Zhaire Jahi-ihme Smith, nado o 4 de xuño de 1999 en Garland, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto. Con 1,91 metros de estatura xoga na posición de escolta.
Traxectoria profesional
O 21 de xuño de 2018, Smith foi seleccionado polos Phoenix Suns na 16ª posición do Draft da NBA de 2018, pero pouco despois foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Mikal Bridges.[1] O 2 de xullo de 2018, Smith asinou cos Sixers.[2] Debutou na NBA o 25 de marzo de 2019 na derrota dos 76ers por 119-98 contra os Orlando Magic.[3]
O 23 de novembro de 2020, Smith foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Tony Bradley.[4] O 30 de novembro de 2020, os Pistons cortaron a Smith.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|