Os New Orleans Pelicans (en galego, Pelicanos de Nova Orleáns) son un equipo profesional de baloncesto de Nova Orleáns (Louisiana), que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da NBA. Tiveron que mudarse a Oklahoma City, Oklahoma nas tempadas 2005-2006 e 2006-2007 por mor do desastre provocado polo Furacán Katrina.
Historia
Nova Orleáns
En maio de 2002, tivo lugar a mudanza a Nova Orleáns, que foi producida por varios desencontros no equipo directivo da franquía e co concello da cidade. George Shinn escapou por pouco dunha condena por violación; foi acusado de transpasar futuras superestrelas como Kobe Bryant ou Alonzo Mourning por mor da incapacidade para axustarse ós prezos de mercado; e por último deulle un ultimato á cidade, pedindo que construíran unha nova cancha sen custo para o equipo ou deixaría a cidade. A cidade non aceptou, e a franquía transladouse a Nova Orleáns (aínda que despois de rexeita-la oferta dos Hornets, Charlotte construíu un novo pavillón e abriu en 2005, o Charlotte Bobcats Arena). Rapidamente chegouse a un acordo para xogar no New Orleans Arena, xusto ó lado do Louisiana Superdome.
30 de outubro de 2002: Os New Orleans Hornets abren a tempada inaugural na súa nova cidade contra os Utah Jazz, que, casualmente, chamáronse orixinalmente New Orleans Jazz. O dorsal de "Pistol" Pete Maravich foi retirado durante o descanso. Esta foi a primeira tempada regular da NBA xogada en Nova Orleáns en 23 anos, aínda que houbo varios encontros amigabels xogados na cidade, incluíndo ós propios Charlotte Hornets no New Orleans Arena no 2000. Calificáronse por cuarto ano consecutivo para os playoffs no 2002-2003, pero perderon de novo contra Philadelphia. Jamal Mashburn tamén volveu a perderse a meirande parte destes playoffs.
Despois desta tempada, o equipo decidiu cambia-lo seu rumbo, e permitiu que o contrato do adestrador xefe Paul Silas expirase. Foi substituído por Tim Floyd, logrando con el comezar cun balance de 17-7, pero ó longo da tempada empeorou, rematando cun récord de 41-41, o que fixo que os Hornets non lograran a vantaxe de cancha nos playoffs por moi pouco. Xogaron en primeira rolda dos playoffs da Conferencia Leste contra os Miami Heat, pero un tiro anotado por Dwyane Wade no derradeiro segundo do primeiro partido da serie afundiu ós Hornets. Ámbolos dous equipos gañaron tódolos seus partidos nas súas respectivas canchas, pero o tiro de Wade foi o que fixo que os Heat gañaran 4-3 a serie.
Despois da malleira dos playoffs, Floyd foi despedido e foi contratado Byron Scott como novo adestrador xefe. Nunha nova división e cambiando de conferencia, á División Suroeste da Conferencia Oeste, que incluía catro equipos habituais nos playoffs (San Antonio Spurs, Dallas Mavericks, Memphis Grizzlies e Houston Rockets), non se esperaba que lograran de novo calificarse para a postempada. Toda a tempada estivo marcada polas lesións dos tres All-Stars do equipo Baron Davis, Jamal Mashburn e Jamaal Magloire, un comezo de 0-8 pronto converteuse nun récord de 2-28, empezando así as especulacións sobre como de malo podería se-lo balance a final de tempada, ameazando o récord absoluto da NBA en posesión dos Philadelphia 76ers cun 9-73. En febreiro chegou a mellora das actuacións do equipo da man de Dan Dickau, un dos favoritos dos seareiros, pero a tempada xa estaba estragada por mor do horroroso inicio. Como consecuencia da decepción, o cadro de xogadores do equipo foi reformado, sendo Baron Davis e Jamal Mashburn intercambiados para facer máis doada a reestruturación. A franquía encontrou un soporte nos seus xogadores novos, en teoría peores dos que xogaran o ano anterior. Tamén adquiriron a Jimmy Jackson dos Houston Rockets, pero nunca proporcionou nada ó xogo do equipo, tal e como sorprendentemente predixeran os analistas máis importantes nas radios e televisións. Foi intercambiado por Maciej Lampe, Casey Jacobsen e Jackson Vroman dos Phoenix Suns, dos que ningún tivo un impacto significante. Os Hornets acabaron a tempada 18-64, o peor balance de toda a NBA, pero non lograron a elección número un no sorteo do draft, caendo ata a cuarta posición. Pero a pesar da mala sorte, os Hornets escolleorn ó xogador que querían, Chris Paul, xa que sorpredentemente estaba dispoñíbel despois das eleccións de Atlanta Hawks e Utah Jazz.
