Hai diferentes sistemas estandarizados para a romanización do árabe, é dicir, adaptar o alfabeto árabe ao latino ou romano. Por exemplo, o SATTS (inglés: Standard Arabic Technical Transliteration System - Sistema de transliteración técnica do árabe estándar) é un sistema empregado para adaptar o alfabeto árabe ao latino para angloparlantes adoptado polo Exército dos Estados Unidos.
O árabe ten características similares ao alfabeto hebreo, neste sentido é un abjad. Isto refírese ao feito de que as vogais curtas non se transcriben na maioría de libros e publicacións, senón que han de deducirse do contexto. Esta situación vese aliviada co feito de que as linguas semíticas poñen a maior parte do seu significado en consoantes e vogais longas, que si son transcritas. Ten 28 letras básicas, con algunhas variantes e diversos signos auxiliares.[1]
A escritura árabe actual data do século IV e recibe o nome de nasji para diferenciala da primitiva escritura máis redondeada chamada cúfica. É unha escritura ligada e en forma cursiva, máis que unha sucesión de caracteres individuais. Ademais doutras consecuencias, isto implica que a forma da letra está influída pola posición que ocupa na palabra. Escríbese de dereita a esquerda;[2] non ten maiúsculas e non se permite a división da palabra a final de liña; en cambio, é posible alongar os trazos de unión entre letras tanto como se queira, a fin de que o texto quede aliñado. As consoantes dobres indícanse cun tashdid, (un símbolo parecido á 'w') sobre a letra en cuestión.
O Corán, o libro máis importante do islam, está escrito usando o alfabeto árabe. Ademais da lingua árabe, hai varias linguas que usan este mesmo alfabeto, entre as cales se inclúen o urdú e o persa; o turco escribíase con árabe[3] ata as reformas de Kemal Atatürk na década de 1920. Este foi reincorporado oficialmente polo goberno turco de Erdogan no ano 2014, aínda que só para o ámbito relixioso. Algúns musulmáns aragoneses e casteláns dos séculos XIV a XVI escribiron obras, principalmente relixiosas, en lingua romance con caracteres arábigos (o que se coñece como literatura alxamiada).
A caligrafía árabe considérase unha arte por dereito propio. Dado que o islamsunnita prohibe a representación de seres animados, a arquitectura islámica (mesquitas e palacios) adoita usar versículos do Corán delicadamente escritos. Un exemplo é o palacio da Alhambra de Granada.
Historia
O alfabeto árabe xurdiu ao redor do século IV dunha evolución do alfabeto nabateo, que procedía da variante siríaca do alfabeto arameo, e esta variante deriva do alfabeto fenicio. O texto máis antigo coñecido do alfabeto árabe é unha inscrición de finais do século IV atopada na montaña de Jabal Ramm (a 50 km ao leste de Aqaba, Xordania), pero a primeira en usala plenamente. é un documento trilingüe (grego, siríaco e árabe) do ano 512 atopado en Zebed (Siria). De antes da chegada do islam, consérvanse poucos textos en alfabeto árabe; só quedan cinco inscricións das que non cabe dúbida (aínda que algún outro texto poida ser preislámico). No século VII engadíronse puntos arriba e debaixo das letras para diferencialas, a lingua aramea tiña menos fonemas que o árabe e as 15 letras arameas tiñan que servir para os 28 sons do árabe, coas ambigüidades resultantes. O documento máis antigo conservado que utiliza estes puntos é tamén o papiro árabe máis antigo, chamado PERF 558, e datado en abril do 643. Pero este sistema de diferenciación de sons non foi obrigatorio ata moito máis tarde. Na segunda metade do século VII introduciuse a hamza[n. 1], antes da invención do alfabeto siríaco e da vocalización tiberiana do hebreo. Cara ao século VIII cambiouse a orde das letras, que se unían por afinidade de forma. Tamén se engadiron os signos vocálicos e diacríticos para facilitar a lectura e eliminar parcialmente as ambigüidades, utilizando inicialmente un sistema de puntos vermellos. Segundo algunhas fontes o seu uso expandiuse a instancias do gobernador omeia de Iraq, al-Hajjaj ibn Yússuf. Un punto encima da consoante significaba unha a; un punto debaixo da consoante unha i, un punto encima da liña unha u e puntos dobres significaban nunación. Non obstante, este sistema tamén causou certa confusión cos puntos de letras, e uns 100 anos despois impuxose o sistema actual de diacríticos ("fatha" ([a]), "kasra" ([i] ), "damma" ([u]), sukún (ausencia de vogal) e o tanwín para nunación ou xeminación).
Cando o alfabeto árabe se expandiu a países que tiñan outras linguas con sons non presentes en árabe, inventáronse novas letras para representar estes sons. Unha das alteracións máis comúns foi o uso de tres puntos arriba ou abaixo. Por exemplo प para o son [p] e ч para o son [tʃ] presente en urdú, persa e kurdu ou г para representar o son [ɡ] do persa e do kurdo.
