Andreas Alföldi

Modelo:BiografíaAndreas Alföldi
András Ede Zsigmond Alföldi
Nome orixinal(hu) Alföldi András Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1895
Pomáz, Hungría (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1981
Princeton.
Nova Jersey
Estados Unidos de América Estados Unidos
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHúngara.
Educación Universidade Eötvös Loránd.
Director de teseBálint Kuzsinszky Editar o valor en Wikidata
Q89547790Estudos da Roma antiga.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, numismática, arqueoloxía e epigrafía.
Ocupaciónarqueólogo clásico, arqueólogo provincial romano (pt) Traducir, epigrafista, historiador, numismático, historiador da antigüidade clásica, profesor universitario, prehistoriador, arqueólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Eötvös Loránd
Universidade de Berna
Universidade de Basilea Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresBálint Kuzsinszky Editar o valor en Wikidata
AlumnosÉva B. Bónis Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxe(1917): Seidl Emma Anna Gizella.
(1967): Elisabeth Alföldi-Rosenbaum. Editar o valor en Wikidata
ParentesJózsef Deér, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios
- 1953: Medalla da Royal Numismatic Society.
- 1965: Medalla Huntington (ANS).

Descrito pola fonte[Portraits of Hungarian Museologists] (en) Traducir, (p.8), Editar o valor en Wikidata
BNE: XX825972

András (Andreas) Ede Zsigmond Alföldi, nado o 27 de agosto de 1895 en Pomáz, condado de Pest, e finado o 12 de febreiro de 1981 en Princeton, Nova Jersey, foi un arqueólogo, numismático, epigrafista e historiador húngaro, un dos estudosos máis sobranceiros da Antigüidade.[1]

Traxectoria

Xuventude e formación

Andreas Alföldi naceu nos derradeiros anos de vixencia do Imperio Austrohúngaro. O seu pai, médico, morreu en 1910, o que motivou que a economía familiar se vise moi limitada, aínda que isto non impediu que Andreas cursase estudos de Ciencias da Antigüidade da Universidade Eötvös Loránd, en Budapest. Xa neste período de formación, non se limitou ao aproveitamento académico senón que comezou a desenvolver as súas propias investigacións sobre os inicios da moeda antiga, un campo aínda inexplorado no seu país.[2]

A etapa de formación viuse interrompida pola Primeira guerra mundial, na que tivo que participar. En 1917 caeu gravemente ferido e obtivo a baixa no exército, cunha condecoración.[2]

Tras a guerra, Alföldi retomou os seus estudos na Universidade de Budapest, dos que se graduou en 1919 cunha tese titulada Pannoniai agyakminták es vonatkozásaik á császárokra. Coroplastica pannonica e iconografia imperiale, e dirixida por Valentin Kuzisnsky,[3] na que definiu o seu enfoque na investigación sobre a área do Danubio e os Cárpatos.[4]

De feito, a súa atención nos seus primeiros estudos dirixiuse cara á epigrafía e a numismática da área do Danubio, e na súa primeira publicación (1914), unha revisión sobre un traballo numismático anterior, demostrou a súa sólida preparación científica.[5]

Xa desde a súa etapa de estudante e logo das súas primeiras investigacións no Instituto Vienés para a Historia Antiga (Wiener Institut für Alte Geschichte), sorprendeu o profundo coñecemento que Alföldi tiña sobre a moeda da Antiga Roma, tendo en conta que era un asunto inédito na tradición numismática de Hungría.[6] Este coñecemento levouno axiña a ser contratado en 1919 polo Gabinete Numismático do Museo Nacional Húngaro, en Budapest, onde afondou nos seus estudos sobre numismática.

