Alfonso Armada Rodríguez, nado en Vigo o 12 de setembro de 1958, é un xornalista e escritor galego en lingua castelá e en lingua galega.
Traxectoria
Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e en interpretación pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. Foi correspondente para África de El País e subdirector da revista Teatra. Dirixiu a compañía de teatro Koyaanisqatsi, coa que estreou varias obras da súa autoría. Participou como actor na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977) e na longametraxe Eu, o tolo (1979) de Chano Piñeiro. Foi durante seis anos correspondente de ABC en Nova York.
Obra en galego
Poesía
Narrativa
- Mar Atlántico. Diario dunha travesía (2012, Alento).
Obra en castelán
- Cuadernos africanos (1999 e 2002).
- España, de sol a sol (2001), con fotografías de Corina Arranz.
- El rumor de la frontera (2006), coa fotógrafa Corina Arranz. Viaxe ó largo da fronteira entre Estados Unidos e México.
- Nueva York, el deseo y la quimera (2007).
- El sueño americano. Cuaderno de viaje a la elección de Obama (2009).
- Cuaderno de viaje al país natal (2022).
Premios
- Premio Francisco de Quevedo de poesía do concello de Madrid polo libro Fracaso de Tánger.
- Premio Ojo Crítico de Teatro de Radio Nacional de España por El alma de los objetos (1997).
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas