Leandro Nicolás Bolmaro, nado o 11 de setembro de 2000 en Las Varillas, é un xogador profesional de baloncesto arxentino. Cunha altura de 2,06 m xoga nas posicións de escolta e ala para o Olimpia Milano da Lega Basket Serie A italiana.
Traxectoria
Bolmaro foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2020 polos New York Knicks,[1] pero os Knicks traspasaron os seus dereitos ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre tres equipos.[2] O 18 de setembro de 2021, Bolmaro asinou un contrato de rookie cos Timberwolves.[3] Bolmaro debutou na NBA o 20 de outubro de 2021 na vitoria dos Timberwolves por 124-106 contra os Houston Rockets.
O 6 de xullo de 2022, os Timberwolves traspasaron a Bolmaro ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Jarred Vanderbilt, Malik Beasley, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[4] O 16 de febreiro de 2023, Bolmaro e os Jazz acordaron o remate do contrato do xogador.[5]
O 2 de marzo de 2023, Bolmaro asinou co Lenovo Tenerife da Liga ACB.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira rolda | |
---|
Segunda rolda | |
---|