Etapa húngara (1923-1947)

En 1923, Alföldi foi escollido para ocupar a cátedra de Historia Antiga na Universidade de Debrecen, a segunda máis grande de Hungría, e en 1930 converteuse no sucesor de Bálint Kuzsinszky na cátedra de Arqueoloxía Húngara na Universidade de Budapest, á fronte da que Alföldi se labrou un nome como investigador de prestixio. En paralelo á docencia, foi editor das publicacións Numizmatikai Közlöny e Archaeologiai Értesitö, así como da serie editorial Dissertationes Pannonicae.[7]

As súas investigacións non se detiveron durante a Segunda guerra mundial, mais ao seu remate, a adhesión de Hungría ao bloque soviético supuxo restricións do novo goberno ao seu traballo, o que supuxo que Alföldi abandonase o país en 1948 e se instalase inicialmente en Suíza, aínda que gran parte do seu material de traballo permaneceu en Hungría.

Suíza e os EEUU (1948-1981)

A partir dese momento, Alföldi non regresou nunca a Hungría. Ao esta lonxe das súas fontes habituais, algúns dos seus colegas deron por finalizada a súa carreira científica, mais Alföldi non só continuou nas liñas de investigación que tiña iniciadas, senón que emprendeu outras como a historia dos primeiros tempos da Roma antiga e na caída da República Romana. No seu obituario, Géza Alföldy escribiu: "Iluminou a historia de Roma de inicio a fin como ningún outro estudoso fixera neste século.[8]

En Suíza, no propio 1948 converteuse en profesor de Historia Antiga na Universidade de Berna e en 1952 na Universidade de Basilea, onde puido continuar varios dos proxectos de investigación que xa iniciara en Hungría, en parte polas mellores condicións laborais. Moitos dos seus artigos, que na etapa anterior aparecían en revistas húngaras, pasaron a ser publicados por revistas suízas, como Schweizer Münzblättern. Ademais, de xeito análogo ás Dissertationes Pannonicae, que dirixitra no seu país natal, nesta nova etapa fundou a serie editorial Dissertationes Bernenses.

En 1956 obtivo unha cátedra na School of Historical Studies do Institute for Advanced Study, de Princeton. Nos Estados Unidos non só se lle ofreceron mellores condicións para desenvolver o seu traballo, senón tamén moitas oportunidades de viaxar. Mesmo, cando pasou á condición de profesor emérito, Alföldi permaneceu en Princeton, onde traballou ata a súa morte en varios proxectos, algún dos cales non chegou a concluír.

No ámbito familiar, o 28 de agosto de 1917 casou, en Budapest, con Seidl Emma Anna Gizella.[9] En 1967 casou en segundas nupcias coa arqueóloga Elisabeth Alföldi-Rosenbaum (1911-1992).[10] A súa filla, Emma Alföldi, tamén foi unha figura destacada da historiografía.

Áreas de investigación

A Roma Antiga

En opinión de Alföldi, a importancia de Roma no período etrusco era menor que nos nas etapas posteriores. El analizou as primeiras estruturas do Estado romano confrontándoas coas dos pobos eurasiáticos, de cabaleiros e pastores. Malia non atopar estas teorías un apoio unánime, os estudosos críticos con el recoñeceron a orixinalidade dos seus argumentos. Xunto coas fontes arqueolóxicas e literarias, Alföldi utilizou tamén o método de comparar as relixións.[8] Nunha etapa posterior, dedicou aos seus críticos o libro Römische Frühgeschichte. Kritik und Forschung seit 1964 (en galego, "Historia temperá de Roma. Crítica e investigación desde 1964), publicado en 1976.[11]

A caída da República romana

Os traballos de Andreas Alföldi acerca da caída da República de Roma xiraron arredor da súa tese de que Xulio César quería construír unha monarquía, consonte o modelo da Roma antiga. Creu atopar a proba desta teoría principalmente nunha cuñaxe do ano 44 a. de C.[12]

Alföldi ampliou as súas investigacións sobre este aspecto, cunha compoñente anovadora. Malia as duras críticas, sempre defendeu a figura de César. Do mesmo xeito que Theodor Mommsen, estaba fascinado pola súa personalidade e decepcionado polo que concibía como "oportunismo" de Cicerón. Para el, Cicerón era o instigador ideolóxico do asasinato de César, como resultado dun conflito entre a clase dominante, de formación relixiosa grega, e un César de formación romana.[13]