Oklahoma City
Por mor da devastación provocada polo Furacán Katrina no sueste de Louisiana, os Hornets tiveron que traslada-la súa base de operacións temporalmente a Oklahoma City para as tempadas 2005-2006 e 2006-07.
Os Hornets comezaron a súa primeira tempada en Oklahoma City mellor do esperado, aínda que non o suficiente como para chegar a postos de playoffs. Cando Chris Andersen foi botado fóra da liga por mor da violación das regras da NBA sobre drogas, parecía que os Hornets estaban nunha boa racha, chegando a estar brevemente na sexta posición do Oeste. Porén, perderon despois 12 de 13 encontros e acadaron un récord negativo ao anotaronen só 16 puntos na segunda metade dun partido nos Ánxeles contra os Clippers. Aínda que fixeron un último esforzo para conseguiren unha praza de playoffs, as derrotas nos derradeiros segundos dos encontros contra os Cleveland Cavaliers e os Utah Jazz afundiron tódalas esperanzas, e o equipo rematou a tempada cun récord de 38-44, no décimo lugar da Conferencia Oeste e fóra dos playoffs por seis encontros.
Malia o récord de derrotas, a tempada foi un éxito. Chris Paul gañou o premio ó Rookie do Ano, e varios xogadores máis gañaron outros títulos individuais. Os seareiros de Oklahoma City esgotaron as localidades do Ford Center 24 veces, amosando así que están preparados para acoller un equipo das catro grandes ligas profesionais.
O 28 de xuño, os Hornets elixiron a Hilton Armstrong e Cedric Simmones na primeira rolda do draft de 2006. Tamén elixiron a Marcus Vinicus, do Brasil, na segunda rolda.
Ademais, no período de vacacións fixeron grandes cambios no equipo, probabelmente coa intención de converterse nunha ameaza seria nos playoffs. Intercambiaron a JR Smith e a PJ Brown por Tyson Chandler dos Chicago Bulls, e deixaron que Speedy Claxton asinara un contrato cos Atlanta Hawks, recheando a posición de base suplente con Bobby Jackson, dos Memphis Grizzlies en vez de deixar que fora Moochie Norris o que xogara nesa posición. Tamén trouxeron a Peja Stojakovic, dos Indiana Pacers, que tamén están a reface-lo seu cadro de xogadores.
As previsións dos Hornets para a tempada 2006-2007 son moi optimistas, xa que están liderados por Chris Paul, un dos mellores capitáns da NBA como se viu a tempada anterior, e teñen a Peja Stojakovic, un tirador excelente de triplas, e a Tyson Chandler, que achegará o xogo na pintura. Tamén achegará asistencias David West, o líder anotador dos Hornets a tempada anterior, e a defensa virá con Kirk Synder. Os suplentes claves serán Rasual Butler, un especialista en triplas, Bobby Jackson, un bo anotador, Desmond Mason, cun bo xogo na pintura, e Mark Jackson e Linton Johnson, que poden facer grandes encontros. Ademais, teñen ós rookies Cedric Simmons e Hilton Armstrong, ámbolos dous candidatos a ter minutos saíndo do banco, e sendo Marcus Vinicus toda unha incerteza.
A franquía volveu a Nova Orleáns definitivamente na tempada 2007-2008.
Pavillóns
Temporadas
Campións da NBA
|
Campións de Conferencia
|
Campións de División
|
En posición de Playoffs
|
Rexistro histórico
Estatística
|
Vitorias
|
Derrotas
|
% vitorias
|
Total en Temporada Regular
|
704
|
818
|
.463
|
Total en Playoffs
|
20
|
29
|
.408
|
Total en Temporada Regular e Playoffs
|
724
|
847
|
.461
|
Xogadores
Cadro actual
New Orleans Pelicans 2023–2024
|
Xogadores |
Adestradores
|
Pos. |
# |
Nac. |
Nome |
Altura |
Peso |
Procedencia
|
1.5 !B/E
|
15
|
!
