Os Jazz foron un dos equipos con menos éxito da liga nos seus primeiros anos, non conseguindo clasificarse nos playoffs até dez anos despois da súa fundación (1984). Con todo, dende ese ano non faltaron á cita até a tempada 2004. A partir de finais dos anos oitenta, John Stockton e Karl Malone convertéronse nos xogadores franquía do equipo, formando un dos mellores dúos da historia da NBA. Dirixidos polo adestrador Jerry Sloan foron un dos equipos máis importantes dos anos noventa, chegando ás finais de 1997 e 1998 onde perderon fronte os Chicago Bulls de Michael Jordan.
Trala marcha de Stockton e Malone en 2003, os Jazz non se clasificaron na fase final durante tres anos, até a chegada do base Deron Williams que liderou ao equipo até a tempada 2010-11. Despois desa campaña retirouse o adestrador Jerry Sloan e os Jazz comezaron unha profunda reestruturación, incluída a marcha do equipo de Williams. En ano 2012, os Jazz son o único equipo das catro grandes ligas deportivas norteamericanas (MLB, NFL, NBA e NHL) con sede no estado da colmea.
En 1974, a franquía naceu co nome de New Orleans Jazz. A pesas de contar co espectacular Pete Maravich, os Jazz comezaron sendo un equipo perdedor, e tras cinco tempadas en Nova Orleáns, mudouse a Salt Lake City, Utah, en 1979. Tras este movemento, a asistencia de público diminuíu considerablemente.
1979: Traslado a Utah
Tras o movemento dos Jazz a Utah, decidiuse continuar co nome de Jazz, a pesar de que a cultura jazz tiña as súas raíces en Nova Orleáns, e nada tiña que ver con Utah. Houbo pouco apoio local, pero a diferenza doutras franquías, non existiu ningunha campaña publicitaria para atraer afeccionados. Antes da tempada 1979-80, os Jazz conseguiron ao anotador Adrian Dantley de Los Angeles Lakers, quen posteriormente sería o máximo anotador da liga nas tempadas 1980-1981 e 1983-1984. Durante a tempada, Maravich foi cortado e máis tarde no Draft de 1980 o equipo seleccionaría na segunda posición a Darrell Griffith da Universidade de Louisville.
Durante a tempada 1980-81, Frank Layden converteuse no adestrador dos Jazz, e no ano 1982, a franquía seleccionou na cuarta posición do draft ao impoñente Mark Eaton. A pesar dos reforzos, o equipo continuou sen mellorar ata a tempada 1982-83, superando a lesión de Dantley que lle obrigou a perderse 60 partidos da tempada regular, aínda que seguiu sen chegar a playoffs. No Draft de 1983, os Jazz escolleron a Thurl Bailey da Universidade de North Carolina State.
Na tempada 1983-84, os Jazz conseguiron un récord de 45-37 e por primeira vez na súa historia lograron a clasificación a playoffs, gañando ademais o título da División Medio Oeste. Esta foi a primeira tempada das 20 consecutivas en postempada. En playoffs, avanzaron ata a segunda rolda, onde caeron eliminados en mans dos Phoenix Suns. Frank Layden foi nomeado Adestrador do ano e Dantley foi o máximo anotador da liga con 30,6 puntos por partido.
Durante as seguintes campañas, os Jazz comezaron a gañarse o respecto dentro da liga. Eaton gañou en dúas ocasións o premio ao mellor defensor, mentres que Stockton e Malone convertéronse en estrelas da NBA e asiduos no NBA All-Star Game. A pesar do éxito na tempada regular, o equipo non foi capaz de superar a segunda rolda de playoffs na década dos 80. Durante a tempada 1988-89, Layden cedeu o posto de adestrador ao seu asistente Jerry Sloan para converterse en presidente da franquía. Con Sloan o equipo chegou por primeira vez ata as 50 vitorias, ademais de gañar o título da División Medio Oeste. Con todo, en postempada caeron na primeira rolda ante Golden State Warriors.