O seu traballo de 1976 sobre o ascenso de Octaviano (Oktavians Aufstieg zur Macht) baseouse fundamentalmente en fontes literarias.[14] Nesta e noutras obras, Alföldi achega luz non só sobre as motivacións emocionais e relixiosas do comportamento de Octaviano logo da morte de César, senón tamén, por primeira vez, sobre os sólidos aspectos económicos que había detrás.[12]

Estudos sobre o período imperial

Dous artigos de Alföldi son considerados como os máis salientables no estudo do Imperio Romano: Die Ausgestaltung des monarchischen Zeremoniells am römischen Kaiserhofe ("O deseño do cerimonial monárquico na corte imperial romana"), de 1934, e Insignien und Tracht der römischen Kaiser ("Insignia e vestiario dos emperadores romanos"), de 1935.[15][16] Nestes amplos artigos descríbense tanto os fundamentos relixiosos como o desenvolvemento e as formas oficiais da ideoloxía dos gobernantes romanos. Alföldi vinculou novamente fontes e estudos literarios, numismáticos, epigráficos e arqueolóxicos, e salienta a súa comprensión dos símbolos icónicos antigos e a súa translación ata as pequenas imaxes representadas nas moedas. Como desenvolvemento destes dous artigos, seguiron outros acerca do mundo das ideas e a súa representación no Imperio.[12]

En ausencia de fontes literarias extensas para a historia romana entre mediados e finais do século III, Alföldi recorreu novamente ás fontes numismáticas nas súas investigacións, para o que compilou moito material das coleccións que coñecía. Particularmente salientable foi a súa investigación acerca da ceca de Siscia, coa que, sobre a base das moedas cuñadas alí, chegou a establecer unha nova cronoloxía para ese período. En particular, sinalou que durante a época dos emperadores-soldados os panonianos ocupaban as posicións de liderado. Entre estes, destacou a Galieno como un dos principais emperadores romanos, o que constitúe un novo enfoque na investigación histórica.[12]

A Antigüidade tardía

Tamén no campo da Antigüidade tardía Alföldi é considerado como un estudoso destacado, e tamén neste período o seu principal punto de partida foi a numismática. Resulta de particular interese a súa catalogación dos chamados contorniati, cuxo estudo supuxo unha nova fonte ata daquela inexplorada, para a historia das ideas de finais do século IV e principios do V.[12]

Estas investigacións tiveron lugar no transcurso da Segunda guerra mundial, o que fai que os seus esforzos sexan máis dignos de recoñecemento. Malia a confusión provocada pola guerra, Alföldi puido obter o material necesario de diferentes museos de Europa e acabar por facer as súas primeiras publicacións sobre este asunto. No seu estudo sobre Valentiniano I demostrou, con todo, que tamén dominaba as fontes literarias.[12]

No estudo da Antigüidade tardía, Alföldi estaba particularmente interesado no período entre Constantino I e a vitoria do cristianismo sobre o paganismo. O seu traballo A Festival of Isis in Rome under the Christian Emperors of the IVth Century (1937), acerca do Navigium Isidi, unha festa na honra da deusa Isis en Roma no período dos emperadores cristiáns do século IV, é considerado como unha obra de referencia.[17]

A organización das conferencias anuais Historia Augusta, que tiveron lugar con regularidade durante vinte anos, tamén contribuíu ao estudo da Antigüidade tardía.[18]

Recoñecementos

Entre outras institucións académicas, Alföldi foi membro da Academia de Ciencias de Hungría, membro correspondente da Academia Británica desde 1947, membro da Academia de Baviera desde 1936, membro correspondente da Academia de Gotinga desde 1954 e membro das Academias de Ciencias de Francia.[19][20]

Publicacións

Alföldi é autor de máis de 300 referencias, entre artigos e monografías.[6] Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[23][24]

  • (1924-1926). Der Untergang der Römerherrschaft in Pannonien. De Gruiter, Berlín. Vol. I: 1924; Vol. II: 1926.
  • (1937). Isis-szertartások Rómában a negyedik század keresztény császárai alatt /  A festival of Isis in Rome under the Christian emperors of the 4th century. Institute of Numismatics and Archeology of the Pazmany-Universiy. Budapest
  • (1940). Daci e romani in Transilvania. Franklin, Budapest.
  • (1942). Die Geschichte des Karpatenbeckens im 1. Jahrhundert v. Chr. Archivum Europae Centro-Orientalis, Budapest.
  • (1942-1943). Die Kontorniaten. Ein verkanntes Propagandamittel der stadt-römischen heidnischen Aristokratie in ihrem Kampfe gegen das christliche Kaisertum. Festschrift der Ungarischen numismatischen Gesellschaft zur Feier ihres vierzigjährigen Bestehens. Vol. I: 1942; Vol. 2. 1943. Magyar Numizmatikai Társulat, Budapest.
  • (1944). Zu den Schicksalen Siebenbürgens im Altertum. Budapest.
  • (1948). The Conversion of Constantine the Great and Pagan Rome. Clarendon Press, Oxford.
  • (1952). A Conflict of Ideas in the late Roman Empire. The Clash between the Senate and Valentinian I. Clarendon Press, Oxford
  • (1952). Der frührömische Reiteradel und seine Ehrenabzeichen. Verlag für Kunst und Wissenschaft, Baden-Baden.
  • (1953). Studien über Caesars Monarchie. Gleerup, Lund.
  • (1957). Die trojanischen Urahnen der Römer. Reinhardt, Basilea.
  • (1965). Early Rome and the Latins. University of Michigan Press.
  • (1967). Studien zur Geschichte der Weltkrise des 3. Jahrhunderts nach Christus. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt.
  • (1970). Die monarchische Repräsentation im römischen Kaiserreiche. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt.
  • (1971). Der Vater des Vaterlandes im römischen Denken. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt. ISBN 3-534-04653-6
  • (1973). Die zwei Lorbeerbäume des Augustus. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1266-1
  • (1974). Caesar in 44 v. Chr. Band 2: Das Zeugnis der Münzen. Mit einer Revision der Stempel und Stempelverbindungen. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1212-2
  • (1974). Die Struktur des voretruskischen Römerstaates. Winter, Heidelberg. ISBN 3-533-02287-0
  • (1976-a-). Römische Frühgeschichte. Kritik und Forschung seit 1964. Winter, Heidelberg. ISBN 3-533-02275-7
  • (1976-b-). Oktavians Aufstieg zur Macht. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1360-9
  • (1970-1990). Die Kontorniat-Medaillons (con Elisabeth Alföldi-Rösenbaum). De Gruyter, Berlín. Vol. I: 1976, ISBN 3-11-003484-0; Vol. II: 1990, ISBN 3-11-011905-6
  • (1979). Aion in Mérida und Aphrodisias. von Zabern, Mainz. ISBN 3-8053-0393-9
  • (1984). Caesariana. Gesammelte Aufsätze zur Geschichte Caesars und seiner Zeit. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1859-7
  • (1984). Caesar in 44 v. Chr. Band 1: Studien zu Caesars Monarchie und ihre Wurzeln. Habelt, Bonn. ISBN 3-7749-1390-0