Idiomas que utilizan o alfabeto árabe
Cada unha das linguas que usan este alfabeto ten a súa propia versión, normalmente con letras adicionais.
Árabe: é o máis importante e estendido, oficial en 24 países, 2 dependencias e 4 organizacións internacionais. Con todo, hai unha diferenciación importante entre o árabe clásico ou culto, e as distintas formas do árabe dialectal ou popular que é a evolución propia do idioma.
O suahili usou o alfabeto árabe ata o século XVIII. Desde entón escríbese en alfabeto latino debido á colonización e influencia europea.
A alxamía é a escritura con caracteres árabes doutros idiomas, e en español refírese sobre todo aos textos con escritura árabe de linguas romances da Península Ibérica, principalmente entre os séculos XIV e XVI, nas coroas de Castela e Aragón.
O malaio usouno ata que o alfabeto latino desprazouno en uso cotián logo da chegada de colonos europeos, actualmente o alifato na súa variante jawi úsase no ámbito relixioso musulmán.
O alfabeto árabe está composto por 28 letras básicas e escríbese de dereita a esquerda. Non hai diferenza entre as letras escritas e as impresas e non existe diferenciación entre letras minúsculas e maiúsculas. A maioría das letras únense coa seguinte, mesmo cando son impresas, e a súa aparencia cambia dependendo de se son precedidas ou seguidas por outras letras ou se están soas. O alfabeto árabe é un abjad impuro (as vogais curtas non se escriben pero as longas si) así que o lector debe coñecer o idioma para poder repor as vogais. Porén, nalgunhas edicións do Corán ou nalgúns traballos didácticos emprégase unha notación con marcas diacríticas para sinalar a vocalización. Ademais, en textos vocalizados, hai unha serie doutros caracteres diacríticos dos cales o máis moderno é unha indicación da omisión das vogais (sukūn) e da prolongación das consoantes (šadda).
Presentación do alfabeto
O alfabeto árabe pode transliterarse e transcribirse de varias maneiras. O método preferido neste artigo será o DIN-31635. Alternativas pertencentes a outros estándares están indicados despois das barras oblicuas.
A liña horizontal diacrítica sobre as vogais longas é a miúdo substituída por un circunflexo porque é máis sinxelo de escribir na maioría dos teclados.
Unha transliteración do árabe debe permitir a reconstrución das letras árabes orixinais de maneira que mostre os caracteres que non se pronuncian ou que se pronuncian coma outros. Unha transcrición fonética indica só a pronunciación. A transcrición fonética segue as convencións do Alfabeto Fonético Internacional (para máis detalles relativos á pronunciación do árabe consultar o artigo Pronunciación no Árabe).
SATTS, o Standard Arabic Technical Transliteration System (Sistema técnico estándar de transliteración do árabe), é un sistema militar estándar estadounidense de transliteración do alfabeto árabe ó alfabeto latino.
Letras principais
Se está soa
Posición Inicial
Posición intermedia
Posición final
Nome
Transliteración
Pronunciación
ﺀ
أ ؤ إ ئ ٵ ٶ ٸ ځ etc.
hamza
ʾ / ’
[ʔ]
ﺍ
—
ﺎ
ʾalif
ā / â
[aː]
ﺏ
ﺑ
ﺒ
ﺐ
bāʾ
b
[b]
ﺕ
ﺗ
ﺘ
ﺖ
tāʾ
t
[t]
ﺙ
ﺛ
ﺜ
ﺚ
ṯāʾ
ṯ / th
[θ]
ﺝ
ﺟ
ﺠ
ﺞ
ǧīm
ǧ / j / dj
[ʤ]
ﺡ
ﺣ
ﺤ
ﺢ
ḥāʾ
ḥ
[ħ]
ﺥ
ﺧ
ﺨ
ﺦ
ḫāʾ
ḫ / ẖ / kh
[x]
ﺩ
—
ﺪ
dāl
d
[d]
ﺫ
—
ﺬ
ḏāl
ḏ / dh
[ð]
ﺭ
—
ﺮ
rāʾ
r
[r]
ﺯ
—
ﺰ
zāy
z
[z]
ﺱ
ﺳ
ﺴ
ﺲ
sīn
s
[s]
ﺵ
ﺷ
ﺸ
ﺶ
šīn
š / sh
[ʃ]
ﺹ
ﺻ
ﺼ
ﺺ
ṣād
ṣ
[sˁ]
ﺽ
ﺿ
ﻀ
ﺾ
ḍād
ḍ
[dˁ], [ðˤ]
ﻁ
ﻃ
ﻄ
ﻂ
ṭāʾ
ṭ
[tˁ]
ﻅ
ﻇ
ﻈ
ﻆ
ẓāʾ
ẓ
[zˁ], [ðˁ]
ﻉ
ﻋ
ﻌ
ﻊ
ʿayn
ʿ / ‘
[ʔˤ]
ﻍ
ﻏ
ﻐ
ﻎ
ġayn
ġ / gh
[ɣ]
ﻑ
ﻓ
ﻔ
ﻒ
fāʾ
f
[f]
ﻕ
ﻗ
ﻘ
ﻖ
qāf
q / ḳ
[q]
ﻙ
ﻛ
ﻜ
ﻚ
kāf
k
[k]
ﻝ
ﻟ
ﻠ
ﻞ
lām
l
[l]
ﻡ
ﻣ
ﻤ
ﻢ
mīm
m
[m]
ﻥ
ﻧ
ﻨ
ﻦ
nūn
n
[n]
ﻩ
ﻫ
ﻬ
ﻪ
hāʾ
h
[h]
ﻭ
—
ﻮ
wāw
w
[w]
ﻱ
ﻳ
ﻴ
ﻲ
yāʾ
y
[j]
As letras que carecen dunha versión inicial ou media nunca se unen ás seguintes letras. Coma por exemplo ﺀhamza.
