 de xullo de 2019, Beverley acordou cos Clippers un novo contrato por tres anos.[5]
O 16 de agosto de 2021, Beverley foi traspasado xunto a Daniel Oturu e Rajon Rondo ós Memphis Grizzlies a cambio de Eric Bledsoe.[6] Nove días máis tarde, os Grizzlies traspasaron a Beverley ós Minnesota Timberwolves a cambio de Jarrett Culver e Juancho Hernangómez.[7]
O 6 de xullo de 2022, Beverley foi traspasado ós Utah Jazz xunto a Malik Beasley, Jarred Vanderbilt, Leandro Bolmaro, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[8] O 25 de agosto de 2022, foi traspasado de novo sen chegar a debutar cos Jazz, desta vez ós Los Angeles Lakers, a cambio de Stanley Johnson e Talen Horton-Tucker.[9] O 18 de outubro de 2022, Beverley debutou cos Lakers, facendo tres puntos na derrota por 123–109 contra os Golden State Warriors.[10]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|