Notas

  1. Christ, K. (1990). Páxina 8.
  2. 2,0 2,1 Christ, K. (1990). Páxinas 8-9.
  3. Alföldi, A. (1919). Pannoniai agyakminták es vonatkozásaik á császárokra. Coroplastica pannonica e iconografia imperiale. En Archaeologiai Értesitö. 38. 1918-1919. Páxinas 1-36.
  4. Christ, K. (1990). Páxinas 9-10.
  5. Recensión de: Árpád Buday (1914). "Római felirattan". En Archaeologiai Értesito. 34. Páxinas 430-431.
  6. 6,0 6,1 Alföldy, G. (1981). Páxina 410.
  7. Christ, K. (1990). Páxinas 10, 13.
  8. 8,0 8,1 Alföldy, G. (1981). Páxina 411.
  9. Rexistro do matrimonio: "602/1917".
  10. Alföldy, G. (1981). Páxina 414.
  11. Véxase (1976-a-) en "Publicacións".
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 Alföldy, G. (1981). Páxina 412.
  13. Christ, K. (1990). Páxina 55.
  14. Véxase (1976-b-) en "Publicacións".
  15. Alföldi, A. (1934). "Die Ausgestaltung des monarchischen Zeremoniells am römischen Kaiserhofe Arquivado 16 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". En Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Römische Abteilung. Nº 49. Páxinas 1-118.
  16. Alföldi, A. (1935). "Insignien und Tracht der Römischen Kaiser". En Mitteilungen des Deutschen Archäologischen Instituts. Römische Abteilung. Nº 50. Páxinas 1-171.
  17. Véxase (1937) en "Publicacións.
  18. Alföldy, G. (1981). Páxina 413.
  19. "Prof. Dr. Andreas Alföldi". Bayerische Akademie der Wissenschaften.
  20. Holger K. (2001). Die Mitglieder der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen 1751–2001. Vandenhoeck & Ruprecht, Gotinga. Páxina 25. ISBN 3-525-82516-1
  21. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  22. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  23. "Alföldi, Andreas 1895-1981 Arquivado 08 de maio de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  24. "Alföldi, Andreas 1895-1981". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alföldy, G. (1981). "Andreas Alföldi †". En Gnomon 53. Páxinas 410-414.
  • Christ, K. (1990). "Andreas Alföldi (1895-1981)". En Neue Profile der Alten Geschichte. Wissenschaftliche Buchgesellschaft, Darmstadt. Páxinas 8-62. ISBN 3-534-10289-4
  • Dennert, M. (2012). "Andreas Alföldi". En Heid, S.; Dennert, M. (eds.). Personenlexikon zur Christlichen Archäologie. Forscher und Persönlichkeiten vom 16. bis zum 21. Jahrhundert. Vol. 1, Schnell & Steiner, Regensburg. Páxina 63. ISBN 978-3-7954-2620-0
  • Institute for Advanced Study (1982). Andrew Alföldi 1895-1981. Princeton.
  • Radnoti-Alföldi, M. (1981). "Andreas Alföldi †". En Historische Zeitschrift 233. Páxinas 781-786.
  • Schefold, K. (1993). "Andreas Alföldi (1895-1981)". En Eikasmós 4. Páxinas 97-98.
  • Richardson, J.H.; Santangelo, F. (2015)(eds.). Andreas Alföldi in the Twenty-First Century. Steiner, Stuttgart. ISBN 978-3-515-10961-1

Read other articles:

NEXUS株式会社種類 株式会社本社所在地 日本〒370-0015群馬県高崎市島野町212-1設立 2004年7月22日(創業 1995年7月7日)業種 サービス業法人番号 5070001009698 事業内容 遊技場の経営 他代表者 星野敏(取締役代表執行役員) 星野正史(取締役社長執行役員)資本金 1,000万円売上高 2545億1000万円(2022年06月30日時点)[1]営業利益 41億9000万円(2022年06月30日時点)[1]経常

 

ريتوكسيماب ضد وحيد النسيلة نوع Whole antibody يعالج لمفوما بائية الخلايا،  وابيضاض المشعر الخلاي،  وورام حبيبي ويغنري،  وابيضاض الدم الليمفاوي المزمن،  ومتلازمة كلوية،  والتهاب العضلات،  ولمفوما،  ولمفوما بي منتشرة كبيرة الخلايا،  وذئبة التهاب الكلى،  واب

 

Armored Troop Carrier (ATC) An Armored Troop Carrier of River Assault Division 112 Class overview NameArmored Troop Carrier (ATC) Operators  United States Navy Republic of Vietnam Navy Khmer National Navy General characteristics Typearmored riverine transport ship Displacement66 short tons (60 t) Length56 ft (17 m) Beam17.5 feet (5.3 m) Installed power2×225 hp (168 kW) Propulsiontwo Gray Marine 6-71 diesel engines Speed8 knots (15 km/h) Range110 nautic...