Os 90
A principios da década dos 90, os Jazz continuaron clasificándose para playoffs, aínda que caendo en primeira rolda en 1990 cos Phoenix Suns e en segunda rolda en 1991 cos Portland Trail Blazers. Na tempada 1990-91, os Jazz contrataron a Jeff Malone, e tras a seguinte campaña rescindiron o contrato do veterano Darrell Griffith. En 1991, a franquía deixou o vello Salt Palace para mudarse ao novo Delta Center. Un ano despois, o equipo alcanzou por primeira vez as Finais de Conferencia, perdendo ante os Blazers en seis partidos. Nos playoffs de 1993, os Jazz volveron á senda do fracaso, sendo apeados polos Seattle SuperSonics ás primeiras de cambio.
Durante a tempada 1993-94, Jeff Malone foi traspasado a Philadelphia 76ers polo escolta tirador Jeff Hornacek, proporcionando ao equipo unha alta porcentaxe en triplas e tiros libres. Os Jazz alcanzaron os playoffs cun récord de 53-29, eliminando na postempada aos San Antonio Spurs do máximo anotador da liga David Robinson, a Denver Nuggets en sete partidos e caendo finalmente novamente nas Finais de Conferencia ante os Houston Rockets por 4-1.
A seguinte campaña, os Jazz contaban cun equipo moi profundo e as posibilidades do campionato eran cada vez máis serias. Terminaron a tempada regular cun balance de 60-22, o mellor da súa historia ata o momento. A pesar diso, os Rockets volveron a eliminalos na primeira rolda en cinco partidos. O pivote Greg Ostertag asinou polos Jazz para a tempada 1995-96, e o equipo alcanzou as Finais de Conferencia por terceira vez na súa historia soamente freado polos Sonics de Gary Payton e Shawn Kemp en sete partidos.
Nas seguintes dúas tempadas, os Jazz saborearon o anel. Na 1996-97, cun récord de 64-18, o mellor da súa historia, chegaron por primeira vez ás Finais da NBA, perdendo en seis partidos ante uns Chicago Bulls liderados por Michael Jordan tras eliminar previamente a Los Angeles Clippers, Los Angeles Lakers e Houston Rockets. No sexto partido das Finais de Conferencia ante os Rockets, Stockton anotou unha histórica tripla que levou aos Jazz ás Finais. Karl Malone foi nomeado MVP da tempada da NBA por primeira vez.
1997-98: Os anos das Finais
A tempada 1997-98 comezou con problemas, xa que Stockton se lesionou seriamente o xeonllo e perdeuse os primeiros 18 partidos da campaña. A pesar diso, os Jazz chegaron ata as 60 vitorias, conseguindo un balance de 62-20. En playoffs, superaron aos Rockets, Spurs e Lakers antes de chegar as súas segundas Finais consecutivas. Ante os Lakers, os californianos partían coma favoritos, contando nas súas ringleiras con dúas estrelas da liga como eran Shaquille O'Neal e Kobe Bryant, a parte de contar cun equipo xove a diferenza de Utah, do que se pensaba que a idade se notaría considerablemente. Non foi así, de feito, os Jazz barreron aos Lakers (4-0) cun primeiro encontro memorable, 112-77, converténdose na maior derrota dos Lakers en postempada. Nas Finais da NBA, atopáronse de novo ante os Bulls de Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman e Phil Jackson no banco, entre outros. Os de Chicago comezaron dominando as series 3-1, aínda que os Jazz conseguiron acercarse gañando o quinto encontro por un axustado 83-81 no United Center e devolver a serie a Salt Lake City. A pesar de que Utah se mantivo por diante do marcador na maior parte do partido, nos segundos finais apareceu Jordan para anotar 4 puntos e darlle aos Bulls o seu sexto anel, terceiro consecutivo. O último tiro de Jordan sobre Bryon Russell converteuse nunha das xogadas máis famosas da historia da liga.[1]
Na campaña 1999-00, os Jazz gañaron a División Medio Oeste, pero unha vez máis fracasaron na postempada caendo na segunda rolda ante Portland Trail Blazers. Durante a pretempada, Hornacek retirouse e Howard Eisley foi traspasado nun intercambio que involucrou a catro equipos e enviou aos Jazz a Donyell Marshall. A franquía seleccionou na primeira rolda do Draft de 2000 á promesa DeShawn Stevenson, procedente directamente dende o instituto. Na tempada 2000-01, lograron un balance de 53-29, pero o seu infortunio en playoffs amosouse unha vez máis tras desaproveitar unha vantaxe de 2-0 ante Dallas Mavericks na primeira rolda e caer eliminados.