|
Alvarado, Jose
|
1.83 m (6 ft 0 in)
|
81 kg (179 lb)
|
Georgia Tech
|
1.5 !B/E
|
10
|
!
|
Crutcher, Jalen
|
1.85 m (6 ft 1 in)
|
79 kg (175 lb)
|
Dayton
|
1.5 !B/E
|
11
|
!
|
Daniels, Dyson
|
2.01 m (6 ft 7 in)
|
90 kg (199 lb)
|
Australia
|
1.5 !B/E
|
24
|
!
|
Hawkins, Jordan
|
1.96 m (6 ft 5 in)
|
86 kg (190 lb)
|
Connecticut
|
3.5 !A/AP
|
33
|
!
|
Hill, Malcolm
|
1.98 m (6 ft 6 in)
|
100 kg (220 lb)
|
Illinois
|
3.5 !A/AP
|
14
|
!
|
Ingram, Brandon
|
2.06 m (6 ft 9 in)
|
86 kg (190 lb)
|
Duke
|
3.5 !A/AP
|
5
|
!
|
Jones, Herbert
|
1.98 m (6 ft 6 in)
|
93 kg (206 lb)
|
Alabama
|
3.5 !A/AP
|
32
|
!
|
Liddell, E. J.
|
2.01 m (6 ft 7 in)
|
109 kg (240 lb)
|
Ohio State
|
3.5 !A/AP
|
8
|
!
|
Marshall, Naji
|
2.01 m (6 ft 7 in)
|
100 kg (220 lb)
|
Xavier
|
1.5 !B/E
|
3
|
!
|
McCollum, CJ
|
1.91 m (6 ft 3 in)
|
86 kg (190 lb)
|
Lehigh
|
3.5 !A/AP
|
25
|
!
|
Murphy, Trey
|
2.03 m (6 ft 8 in)
|
93 kg (206 lb)
|
Virginia
|
4.5 !AP/P
|
22
|
!
|
Nance, Larry
|
2.03 m (6 ft 8 in)
|
111 kg (245 lb)
|
Wyoming
|
4.5 !AP/P
|
50
|
!
|
Robinson-Earl, Jeremiah
|
2.03 m (6 ft 8 in)
|
109 kg (240 lb)
|
Villanova
|
3.5 !A/AP
|
37
|
!
|
Ryan, Matt
|
1.98 m (6 ft 6 in)
|
98 kg (215 lb)
|
Chattanooga
|
1.5 !B/E
|
0
|
!
|
Seabron, Dereon
|
1.96 m (6 ft 5 in)
|
82 kg (180 lb)
|
NC State
|
5.0 !P
|
17
|
!
|
Valančiūnas, Jonas
|
2.11 m (6 ft 11 in)
|
120 kg (265 lb)
|
Lituania
|
3.5 !A/AP
|
1
|
!
|
Williamson, Zion
|
1.98 m (6 ft 6 in)
|
129 kg (284 lb)
|
Duke
|
4.5 !AP/P
|
40
|
!
|
Zeller, Cody
|
2.11 m (6 ft 11 in)
|
109 kg (240 lb)
|
Indiana
|
|
- Adestrador
- Asistente(s)
- James Borrego
- Jarron Collins
- Casey Hill
- Aaron Miles
- Fred Vinson
- Lenda
- (C) Capitán
- (DP) Drafteado sen asinar
- (FA) Axente libre
- (IN) Inactivo
- (S) Suspendido
- Mancado
Cadro Actualizado: 02-03-2024
|
Líderes históricos
Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía.
Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (temporada regular) (actualizado a 30 de decembro de 2021)[1]
Outras estatísticas (temporada regular) (actualizado a 30 de decembro de 2021)[2]
Dorsais retirados
Os New Orleans Hornets retiraron o número de Maravich durante o seu primeiro partido en Nova Orleáns para honrar a súa contribución ao baloncesto do estado de Luisiana. Antes de profesional, Maravich xogou para a Louisiana State University (LSU), mentres que xa na NBA xogou para o anteriro equipo de baloncesto da cidade, os New Orleans Jazz.[3]
Dorsais retirados polos New Orleans Pelicans
|
Nº
|
Xogador
|
Posición
|
Período
|
Data de retiro do Nº
|
7 |
Pete Maravich |
B |
1974–79 |
30 de outubro de 2002
|
Galardóns individuais
Adestradores
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas