María Luisa Sobrino
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sobrino.
María Luisa Sobrino Manzanares Villanueva Correa,[2] nada en Vigo o 29 de xullo de 1943,[3] é unha historiadora da arte galega, especialista en arte galega contemporánea.[4] Reside en Santiago de Compostela.
Traxectoria
Doutorouse en 1973 coa tese Cuatro pintores gallegos contemporáneos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto y Laxeiro, cualificada con sobresaínte cum laude.[5] Foi profesora na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid e catedrática de arte contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela,[2] onde dirixiu "Quintana", publicación do departamento de historia da arte.[6]
Sobrino foi membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento,[1] do Consello da Cultura Galega[7] e do padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.[8]
Obra
- Cuatro pintores gallegos contemporáneos: Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto y Laxeiro, 1974.
- "Luis Seoane ou a integración das Artes", Grial 59, 1978.
- Colmeiro, 1981.
- Arturo Souto, 1984, Deputación de Pontevedra.
- El arte gallego contemporáneo.
- Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de La Coruña, 1991, Deputación da Coruña, ISBN 84-86040-51-5.
- El lenguaje silencioso de los objetos, 1995, Galería Alameda.
- O cartelismo en Galicia, desde as súas orixes ata 1936, 1993, Ediciós do Castro, ISBN 84-7492-637-8.[9]
- Escultura contemporánea en el espacio urbano: transformaciones, ubicaciones y recepción pública, 1999.
- Índice documental de escultores galegos do século XX, 2002 (CD-ROM), CCG, ISBN 84-95415-50-X.
- Valle; Carballo-Calero; Sobrino; Castro (2005). A arte galega na Colección Caixanova (en castelán). Faro de Vigo. VG-914/05.
- Creación artística e identidades culturais (coordinación), 2009, CCG.
- Arte + mulleres. Creadoras galegas (edición), 2015, CCG, ISBN 978-84-92923-65-6.[10]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
|
|