A seguinte tempada foi difícil para os Jazz, comezando a perder fol respecto aos anos anteriores, a pesar do reforzo do rookie rusoAndréi Kirilenko (anteriormente seleccionado no Draft de 1999). Tras lograr un decente 44-38, foron apeados na primeira rolda ante os Sacramento Kings. A campaña 2002-03 foi a última en activo do base Stockton, que se retirou tras perder por segundo ano consecutivo en primeira rolda ante os Kings. Matt Harpring chegou ao equipo procedente de Philadelphia 76ers, conseguindo a súa mellor tempada en canto a estatísticas, e os Jazz conseguiron un balance de 47-35. Ao final da tempada, Malone deixou o equipo e asinou polos Lakers en busca dun anel antes da súa retirada, algo que non conseguiu tras perder nas Finais da NBA ante os Detroit Pistons.
2003-06: Reconstrución
Na tempada 2003-04, os Jazz perderon credibilidade na liga e convertéronse nun equipo modesto, finalizando a súa excelente racha de 20 tempadas consecutivas aparecendo en playoffs. A nota positiva chegou co nomeamento de Kirilenko para disputar o NBA All-Star Game. O peso do equipo levábao o ruso, xunto co base Carlos Arroyo, Harpring e o defensivo Raja Bell. Jerry Sloan finalizou segundo na votación ao Mellor Adestrador do Ano da NBA, finalmente gañado por Hubie Brown de Memphis Grizzlies.
Durante o verán, Utah reforzouse coas fichaxes dos axentes libres Carlos Boozer de Cleveland Cavaliers e o turcoMehmet Okur de Detroit Pistons, ao final moi importantes no devir do equipo. Unha serie de lesións (coma as de Raül López, Arroyo, Kirilenko e Boozer) apartaron aos Jazz de playoffs tras un grande inicio de tempada. Tras os rumores de descontento entre varios xoves xogadores e Sloan, chegou o traspaso de Arroyo aos Pistons a cambio de Elden Campbell, quen inmediatamente foi cortado. Os Jazz remataron a campaña cun triste rexistro de 26-56, o peor dende a tempada 1981-82.
No Draft de 2005, os Jazz seleccionaron na terceira posición ao base Deron Williams da Universidade de Illinois. Ademais, Bell deixou o equipo e asinou polos Phoenix Suns. Antes de comezar a tempada regular, Boozer lesionouse, e tívose que perder os primeiros 49 partidos. As lesións castigaron de novo aos de Utah, con xogadores coma Kirilenko ou Giricek acompañando a Kirilenko durante a tempada. Os Jazz remataron cun récord de 41-41, a 4 partidos de entrar nos playoffs. Ao final da tempada regular, o veterano pivote Ostertag retirouse do baloncesto, tras disputar 10 das súas 11 tempadas na liga nos Jazz.
Os Jazz comezaron a tempada 2006-07 sorprendentemente ben, conseguindo un inicio de 12-1, a pesar da lesión de Kirilenko, que lle fixo perder 5 partidos. Williams amosou unha gran mellora, finalizando segundo na liga en asistencias por detrás de Steve Nash con 9,3 por partido, mellor media dun xogador dos Jazz na historia exceptuando a Stockton. Carlos Boozer foi seleccionado para disputar o NBA All-Star Game coma reserva, pero non puido xogar debido a unha lesión; Mehmet Okur foi nomeado un dos substitutos dos catro xogadores que non puideron asistir ao partido por lesión.