Outras letras
Se está soa
Posición inicial
Posición media
Posición final
Nome
Transliteración
Pronunciación
ﺁ
—
ﺂ
ʾalif madda
ʾā
[ʔaː]
ﺓ
—
ﺔ
tāʾ marbūṭa
h ou t / Ø / h / ẗ
[a], [at]
ﻯ
—
ﻰ
ʾalif maqṣūra
ā / ỳ
[aː]
ﻻ
—
ﻼ
lām ʾalif
lā
[laː]
Notas
A letra ʾalif maqṣūra, escrita comunmente co Unicode 0x0649 (ى) do árabe, é algunhas veces substituída, en farsi/persa ou urdú, polo Unicode 0x06CC (ی), chamada "Farsi Yeh" dado que é máis apropiada para a pronunciación nesas linguas. Os glifos son idénticos nas formas única e final ( ﻯ ﻰ ), pero non nas formas inicial e media, nas que a Farsi Yeh gaña dous puntos debaixo ( ﯾ ﯿ ) mentres que a ʾalif maqṣūra non os ten.
Escribindo o hamza
Inicialmente, a letra ʾalif indicaba unha glotal oclusiva, ou stop glotal, transcrito coma [ʔ], confirmando unha orixe común co fenicio. Actualmente emprégase da mesma maneira que noutras abjads, con yāʾ e wāw, coma mater lectionis, é dicir, unha consoante que substitúe a unha vogal longa. Ademais, a través do paso do tempo o seu valor fonético foi escuro, xa que, ʾalif serve principalmente para substituír fonemas ou funcionar coma soporte gráfico para certos diacríticos.
Actualmente, o alfabeto árabe emprega o hamza principalmente para indicar un stop glotal, que pode aparecer en calquera parte dunha palabra. Porén, esta letra non funciona coma as outras: pode ser escrita soa ou cun apoio, nese caso convértese nun diacrítico:
Soa : ء
Cun apoio : إ, أ (sobre ou baixo un ʾalif), ؤ (sobre un wāw), ئ (sobre un yāʾ 'sen puntos ou yāʾ hamza).
Os detalles sobre coma escribir o hamza son discutidos abaixo, tralos datos sobre as vogais e os sinais de división en sílabas, porque as súas funcións están relacionadas.
Ligaduras
A única ligadura obrigatoria é lām+'alif, tódalas outras ligaduras (yaa - meem etc) son opcionais.
Algunhas fontes inclúen un glifo (Ṣall-allahu alayhi wasallam):
O primeiro emprégase tras tódalas mencións ó nome de Sagrado profeta (que Allah o bendiga e lle conceda paz). O último é unha solución alterna debido á incompetencia da maioría dos procesadores de textos, que son incapaces de mostrar o Sagrado Nome correctamente debido ó seu sistema de mostralos símbolos vogais. Compare o seguinte texto, que depende do seu navegador e as fontes que teña instaladas:
الله
Diacríticos
Vogais
Os usuarios do árabe adoitan escribir vocais longas pero omiten as curtas, polo que os lectores deben utilizar os seus coñecementos da lingua para suplir as vogais que faltan. Con todo, no sistema educativo e, en particular, nas clases de gramática árabe utilízanse estas vocais, xa que son cruciais para a gramática. Unha frase árabe pode ter un significado completamente distinto cun sutil cambio das vocais. Esta é a razón pola que nun texto tan importante como o Corán son obrigatorios os tres signos vocálicos básicos, do mesmo xeito que os ḥarakāt] e todos os demais signos diacríticos ou doutro tipo, por exemplo os signos de cantilación.
Na escritura árabe de uso cotián, nas publicacións xerais e nos sinais de tráfico, as vogais curtas non adoitan escribirse. Por outra banda, os exemplares do Corán non poden ser avalados polos institutos relixiosos que os revisan a menos que se inclúan os diacríticos. Os libros infantís, os textos de primaria e as gramáticas árabes en xeral inclúen diacríticos en certa medida. Son os chamados textos "vogalizados".
As vogais curtas deben escribirse con diacríticos situados enriba ou debaixo da consoante que as precede na sílaba. (Tódalas vogais en árabe, sexan curtas ou longas, seguen a unha consoante. Contrariamente ó que parece sempre hai unha consoante ó inicio de nomes coma Alí — en árabe ʾAlī — ou nunha palabra coma ʾalif.)
Varía de [æ], [a], [ä], [ɑ], [ɐ], a [e], dependendo do dialecto nativo, da posición e do acento.
ــُـ
064F
ḍammah
ضَمَّة
u
/u/
Varía de [ʊ], [o], a [u], dependendo do dialecto nativo, a posición e o acento. Aproximado ao inglés "OO" (como "boot" pero máis curto)
ــِـ
0650
kasrah
كَسْرَة
i
/i/
Varía de [ɪ], [e], a [i], dependendo do dialecto nativo, a posición e o acento. Aproximado ao inglés "I" (como en "pick")
Vogais longas
No texto árabe totalmente vocalizado que se atopa en textos como o Corán, unha ā longa que segue a unha consonante que non é hamzah escríbese cun signo da curta (fatḥah) sobre a consonante máis un ʾalif tras ela; a ī longa escríbese como signo de i curta (kasrah) máis un yāʾ; e a ū longa como signo de u curta (ḍammah) máis un wāw. Brevemente, ᵃa = ā; ⁱy = ī; e ᵘw = ū. A ā longa que segue a un hamzah pode representarse por un ʾalif maddah ou por un hamzah libre seguido dun ʾalif (dous ʾalifs consecutivos nunca están permitidos en árabe).
A táboa seguinte mostra as vocais colocadas encima ou debaixo dun círculo punteado que substitúe a unha letra consoántica primaria ou a un signo shaddah. Para maior claridade na táboa, as letras primarias da esquerda utilizadas para marcar estas vogais longas móstranse só na súa forma illada. A maioría das consoantes conectanse á esquerda con , ʾalifwāw e yāʾ escritas entón coa súa forma medial ou final. Ademais, a letra yāʾ da última fila pode conectar coa letra da súa esquerda, e entón utilizará unha forma medial ou inicial. Utilice a táboa de letras primarias para ver o seu glifo real e os tipos de unión.
Nun texto non vocalizado (aquel no que as vogais curtas non están marcadas), as vogais longas están representadas pola vogal en cuestión: ʾalif ṭawīlah/maqṣūrah, wāw, ou yāʾ. As vogais longas escritas no medio dunha palabra dun texto non vocalizado trátanse como consoantes cunha sukūn (véxase máis abaixo) nun texto con diacríticos completos. Tamén neste caso, a táboa mostra as letras vocálicas longas só de forma illada para maior claridade.
O a longo que segue a unha consoante distinta de hamzah escríbese cun signo curto-a na consoante máis un alif despois del (ʾalif).
O i longo ten como signo o i curto máis o yaa yāʾ, e o u longo ten como signo o u curto máis o waaw, polo tanto aā = ā, iy = ī e uw = ū);
O a longo seguido do son hamzah pode ser representado por un alif-madda ou por un hamzah flotante seguido por un alif.
Nos textos non vogalizados (aqueles nos que as vogais curtas non se escriben), as vogais longas son representadas pola consoante en cuestión (alif, yaa, waaw). As vogais longas escritas no medio dunha verba trátanse coma consoantes ¿tomando?sukūn (ver abaixo) nun texto que teña moitos diacríticos.
As combinacións وا e يا pronúncianse sempre wā e yāʾ respectivamente. A excepción é o sufijo ـوا۟ nas terminacións verbais nas que ʾalif é silencioso, o que dá lugar a ū ou aw.
Vogais longas (texto non vocalizado)
Nome
Trans.
Valor
0627 ا
(fatḥah implícita) ʾalif
ā
/aː/
0649 ى
(fatḥah implícita) ʾalif maqṣūrah
ā / y
0648 و
(ḍammah implícita) wāw
ū
/uː/
064A ي
(kasrah implícita) yāʾ
ī
/iː/
Ademais, ao transliterar nomes e palabras de préstamo, os falantes de árabe escriben a maioría ou todas as vogais como longas (ā con اʾalif, ē e ī con يyaʾ, e ō e ū con وwāw), o que significa que se aproxima a un alfabeto verdadeiro.
As vogais longas escritas no medio dunha palabra trátanse como consoantes que toman sukūn (véxase máis adiante) nun texto que ten diacríticos completos.
