Jeffrey Demarco Teague, nado o 10 de xuño de 1988 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional. Foi seleccionado por primeira vez para o NBA All-Star na temporada 2014−15.
Traxectoria profesional
O 8 de abril de 2009, Teague anunciou a súa intención de declararse elixible para o Draft da NBA de 2009. Foi elixido na 19ª posición polos Atlanta Hawks. O 20 de xullo de 2009, asinou o seu contrato de rookie cos Hawks.[1]
O 7 de xullo de 2016, Teague foi traspasado ós Indiana Pacers nun traspaso entre tres equipos.[2]
O 10 de xullo de 2017, Teague asinou un contrato por tres anos e 57 millóns de dólares cos Minnesota Timberwolves.[3]
O 16 de xaneiro de 2020, Teague foi traspasado xunto a Treveon Graham ós Atlanta Hawks, a cambio de Allen Crabbe.[4]
O 30 de novembro de 2020, Teague asinou cos Boston Celtics.[5] O 25 de marzo de 2021, Teague foi traspasado ós Orlando Magic xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Evan Fournier, pero foi cortado inmediatamente.[6]
O 1 de abril de 2021, Teague asinou cos Milwaukee Bucks.[7] O 20 de xullo de 2021, os Bucks derrotaron ós Phoenix Suns nas Finais da NBA de 2021, dándolle a Teague o seu primeira campionato da NBA.[8]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|