Derrick Paul Brown, nado o 8 de setembro de 1987 en Oakland (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no KK Crvena zvezda da VTB United League. Brown xogou tres anos na Universidade de Xavier, onde se graduou en 2009.
Traxectoria profesional
Derrick Brown foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Charlotte Bobcats.
O 13 de xullo de 2009, asinou un contrato por dous anos cos Charlotte Bobcats.[1] O 24 de febreiro de 2011, os Bobcats prescindiron de Brown tras un traspaso que enviou a Nazr Mohammed aos Oklahoma City Thunder. Os New York Knicks anunciaron o 1 de marzo de 2011 a chegada de Brown.[2]
O 9 de decembro de 2011 asinou de novo polos Charlotte Bobcats.[3] O 27 de setembro de 2012, asinou cos San Antonio Spurs.[4] Porén, non conseguiu entrar no equipo final.[5]
O 31 de outubro de 2012, Brown fichou polo Lokomotiv Kuban ruso.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|