A División Central é unha das tres divisións da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Cinco equipos forman parte desta división: os Chicago Bulls, os Cleveland Cavaliers, os Detroit Pistons, os Indiana Pacers e os Milwaukee Bucks. Todos eles, agás os Cavaliers, son antigos equipos da División Medio-Oeste.