Para aclaralo, as vogais se situarán enriba ou debaixo da letra د dāl polo que cómpre le-los resultados [da], [di], [du] etc. Teña en conta que د dāl é unha das seis letras que non se unen pola esquerda e está usada aquí coma exemplo. Outras letras si que se unen a ʾalif, wāw' e yāʾ.
Vogais simples
Nome
Trans.
Valor
دَ
fatḥa
a
[a]
دِ
kasra
i
[i]
دُ
ḍamma
u
[u]
دَا
fatḥa ʾalif
ā
[aː]
دَى
fatḥa ʾalif maqṣūra
ā / aỳ
[aː]
دِي
kasra yāʾ
ī / iy
[iː]
دُو
ḍamma wāw
ū / uw
[uː]
letras tanwiin:
ً, ٍ, ٌ
empregadas para produci-lo final /an/, /in/, e /un/ respectivamente. ً emprégase acotío en combinación con ا ( اً ).
Signos silábicos e outros
Shadda
ّ shadda marca a xeminación dunha consoante; kasra (ver abaixo) móvese, cando está presente, entre o shadda e a consoante xeminada.
Sukūn
Unha sílaba árabe pode ser aberta (rematar nunha vogal) ou pechada (se remata nunha consoante).
aberto: CV [vogal-consoante] (vogal longa ou curta);
pechada: CVC (só vogal curta).
Cando a sílaba é pechada, pódese indicar que a consoante que a pecha non vai acompañada dunha vogal marcándoa cun signo chamado sukūn, que ten a forma "°", para eliminar calquera ambigüidade, especialmente cando o texto nos se vocaliza: é preciso lembrar que un texto padrón componse exclusivametne de series de consoantes; así, a palabra qalb, "corazón", escríbese qlb. Sukūn permite saber onde non colocar unha vogal: qlb podería, de feito, lerse /qVlVbV/; mais se se escribe cun sukūn por riba do l e o b b, só se pode interpretar como a forma /qVlb/ (canto a saber que vogar empregar, cómpre memorizar a palabra); escríbese isto: قلْبْ (sen ligadura: قلْبْ).
Pódese pensar que nun texto vocalizado non se precisa do sukūn porque a ausencia dunha vogar detrás dunha consoante poderíase sinalar simplemente non escribindo ningunha marca sobre ela, de maneira que قِلْبْ sería redundante. Non resulta ser así por causa de que esa convención ("a ausencia dunha marca vocálica significa a ausencia dun son vocálico) non existe: de feito, k + u + t + b pódese ler
"kutib". Unha regra deste tipo tería sentido se todos os que escribisen a marca vocálica estivesen obrigados a escribir todas as marcas vocálicas na mesma palabra, o que non acontece. De feito, pódense escribir tantas marcas vocálicas como se queira.
Porén, no Corán cómpre escribir todas as marcas vocálicas: nel, o sukuun por riba dunha letra (excepto o alef, que indica un "a" longo) indica que se pronuncia mais que non vai seguido dunha vogal curta, mentres que a ausencia de calquera signo por riba dunha letra (a excepción do alef) indica que a consoante non se pronuncia.
Lectura
Uso mundial do alfabeto árabe
→
Países onde a escritura árabe é a única ortografía oficial
→
Países onde a escritura árabe é usada oficialmente xunto a outras ortografías.
O alfabeto de uso máis común actualmente, chamado hiŷā'ī (هِجَائِي) ou alifbā'ī (أَلِفْبَائِي), agrupa as letras por similitude gráfica. Moitos grafemas teñen un mesmo trazo básico e distínguense entre si grazas a uns puntos situados encima ou debaixo do trazo. Estes puntos incorporáronse na época da expansión islámica: ata entón, a escritura utilizábase pouco e frecuentemente como unha especie de taquigrafía de uso persoal para elaborar rexistros, contratos, albarás etc. As necesidades ligadas á administración do novo Estado islámico, así como á correcta transmisión do Corán fixeron necesario o perfeccionamento do sistema de escritura. As letras representan consoantes ou vogais longas. En caso de necesidade poden utilizarse uns signos diacríticos adicionais para representar as vogais breves. Devanditos signos úsanse sobre todo en textos didácticos e en escritos cuxa correcta vocalización considérase especialmente importante, como o Corán. De feito, inventáronse precisamente para asegurar a correcta transmisión do libro sacro, sobre todo entre musulmáns non árabes.
No caso de que non se utilicen os diacríticos vocálicos, que é o caso na maioría dos textos, para unha correcta lectura o lector debe coñecer a palabra ou ben deducir a súa vocalización pola súa morfoloxía e polo contexto. Esta é unha característica común a todas as escrituras alfabéticas semíticas. Exemplos:
A palabra KTB (كتب) pode lerse kataba (el escribiu), kutiba (foi escrito) ou kutub (libros). Será o contexto o que dea as pistas para a correcta lectura.