Os Jazz posuían un equipo moi profundo; nos 10 partidos que Boozer e Okur se perderon (os dous máximos anotadores de Utah), o equipo conseguiu un balance de 8-1. Millsap foi un dos mellores rookies do ano e unha grata sorpresa, finalizando no segundo quinteto de rookies da liga. Utah rematou a tempada regular co sexto mellor rexistro da NBA (detrás de Dallas Mavericks, Phoenix Suns, San Antonio Spurs, Detroit Pistons e Houston Rockets); 51-31, ademais de gañar o título de División Noroeste. Foi o seu mellor balance en seis tempadas.
O seu rival na primeira rolda de playoffs foi Houston Rockets liderados por Tracy McGrady e Yao Ming. A pesar de rematar a tempada por enriba dos Jazz, conseguir a vantaxe de campo e comezar liderando a serie por 2-0, os Jazz foron capaces de forzar o sétimo partido e acceder ás Semifinais de Conferencia. No decisivo encontro en Houston, os de Utah venceron 103-99.
Os Jazz atopáronse cos Golden State Warriors na seguinte rolda. Os Warriors, que se clasificaron a playoffs no último día da tempada regular, eliminaron na primeira rolda ao mellor equipo da liga, os Dallas Mavericks, en seis partidos. Utah derrotoulles en cinco encontros, e avanzou cara ás Finais de Conferencia por primeira vez dende 1998.
Nela, San Antonio Spurs esperáballes tras eliminar os Phoenix Suns. Uns Spurs cun gran Tim Duncan foron demasiado para os Jazz, que aínda así lograron unha excelente tempada e participación en playoffs. Os texanos gañaron a serie en cinco partidos e posteriormente o campionato.
Gañaron Primeira Rolda (Clippers) 3–0 Gañaron Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1 Gañaron Finais de Conferencia (Rockets) 4–2 Perderon Finais da NBA (Bulls) 2–4
Gañaron Primeira Rolda (Rockets) 3–2 Gañaron Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–1 Gañaron Finais de Conferencia (Lakers) 4–0 Perderon Finais da NBA (Bulls) 2–4
Ademais dos xogadores, foron incluídos no Hall of Fame outros grandes contribuidores a historia dos Jazz. Jerry Sloan foi incluído como adestrador e Rod Hundley, comentarista durante os partidos dos de Utah, como contribuidor.
Interior (tondo) pada sebuah Kylix berfigur merah, menggambarkan Herakles dan Athena, buatan perajin Phoinix dan seniman Douris, (480-470 SM) Antikensammlungen Munich. Seni Yunani dimulai pada peradaban prasejarah Kiklad dan Minoa. Seni Yunani Kuno merupakan cikal bakal Seni klasik Barat pada periode kuno, dan lebih mengembangkannya lagi pada periode Hellenis. Seni Yunani dipengaruhi oleh peradaban Timur dan agama Kristen Ortodoks pada era Bizantium dan menyerap gagasan-gagasan Italia dan Ero...
ЛуперсузLoupershouse Країна Франція Регіон Гранд-Ест Департамент Мозель Округ Сарргемін Кантон Сарргемін-Кампань Код INSEE 57419 Поштові індекси 57510 Координати 49°04′54″ пн. ш. 6°54′51″ сх. д.H G O Висота 225 - 291 м.н.р.м. Площа 7,73 км² Населення 902 (01-2020[1]) Густота 124...
Der Luftkrieg im Zweiten Weltkrieg umfasst den Zeitraum vom 1. September 1939 (Überfall auf Polen) bis zum 2. September 1945 (Kapitulation Japans). Ziele waren Luftüberlegenheit zu erringen und diese zu nutzen, Militäreinrichtungen, Infrastruktur und Produktionsanlagen des Gegners zu zerstören, Seestreitkräfte des Gegners – Schiffe und U-Boote – zu versenken, Nachschub transportierende Handelsschiffe zu versenken, die Bevölkerung zu demotivieren/demoralisieren. Im Verlauf des Zweite...
