De'Anthony Melton, nado o 28 de maio de 1998 en North Hollywood, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional
O 21 de xuño de 2018, Melton foi escollido na 46ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Houston Rockets. O 31 de agosto de 2018, foi traspasado xunto a Ryan Anderson ós Phoenix Suns, a cambio de Brandon Knight e Marquese Chriss.[1] O 21 de setembro de 2018, Melton asinou o seu contrato de rookie cos Suns.[2]
O 7 de xullo de 2019, Melton foi traspasado xunto a Josh Jackson, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021 ós Memphis Grizzlies, a cambio de Jevon Carter e Kyle Korver.[3] O 22 de novembro de 2020, Melton asinou cos Grizzlies un novo contrato por catro anos.[4]
Durante a noite do Draft de 2022, os Grizzlies traspasaron a Melton ós Philadelphia 76ers a cambio de Danny Green e os dereitos do Draft de David Roddy.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|