A palabra 'STKTB (استكتب) só pode lerse istaktaba (el pediu a alguén que escribise), porque é a única vocalización posible de acordo coas regras da morfoloxía para palabras coa forma 'ST123 (onde os números indican as tres consoantes da raíz da palabra, neste caso KTB, "escribir").
As vogais longas poden deducirse da presenza das semiconsonantes ي (E) e و (W), que polo xeral aparecen unidas ás vogais breves i e ou para dar as correspondentes longas, e polo signo álif ( ا ), que xeralmente representa a vogal a longa, aínda que en inicio de palabra pode representar calquera vogal.
Agás contadísimas excepcións, a cada grafema corresponde un fonema, isto é, non existen letras mudas nin letras que en determinadas posicións, ou unidas a outras, teñan un valor distinto ao que lles corresponde en principio.
Nos dialectos árabes falados, algunhas letras teñen varios valores diferentes ao que teñen en árabe clásico. Moitas veces, estas particularidades locais de pronuncia mantéñense cando o falante tenta utilizar o árabe estándar, polo que se indican no apartado de descrición das letras. Pero convén aclarar que o árabe estándar ten unha pronuncia estándar, que é a que se ensina nas escolas e que se considera universalmente como a mellor. Así pois, a pesar de que moitos exipcios pronunciarán [ʔalbek] no canto de [qalbuk] cando falan na súa casa, calquera locutor árabe de televisión, xa sexa exipcio ou doutro país, pronunciará sempre a letra qaf como unha oclusiva uvular.
As letras
Na escritura árabe as letras da mesma palabra escríbense sempre ligadas entre si, agás 6 letras que non poden conectarse coa letra seguinte (aínda que si coa anterior), o que obriga a deixar un pequeno espazo de separación; estas 6 letras que non conectan son: alif (ا), dāl (د), ḏāl (ذ), rā' (ر), zāy (ز) e wāu (و).
Álif (ا): Non ten un son determinado. Pode servir de soporte a unha vogal inicial, a unha hamza [ʔ], representar unha vogal a longa, ou servir como distintivo ortográfico para certos finais. Non se une á letra seguinte (aínda que si á anterior) e só ten unha forma, a de trazo vertical.
Ba' (ب): É un simple trazo horizontal cun punto debaixo. É o son /b/ en español a principio de palabra. Lese como a letra b en barco.
Ta' (ت): Escríbese como o anterior pero con dous puntos encima e non ten punto debaixo. Soa como a t galega en atar.
Tha' (ث): Representa o son dunha consoante fricativa dental xorda ([θ]), como o da z da maior parte de Galiciarezar, zona, ou como o son inglés th de think. En certos dialectos, por exemplo o marroquí, adoita pronunciarse igual que a ta'. Escríbese como as dúas anteriores pero con tres puntos encima.
Ğim o Ŷim (ج): Soa como a j francesa ou, máis forte, como a j inglesa. Debúxase como unha cella cun punto inferior, cun trazo final semicircular se vai en posición final ou illada. No dialecto exipcio e outras variedades locais pronúnciase como a g oclusiva en enganar.
Ḥa' (ح): Escríbese en todo igual á letra anterior pero sen o punto inferior. Representa un son inexistente no galego, unha aspiración realizada na farinxe, que produce unha impresión sonora intermedia entre unha [h] e unha [x].
Ḫa' (خ): Escríbese igual que as dúas anteriores pero co punto encima da letra e non no seu interior. Representa o son da letra j do español na súa realización forte ([x]) como en Juan, Jorge e Jaime, aínda que adoita pronunciarse algo máis forte en árabe.
Dal (د): Representa o son d galego a principio de palabra, como no primeira d de débeda. Non se une coa letra seguinte e só ten unha forma.
Ḏal (ذ): Representa o son parecido ao do segunda d de débeda en galego, ou a th inglesa en this. Escríbese en todo igual que a letra anterior (dal) pero cun punto encima; como esta tampouco se une coa letra que a segue. Pronúnciase frecuentemente como a zay ou como a dal en árabe falado.
Ra' (ر): Representa o son r en cara. Ten a forma dun sinxelo trazo descendente. Non se une coa letra seguinte e só ten unha forma.
Zay (ز): Escríbese igual que o anterior pero cun punto encima. O seu son é o dunha s sonora, como a z inglesa en zoo, francesa "Zéro" ou "maiSon" ou o alófono de s na palabra desde na súa pronuncia non aspirada. Non se une coa letra seguinte.
Sen (س): Representa o son de s. O seu trazo principal é de dous vales, tendo un trazo final cara a abaixo en caso de posición final ou illada.
Shin (ش): Representa o son de x catalá, sh inglesa, schalemá, sciitaliana, ou ch francesa e portuguesa. Escríbese igual que o anterior pero con tres puntos encima.
Ṣad (ص): É un son similar á s pero pronunciado dun modo especial, que se denomina enfático. Estas letras enfáticas pronúncianse coa parte posterior da lingua algo máis levantada do normal, o que modifica o timbre das vogais da contorna escurecéndoas un pouco, e mesmo afecta a outras consoantes da contorna.
Ḍad (ض): O seu son é unha d enfática. É na súa forma igual á letra anterior pero cun punto encima. A lingua árabe chamouse a lingua da Ḍad, pois tradicionalmente pensouse que este son era exclusivo do árabe, aínda que en realidade dáse tamén noutras linguas pouco coñecidas.
Ṭa' (ط): O seu son é unha t enfática absolutamente xorda. Só ten unha forma.
Ẓa' (ظ): O seu son é unha d fricativa enfática ou ben s sonora enfática; este son desapareceu da maioría dos dialectos falados actuais. É un fonema interdental que se realiza colocando a lingua entre os dentes e pronunciando unha d, pero ademais facéndoa enfática. É na súa forma igual á letra anterior, pero cun punto encima. Nos dialectos do Magreb adoita pronunciarse como a ḍad.
ʿayn (ع): Non ten equivalente en galego. É un son fricativo farínxeo sonoro producido por constrinximento da farinxe.
Ġayn (غ): Non existe este son en galego, pois aínda que é un son parecido á g en esgotado, é moito máis forte (fricativo e non aproximante). Parécese á r gutural francesa. Ten igual forma que a letra anterior pero cun punto encima.
Fa' (ف): Soa como f. Represéntase cun pequeno anel cun punto encima, cun trazo final cara a adiante para a posición final ou illada. No Magreb aínda se poden atopar en escritos do século XIX e XX a letra fa' co punto debaixo da letra ( ڥ ) representando o signo ﻒ a qaf.
Qaf (ق): Poderíase aproximar a unha k en español pronunciada na úvula. A súa escritura é igual á anterior, con dous puntos en lugar dun, agás polo trazo final cando o ten, que se fai por baixo da liña. En moitos dialectos pronúnciase co son do ataque vocal oclusivo da hamza, e noutros como unha qaf sonora [ɢ] ou unha g oclusiva [g].
Kaf (ك): Son de c en casa ou k en quilo. Ten dúas formas distintas opcionais cando está en posición final.
Lam (ل): Representa o son l. Escríbese como un trazo vertical, e diferénciase da álif en que a lam si se une coa seguinte. Cando a segue unha álif, forma obrigatoriamente a ligadura لا, denominada lam-álif.
Nun (ن): Son n. En principio e interior de palabra escríbese como o grupo da ba, ta' e ṯa', diferenciándose só por ter un punto encima; en cambio as formas final e illada saen por baixo da liña.
Ha' (ه): Son aspirado suave, como a pronuncia de j das rexións do sur de España e na zona caribeña, ou a h aspirada inglesa e alemá. As súas formas segundo sexa inicial, media, final ou illada son notablemente distintas. Xunto cos dous puntos da ta' forma a tāʾ marbūṭa (ة), que en árabe xeralmente indica o xénero feminino.
Waw (و): Só ten unha forma e non se une coa letra seguinte. Como consoante representa unha semivocal como a o en óso; pode servir para denotar unha vocal o longa ou de soporte para a hamza.
Xa' (ي): Escríbese como ba, ta', ṯa' e nun en posición inicial e interior, pero ten forma propia se é illada ou final. Como consoante representa unha semiconsonante como a i en tierra no español; como vogal, denota i longa, ou pode servir como soporte para a hamza. Posúe a variante ى, que se chama álif maqsura e utilízase como terminación; pronúnciase entón como unha a longa.
Grafemas auxiliares
Hamza (ء): é un grafema auxiliar do alfabeto árabe, híbrido entre letra e diacrítico; denota o que se denomina un 'ataque vocálico' ou un 'alto glotal', un son glotal oclusivo similar ao que poden facer os españois ao dicir "mira a Ana", se queremos separar os sons a entre as tres palabras para que se entenda ben. Esas pequenas pausas son golpes glotais similares á hamza. Dependendo da súa situación na palabra, aparecerá sen soporte, ou montada sobre unha álif unha waw ou unha ya'. En árabe falado adoita desaparecer.[4]
Shádda ( ّ ): indica a xeminación ou cantidade longa da consoante sobre a que vai escrito.[4]
Tanwin ( ً ٍ ٌ ): consiste na adición dunha nun final a un substantivo ou adxectivo que xeralmente indica que é totalmente declinable e sintácticamente indeterminado. Con todo, certos nomes propios, que son semánticamente substantivos definidos, parten de substantivos orixinalmente indeterminados e polo tanto conservan a nunación. Ex..: مُحَمَّدٌ, Muḥammadun, «Maḥoma».[4]
Vogais breves:
Fatḥah ⟨فَتْحَة⟩ : é unha pequena liña diagonal posta sobre unha letra, e representa unha vogal curta e baixa, similar a [a]. A palabra fatḥah significa abertura e refírese á maior apertura da boca ao producir esta vocal. Exemplo coa consoante dāl: ⟨دَ⟩ /da/.
