Eurasia
Poboación 5.348.554.000 (2019) (97,67 hab./km² ) Parte de Superficie 54.759.000 km² Punto máis alto Everest (8.848 m) Punto máis baixo Mar Morto (−437 m) Comparte fronteira con
Eurasia [ 1] ( pronunciación (axuda · info ) ) é a maior masa continetal do planeta Terra que forma en conxunto a Europa e maila Asia .[ 2] [ 3] Pode ser considerada como un continente , ou mesmo un supercontinente composto polos continentes europeo e asiático, separados pola cordilleira dos Montes Urais . É común e correcto que se considere a Eurasia como un continente real dende o punto de vista fisioxeográfico e xeolóxico .
Eurasia localízase primordialmente no hemisferio norte e hemisferio oriental , e ten unha área aproximada de 52 990 000 km², que é o de 10,6% da superficie da Terra e o 36,2 da área terrestre. Ten máis de 5.000 millóns de persoas, o que equivale ó 72,5% da poboación mundial.
A subdivisión tradicional entre Asia e Europa presenta límites non moi precisos; comunmente defínese unha liña divisoria ó longo dos montes Urais , o río Ural , o mar Caspio , os montes do Cáucaso , o mar Negro , os estreitos do Bósforo e o Dardanelos , e o mar Exeo .
Notas
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eurasiático .
↑ Nield, Ted. "Continental Divide" . Geological Society . Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2013. Consultado o 7 de xuño do 2022 .
↑ "How many continents are there?" . National Geographic Society . Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xuño do 2022 . Por convención hai sete continentes: Asia , África , América do Norte , América do Sur , Europa , Australia , e Antártida . Algúns xeógrafos enumeran só seis continentes, combinando Europa e Asia en Eurasia. En partes do mundo, os estudantes aprenden que só hai cinco continentes: Eurasia, Australia (Oceanía), África, a Antártida e as Américas.]].
Véxase tamén
Outros artigos