Tlaltecuhtli Tlaltecuhtli (pelafalan Nahuatl: [t͡ɬaːl.teːkʷ.t͡ɬi]) adalah dewi yang dipuja oleh orang-orang Aztek. Ia kadang-kadang disebut monster bumi, dan tubuhnya yang terpotong-potong merupakan bagian dari kisah penciptaan Aztek.[1] Dalam ukiran-ukiran, Tlaltecuhtli digambarkan sebagai pengada antropomorfik dengan lengan dan tungkai yang terentang. Ia dianggap sebagai sumber dari segala kehidupan, dan ia harus dipuaskan dengan melakukan pengorbanan manusia agar dunia ...

 

Переписна місцевість Арипекаангл. Aripeka Координати 28°25′55″ пн. ш. 82°39′51″ зх. д. / 28.43220000002778036° пн. ш. 82.66420000002777613° зх. д. / 28.43220000002778036; -82.66420000002777613Координати: 28°25′55″ пн. ш. 82°39′51″ зх. д. / 28.43220000002778036° пн. ш. 82.66420000002777613°&#...

 

1931 novel by Edward Elmer Smith This article's plot summary may be too long or excessively detailed. Please help improve it by removing unnecessary details and making it more concise. (April 2022) (Learn how and when to remove this template message) Spacehounds of IPC Dust-jacket from the first editionAuthorEdward E. Smith, Ph.D.IllustratorA. J. DonnellCover artistA. J. DonnellCountryUnited StatesLanguageEnglishGenreScience fictionPublisherFantasy PressPublication date1947Media typ...

French pianist, composer and music teacher Portrait of Alfred Quidant Pierre Robert Joseph (Alfred) Quidant (7 December 1815 – 9 October 1893) was a French pianist, composer and music teacher. Biography Born in Lyon, the son of a merchant of musical instruments, he began studying music and piano in his hometown. In 1831, he went to study at the Conservatoire de Paris,[1] but interrupted his studies to work for Sébastien Érard as piano demonstrator, a job that he held for more than...

 

American historian (1932–1994) This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Christopher Lasch – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2023) (Learn how and when to remove this template message) Christopher LaschBornRobert Christopher Lasch(1932-06-01)June 1, 1932Omaha, Nebraska, USDiedFebruary...

 

Form of political manipulation For the film, see Gerrymandering (film). Gerrymander redirects here. For the arachnids, see Jerrymander (arachnid). For the plants, see Germander. Different ways to apportion electoral districts Part of a series onDiscrimination Forms Institutional Structural Attributes Age Caste Class Dialect Disability Genetic Hair texture Height Language Looks Mental disorder Race / Ethnicity Skin color Scientific racism Rank Sex Sexual orientation Species Size Viewp...

طبيعة المكان والزمان The Nature of Space and Time معلومات الكتاب المؤلف روجر بنروزستيفن هوكينج اللغة إنجليزية الناشر دار جامعة برينستون للنشر تاريخ النشر 1996 الموضوع فيزياء  التقديم عدد الصفحات 160 صفحة المواقع ردمك 978-0691145709 OCLC 467756125  تعديل مصدري - تعديل   طبيعة المكان والزمان (با...

 

List of EastEnders characters introduced in 2007 EastEnders logo The following is a list of characters that first appeared in the BBC soap opera EastEnders in 2007, by order of first appearance. A new family were introduced in this year, with Zainab Masood (Nina Wadia), Masood Ahmed (Nitin Ganatra), Shabnam Masood (Zahra Ahmadi/Rakhee Thakrar) and Tamwar Masood (Himesh Patel) creating the Masood clan. Heather Trott (Cheryl Fergison) was introduced, and the Mitchell family was extended, with R...

