O Gran Premio de Mónaco de 1982 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 23 de maio de 1982 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1982.
Esta foi a primeira carreira tras a morte de Gilles Villeneuve no Gran Premio de Bélxica e, en consecuencia Ferrari participou cun só piloto, Didier Pironi.
A partir da volta 67, cando comezou a chover, a carreira converteuse nunha carreira rocambolesca. Riccardo Patrese estaba apertando a Alain Prost cando na volta 74, Prost arriscou demasiado e estrelouse contra as barreiras Armco na saída da chicane du Port (tamén coñecida como a pata do can). Convértese en líder da carreira Riccardo Patrese, na volta 75, pero na pinza de Loews apágaselle momentaneamente o motor, sendo adiantado por varios pilotos, Didier Pironi toma a cabeza, pero é traizoado polo seu Ferrari no túnel. Sucedeo no liderado outro piloto italiano, Andrea De Cesaris con Alfa Romeo. Pero, queda sen combustible aos poucos metros e ponse de líder o irlandés Derek Daly, que uns poucos momentos despois choca contra as proteccións da pista. Patrese, que lograra acender o seu coche rodando costa abaixo, logrou a súa primeira vitoria. Pironi e de Cesaris clasificáronse segundo e terceiro, con Daly sexto. O comentarista da BBC e campión do mundo de 1976 James Hunt fixó o famoso comentario: "Ben, temos esta ridícula situación na que estamos todos sentados na liña de chegada á espera de que veña un gañador e non parece que vaiamos ter un!".[1]
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas