Lois Patiño Lamas, nado en Vigo o 26 de xaneiro de 1983,[1] é un director e guionista de cinema galego.
Traxectoria
É fillo do pintor e escritor Antón Patiño Pérez e da pintora Menchu Lamas. Estudou psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid compaxinándoo con cinema na escola Tai. Continuou os seus estudos de cinema na NYFA de Nova York e en Barcelona, na Universidade Pompeu Fabra.
O seu primeiro filme, Costa da Morte (2013), gañou o premio ó mellor director emerxente na sección Cineastas do Presente no Festival de Locarno e o Premio Mestre Mateo ó mellor documental.
O seu filme Samsara (2023) foi o gañador do Premio Especial do Xurado da sección Encounters no Festival Internacional de Cinema de Berlín.[2][3]
Filmografía
Curtametraxes
- Montaña en sombra (2012)
- La imagen arde (2013)
- Noite sem distância (2015)
- Lavadoiro (2024)
Filmes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas