Arnoldas Kulboka, nado o 21 de marzo de 1998 en Flint, Míchigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga no Promitheas Patras BC da A1 Ethniki. Con 1,98 metros de estatura xoga nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria profesional
O 21 de xuño de 2018, Kulboka foi seleccionado polos Charlotte Hornets na 55ª posición do Draft da NBA de 2018.[1] En 2018 disputou a Liga de Verán da NBA cos Hornets.[2]
O 6 de agosto de 2019, Kulboka asinou co Bilbao Basket da Liga ACB.[3] Na súa primeira tempada en Bilbao, acadou 8.5 puntos e 3.6 rebotes por encontro. O 12 de xuño de 2020, Kulboka e o Bilbao Basket renovaron o contrato do xogador dúas tempadas máis.[4]
O 3 de agosto de 2021, Kulboka asinou cos Charlotte Hornets un contrato por un ano, nun acordo no que dividiría o tempo de xogo entre os Hornets e o seu afiliado da NBA G League, os Greensboro Swarm.[5] O 11 de decembro de 2021, Kulboka debutou na NBA contra os Sacramento Kings.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|