Taj Jami Gibson, nado o 24 de xuño de 1985 en Brooklyn (Nova York), é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
Chicago Bulls
Tempada 2009-10
Gibson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009,[1] e foi seleccionado na 26ª posición polos Chicago Bulls. El, xunto á outra elección do draft James Johnson, asinaron cos Bulls en xullo de 2009.[2] Gibson foi titular na posición de ala-pivote na maioría da súa tempada coma rookie cos Bulls, e impresionou a moita xente pola súa enerxía e boa defensa. Gibson xogou o Rookie Challenge do All Star Weekend de 2010, onde gañarou o equipo Rookie por primeira vez dende 2002. Os Bulls chegaron a playoffs coa 8º posición na Conferencia Leste. Gibson acadou 7.6 puntos e 7.0 rebotes mentres os Bulls caían na primeira rolda contra os Cleveland Cavaliers.[3] Ao remate da súa primeira tempada, Taj foi seleccionado no primeiro equipo de rookies da NBA.
Tempada 2010-11
En verán, os Bulls ficharon ao ala-pivote Carlos Boozer, de quen se agardaba que fora titular ao comezo da tempada. Antes da pretempada, Boozer rompeuse a súa man, e Gibson foi titular nos primeiros 15 partidos da tempada. Tras o regreso de Boozer, Gibson foise ao banco e cambiou o seu rol no equipo a maior parte da tempada. Ao remate da tempada, os Bulls quedaron primeiros na Conferencia Leste.
O 10 de maio de 2011, Gibson axudou ao seu equipo a liderar por 3-2 as semifinais da Conferencia Leste contra os Atlanta Hawks, facendo os seus 11 puntos no derradeiro cuarto.[4]
Oklahoma City Thunder
O 23 de febreiro de 2017, Gibson foi traspasado xunto a Doug McDermott e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós Oklahoma City Thunder, a cambio de Joffrey Lauvergne, Anthony Morrow e Cameron Payne.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|