Leroy Jevon Carter, nado o 14 de setembro de 1995 en Oak Park, Illinois, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 21 de xuño de 2018, Carter foi escollido na 32ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Memphis Grizzlies. O 12 de xullo de 2018, Carter asinou o seu contrato de rookie cos Grizzlies.[1] Durante a súa primeira tempada na NBA, Carter foi asignado en varias ocasións ós Memphis Hustle, afiliado dos Grizzlies na NBA G League.[2]
O 7 de xullo de 2019, Carter foi traspasado xunto a Kyle Korver ós Phoenix Suns, a cambio de Josh Jackson, De'Anthony Melton, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021.[3] Cos Suns, Carter chegou ás Finais da NBA de 2021, pero perderon en seis partidos contra os Milwaukee Bucks.
O 6 de agosto de 2021, Carter foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Day'Ron Sharpe ós Brooklyn Nets, a cambio de Landry Shamet.[4] O 22 de febreiro de 2022, Carter foi cortado polos Nets.[5]
O 24 de febreiro de 2022, Carter asinou cos Milwaukee Bucks.[6] O 6 de xullo de 2022, Carter asinou un novo contrato cos Bucks.[7]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|