CNBC AfricaDiluncurkan1 Juni 2007PemilikAfrica Business News dan NBC UniversalSloganFirst In Business WorldwideKantor pusat Johannesburg, Afrika SelatanSitus webhttp://www.cnbcafrica.com/ Consumer News and Business Channel Africa (disingkat CNBC Africa) adalah layanan televisi untuk Sub-Sahara Afrika yang diluncurkan oleh CNBC. Dikontrol oleh Africa Business News Limited, saluran ini didirikan pada tanggal 1 Juni 2007.[1] Pada awalnya, CNBC Africa memiliki biro di Nairobi (Kenya), Abu...
F.S.C.J. de Croix de Clerfayt op jonge leeftijd Generaal Clerfayt Grafmonument op de begraafplaats van Hernals. François Sébastien Charles Joseph de Croix, graaf van Clerfayt (Duits: Franz Sebastian Karl Joseph de Croix Graf von Clerfayt) (Waudrez, 14 oktober 1733 – Wenen, 21 juli 1798) was een Oostenrijks veldmaarschalk, afkomstig uit de Zuidelijke Nederlanden. Hij vocht tegen Pruisen tijdens de Zevenjarige Oorlog, tegen de Turken tijdens de Oostenrijks-Turkse Oorlog en tegen de Fransen ...
بحيرة البردويلالموقع الجغرافي / الإداريالإحداثيات 31°11′26″N 33°09′44″E / 31.1906°N 33.1622°E / 31.1906; 33.1622 التقسيم الإداري محافظة شمال سيناء دول الحوض مصر هيئة المياهالنوع بحيرة شاطئة القياساتالمساحة 700 كيلومتر مربع الطول 90 كيلومتر عمق 3 م تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بي...
Vụ án Thái Thiên PhượngCổng làng Long Vĩ, nơi vụ án xảy raTọa độ hiện trường vụ ánĐịa điểmLong Vĩ, Đại Bộ, Hồng KôngTọa độ22°28′21,85″B 114°13′46,614″Đ / 22,46667°B 114,21667°Đ / 22.46667; 114.21667Thời điểm21 tháng 2 năm 2023; 9 tháng trước (2023-02-21) (mất tích)24 tháng 2 năm 2023; 9 tháng trước (2023-02-24)(tìm thấy thi thể)Lo...
Dieser Artikel behandelt die historische KPD (1919–1956). Zu anderen Parteien mit diesem Namensbestandteil siehe Kommunistische Partei Deutschlands (Begriffsklärung). KPD ist eine Weiterleitung auf diesen Artikel. Weitere Bedeutungen sind unter KPD (Begriffsklärung) aufgeführt. Kommunistische Partei Deutschlands Flagge der KPD Entstehung SPD 12. Oktober 1890Spartakusbund 4. August 1914USPD 6. April 1917 Gründung 30. Dezember 1918 bis 1. Januar 1919 Gründungsort Berlin Auflösung ...
Charkowski Uniwersytet Narodowy im. Wasyla KarazinaХарківський національний університет імені В. Н. КаразінаV. N. Karazin Kharkiv National University Dewiza Cognoscere docere erudire Data założenia 1804 Patron Wasilij Karazin Państwo Ukraina Adres Charków Położenie na mapie UkrainyCharkowski Uniwersytet Narodowy im. Wasyla Karazina 50°00′16″N 36°13′42″E/50,004444 36,228333 Multimedia w Wikimedia Commons Strona in...
Republik Demokratik Timor-Leste Pemakaian Bendera dan bendera kapal nasional Perbandingan 1:2 Dipakai 28 November 1975 (de facto) 19 Mei 2002 (de jure) Rancangan Bidang merah dengan segitiga sama kaki hitam yang didasarkan pada sisi kerekan yang memuat bintang putih berujung lima di tengah yang ditumpangkan pada segitiga kuning yang lebih besar, juga didasarkan pada sisi kerekan, yang memanjang ke tengah bendera. Bendera Timor Leste (bahasa Portugis: Bandeira de Timor-Leste) adalah bendera na...
