Antón Patiño Pérez

Modelo:BiografíaAntón Patiño Pérez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio e poesía
Familia
CónxuxeMenchu Lamas Editar o valor en Wikidata
FillosLois Patiño Editar o valor en Wikidata
PaiAntón Patiño Regueira Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1723655 AELG: 55 BUSC: patino-anton-1957 Dialnet: 1175760

Antón Patiño Pérez, nado en Monforte de Lemos o 1 de xaneiro de 1957, é un pintor e escritor galego, coñecido polo seu papel como membro fundador do Grupo Atlántica e a súa obra individual.[1] É vicepresidente do Círculo de Bellas Artes de Madrid e presidente de VEGAP.[2][3]

Traxectoria

Participou na creación da revista Loia (1974-1978) con Manuel Rivas e os irmáns Xosé Manuel e Lois Pereiro.[4] Colaborou xunto a Menchu Lamas no deseño dos libros do grupo poético Rompente (1978-1980), formado por Alberto Avendaño, Antón Reixa e Manolo Romón,[4] e foi membro fundador do Grupo Atlántica, chave na escena pictórica galega dos anos oitenta. Foi membro do consello de redacción da revista de arte e pensamento Microfisuras (1997-2003).[5]

Estabelecido en Madrid, participou activamente como pintor na renovación da arte española na década dos oitenta, como parte de Atlántica e a través da súa inclusión en mostras como 26 Pintores/ 13 Críticos, En el Centro, Periferias, Kunst Aus Spanien, Por la Pintura, Venti Anni Dopo, Los Años Pintados, Tránsito de ideas. Arte en España (1972-1992), Junge Spanische Kunstler, Zeitgenossische Kunst IM a 11 e Spansk Egen-Art.[Cómpre referencia]

Expuxo individualmente en España e internacionalmente, e a súa obra atópase nas coleccións do MNCARS, MACBA, CGAC, Fundación La Caixa, MEIAC ou Artium.[6]

Patiño con lenzos a gran tamaño.

Obra

Pintura

A súa obra pictórica ten un carácter sensorial e mestura elementos matéricos e simbólicos, incorporando con frecuencia oposicións e antagonismos. Nos seus inicios achegouse ao expresionismo abstracto, dando especial importancia á cor, pero nos oitenta comezou a realizar cadros de gran formato e forte carga conceptual. A presenza destas dúas dimensións na súa obra levou ao crítico Donald Kuspit a describila como "expresionismo conceptual".[7]

A finais dos oitenta realizou a serie Mareas negras (1989), sobre as catástrofes ecolóxicas, e o mar continuou presente en varios dos seus proxectos posteriores. Tamén ten traballado outros formatos como a banda deseñada (Esquizoide, 1978, como parte de Colectivo da Imaxe), o debuxo e o libro de artista.[8]

En 2020 inaugurouse a mostra antolóxica Caosmos no CGAC.[8]

Antón Patiño

Obra teórica

Patiño é autor dunha obra teórica e ensaística, centrada no mundo da imaxe e a percepción. Entre elas atópanse obras aforísticas como Xeometría líquida (1992), Mapa ingrávido (1992), que procura reflictir a incerteza e descontinuidade do presente tecnolóxico, ou Escritos de un sonámbulo (2011).[9]

É tamén autor de monografías sobre a obra de Reimundo Patiño (1999, 2005), Urbano Lugrís (2004, 2007), Lois Pereiro (2010, 2011) e Uxío Novoneyra (2010).

Tamén impartiu cursos e conferencias en universidades e centros de arte, e colaborou en revistas como Telos, Arte y Parte, Exit-book, Minerva ou Luzes e prensa xeralista.

Libros

Ensaio

Na presentación de Que hostia din os rumorosos? (Rompente) da Libraría Miranda de Bueu o 23/08/2021. Libro no que colaborou como ilustrador.

Poesía

Libros artísticos

  • Esquizoide (cómic experimental, como parte de Colectivo da Imaxe) (1978).
  • Días contra fotocopias (con Antón Reixa y Menchu Lamas) (1987).
  • San Collóns e outros vudús (serigrafías, con relato de Antón Reixa) (1997).
  • Mapa Ingrávido (aforismos, 2005).
  • Haikus da Costa da Morte (gravados, con poemas de Alfonso Armada) (2007).

Obras colectivas

Vida persoal

Casou coa pintora Menchu Lamas. Ten un fillo, o cineasta Lois Patiño, e unha filla, Cora.

Notas

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Patiño Pérez, Antón". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 425. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Quiénes somos - Círculo de Bellas Artes" (en castelán). Consultado o 2023-11-20. 
  3. "¿Qué es VEGAP? - Estructura". VEGAP. Consultado o 20 de noviembre de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Antón Patiño Pérez". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-11-20. 
  5. "Patiño, Antón (1957-)". Fundación Juan March. Consultado o 2023-11-20. 
  6. "Antón Patiño - Afundación". Afundación. Consultado o 20 de noviembre de 2023. 
  7. "Antón Patiño - Afundación". Afundación. Consultado o 20 de noviembre de 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Caos matérico: el CGAC repasa la trayectoria de Antón Patiño". Masdearte (en castelán). 2020-07-02. Consultado o 2023-11-20. 
  9. Estévez, José Luis (2012-08-18). "Antón Patiño mezcla ensayo, microrrelatos y poesía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-11-21. 
  10. Traducido ao castelán no 2008 como Urbano Lugrís. Viaje al corazón del océano, publicado en Nigra Trea.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!