 

Албано-венгерские отношения Албания Венгрия Албано-венгерские отношения — двухсторонние дипломатические отношения между Венгрией и Албанией. У Албании есть посольство в Будапеште, а у Венгрии есть посольство и консульское учреждение в Тиране. История дипломатичес...

British DJ (born 1958) Mark RadcliffeRadcliffe at the Under the Stars festival in 2014Born (1958-06-29) 29 June 1958 (age 65)Bolton, Lancashire, EnglandSpouse Bella Sharp ​(m. 1997)​Children3CareerShowThe Folk Show & Radcliffe & MaconieStation(s)BBC Radio 2 and BBC Radio 6 MusicTime slotWeds 9–10pm and Sat–Sun 8–10amCountryUnited Kingdom Mark Radcliffe (born 29 June 1958) is an English radio broadcaster, musician and writer. He is best known for...

 

Overview of sports in the San Francisco Bay Area The Golden State Warriors playing at the Chase Center in San Francisco, December 27, 2019 The San Francisco 49ers playing at Levi's Stadium in Santa Clara, August 17, 2014 PayPal Park is the home venue of the San Jose Earthquakes (MLS) The San Francisco Bay Area, which includes the major cities of San Francisco, Oakland, and San Jose, hosts six major league sports franchises, with a major women's sports franchise soon to start play, as well as ...

 

Type of nightwear for women For other instances, see Baby Doll (disambiguation). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Babydoll – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2009) (Learn how and when to remove this template message) An older pink babydoll A more recent babydoll A babydoll is ...

Upazila in Barisal Division, BangladeshGalachipa গলাচিপাUpazilaSkyline of Galachipa, BangladeshCoordinates: 22°9.8′N 90°25.8′E / 22.1633°N 90.4300°E / 22.1633; 90.4300Country BangladeshDivisionBarisal DivisionDistrictPatuakhali DistrictGovernment • Date CreatedMd Miraz Islam RajArea • Total924.68 km2 (357.02 sq mi)Population (2011) • Total258,515 • Density280/km2 (720/sq ...

 

Irish actress Eileen WalshWalsh at DIFF 2023Born (1977-04-16) 16 April 1977 (age 46)Cork, IrelandNationalityIrishOccupationActressYears active1996–present Eileen Walsh (born 16 April 1977) is an Irish actress. Her credits include Miss Julie (1999), Janice Beard 45 WPM (1999), When Brendan Met Trudy (2000), The Magdalene Sisters (2002), Pure Mule (2005), Eden (2008), The End (2008), Catastrophe (2015), The Children Act (2017), Maze (2017), Wolf (2021), and Ann (2022). In 2023, Wals...

 

French footballer (born 2000) Sofiane Diop Diop with Sochaux in 2019Personal informationDate of birth (2000-06-09) 9 June 2000 (age 23)Place of birth Tours, FranceHeight 1.75 m (5 ft 9 in)[1]Position(s) MidfielderTeam informationCurrent team NiceNumber 10Youth career2006–2014 Tours2014–2015 US Chambray2015–2018 RennesSenior career*Years Team Apps (Gls)2018 Rennes B 10 (2)2018–2019 Monaco B 14 (2)2018–2022 Monaco 76 (14)2019–2020 → Sochaux (loan) 15 (1...

The 34th New Brunswick Legislative Assembly represented New Brunswick between May 10, 1917, and September 16, 1920. Gilbert Ganong served as Lieutenant-Governor of New Brunswick in 1917. He was succeeded by William Pugsley in November of that year. William Currie was chosen as speaker in 1917. J.E. Hetherington became speaker after Currie resigned in 1919. The Liberal Party led by Walter Edward Foster defeated the ruling Conservative party to form the government. History This section is empty...

 

Land value taxation (i.e. property tax applied only to the unimproved value of land) has a long history in the United States dating back from Physiocrat influence on Thomas Jefferson and Benjamin Franklin. It is most famously associated with Henry George and his book Progress and Poverty (1879), which argued that because the supply of land is fixed and its location value is created by communities and public works, the economic rent of land is the most logical source of public revenue.[1&#...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!