Zelfportret, 1909 Les Angles, 1912 Lodewijk Schelfhout (Den Haag, 23 augustus 1881 – Amstelveen, 5 november 1943) was een Nederlands kunstschilder en grafisch kunstenaar. Daarnaast heeft hij gewerkt als keramist, edelsmid, glasschilder en meubelontwerper.[1] Leven Lodewijk, ook Louis, Schelfhout werd geboren als vierde zoon van Henri Schelfhout (1838-1910) en Ange Mara Picnot.[2] Zijn grootvader Andreas Schelfhout (1787-1870) was een bekend landschapsschilder. Lodewijks moed...
Eliza Maria Jones (nee Harvey)Born(1838-12-24)December 24, 1838Maitland, Upper CanadaDiedApril 6, 1903(1903-04-06) (aged 64)Gananoque, OntarioOccupationDairy FarmerSpouseChilion Jones Eliza Maria [Harvey] Jones (December 24, 1838 – April 6, 1903) was a Canadian farmer, butter producer and writer at one time described as the best known dairywoman on the continent.[1] Biography The daughter of miller Robert Harvey and Sarah Glassford. She was born in Maitland, Upper Canada an...
Public secondary school in Louisville, Kentucky, United StatesLouisville Male High SchoolMale High School in 2007Address4409 Preston HighwayLouisville, KentuckyUnited StatesCoordinates38°11′06″N 85°43′16″W / 38.185°N 85.721°W / 38.185; -85.721InformationTypePublic secondaryEstablished1856School districtJefferson County Public SchoolsPrincipalKeith CatheyTeaching staff98.10 (on an FTE basis)[1]Grades9–12Enrollment1,980 (2021–22)[1]Student...
British television producer (1947–2002) For other people named John Turner, see John Turner (disambiguation). John Nathan-TurnerNathan-Turner at Whovent in September 1986BornJohn Turner(1947-08-12)12 August 1947Birmingham, West Midlands, EnglandDied1 May 2002(2002-05-01) (aged 54)Brighton, East Sussex, EnglandOccupationTelevision producerPartnerGary Downie (1972–2002; his death) John Turner (12 August 1947 – 1 May 2002), known professionally as John Nathan-Turner, was an English te...
Russian airborne radar Not to be confused with Zaslon Active Protection System. Zaslon - MMiG-31 showing Zaslon antennaCountry of originRussiaTypePESARange400 km for 20 m2 RCS[1][2](282 km for 5 m2[3])Diameter1.4 meters The Russian (former USSR) BRLS-8B Zaslon (Barrier) is an all-weather multimode airborne radar developed between 1975 and 1980 by the Tikhomirov Scientific Research Institute of Instrument Design as part of the weapons control system of the MiG-31 s...
Este artigo não cita fontes confiáveis. Ajude a inserir referências. Conteúdo não verificável pode ser removido.—Encontre fontes: ABW • CAPES • Google (N • L • A) (Janeiro de 2020) Regiões com influência da cultura latina Mapa da Europa latina: em azul, está territórios em que uma língua neolatina é o idioma nacional, e, em verde, territórios onde uma língua neolatina é uma das línguas oficiais Povos latinos ou ...
Cerro Ñemby Localización geográficaContinente AméricaCordillera YbytypanemáCoordenadas 25°24′15″S 57°32′05″O / -25.40411944, -57.53480278Localización administrativaPaís ParaguayLocalización ÑembyCaracterísticas generalesAltitud 156 m. s. n. m.[editar datos en Wikidata] El cerro Ñemby, ubicado a 17 kilómetros al sur de Asunción, en el barrio Caaguazú de Ñemby, se encuentra a una distancia de aproximadamente 1450 metros del centro de la ciudad....