Kasrah ⟨كَسْرَة⟩ : é unha liña diagonal similar á fatḥah pero situada baixo a letra no canto de sobre ela. A palabra kasrah significa ruptura. Este signo representa unha vogal curta, anterior e alta, similar a [i]. Exemplo coa consoante dāl: ⟨دِ⟩ /di/.
Ḍammah ⟨ضَمَّة⟩ : é un pequeno diacrítico en forma de lazo similar á letra wāw, posto encima dunha letra; representa unha vogal curta, posterior e alta, similar a [u]. Exemplo coa consoante dāl: ⟨دُ⟩ /du/.
Grafías especiais
Lam-alif (لا): ligadura formada por lam seguida de alif.[4] Se nunha palabra aparecen esas dúas letras nesa orde, é obrigatorio representalas con ligadura.
tāʾ marbūṭa (ة): é unha variante da letra ta' que só se utiliza ao final das palabras, denotando xeralmente a terminación de feminino. En árabe moderno representa o son final /-a/ e, cando está en estado construto, /-at/.[4]
alif maqṣūra (ى): variante da alif que aparece en certas palabras, sempre ao final.
alif madda (آ): equivale a unha alif con hamza pero representa unha vogal longa e non curta.
Proposta de reforma da escritura
En calquera caso, a lectura esixe certo grao de comprensión do texto e de coñecemento da gramática. Por esta razón, un reducido grupo de académicos propuxo nos anos 1920 adoptar o alfabeto latino, tal e como fixera Turquía, argumentando que "outros pobos len para comprender; nós debemos comprender para poder ler". Este foi reincorporado oficialmente polo goberno turco no ano 2014, pero só para o ámbito confesional. A proposta desestimouse, pero permaneceu aberto o debate de ata que punto este sistema de escritura dificultaba a alfabetización. Hoxe en día téndese máis a pensar que os problemas de alfabetización son ante todo económicos e políticos, xa que non parece presentar ningunha dificultade en Israel, que ten un sistema de escritura similar, nin en países como China ou Xapón, sempre que se conte cos medios e a vontade política necesarios de cada individuo.
Numerais arábigos
Hai dúas clases de numerais arábigos; os numerais arábigos estándar e os numerais orientais, usados na escritura arábiga en Irán, Paquistán e a India. En Árabe, eses números son chamados "números hindús" (أرقام هندية). Hoxe en día nos países do Norte de África utilízanse habitualmente os numerais arábigos occidentais; porén nos tempos medievais a utilizábanse uns numerais lixeiramente diferentes (dos cales, a través de Italia, derivan os números usados en Occidente).
↑Elisa Batalha. "Alguns Alfabetos". Invivo. Consultado o 23 de maio do 2023.
↑ 4,04,14,24,34,44,5Corrente, Federico (1980). "Lección 3.ª: Grafonomía". Gramática árabe. Madrid: Instituto hispano-árabe de cultura. Ministerio de Cultura. pp. 41–51. ISBN84-7472-017-6.
This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Television in Puerto Rico – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2022) During the 1950s the impending arrival of television created public expectation in Puerto Rico, even influencing other entertainment mediums in the form of a song....
Agrana Beteiligungs-AGTipo negocioISIN AT0000603709Industria Industria alimentariaForma legal AktiengesellschaftFundación 1988Sede central Viena, Austria Personas clave Johann Marihart, CEOProductos AzúcarAlmidónPreparado de frutasJugo concentradoIngresos € 1.99 mil millones (2010)[1]Empleados 7,927 (2010)Filiales Moravskoslezské cukrovaryAustria Juice (fr)Sitio web www.agrana.com[editar datos en Wikidata] Agrana es una compañía de alimentos fundada en Austria que pro...
Primeval characters: Top A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z References External links The main characters of Primeval (Series 5)(l-r) Captain Becker, Jess Parker, Matt Anderson, Abby Maitland and Connor Temple This is a list of characters in the ITV science fiction television series Primeval, including supporting characters. The series originally features a cast of five main characters plus supporting cast who investigate time anomalies for the British government. T...
1995 studio album by Susumu HirasawaSim CityStudio album by Susumu HirasawaReleasedAugust 2, 1995 (1995-08-02)RecordedAugust 1994 – March 1995Studio Various Landmark Studio, Minato Mirai 21, Yokohama, KanagawaWoodstock Studio, Karuizawa, Kitasaku, NaganoCenter Stage Recording, BangkokWire Self Studio, Yoyogi, Shibuya, TokyoTokyu Fun Digital Mastering Room (mast.), Dōgenzaka, Shibuya, Tokyo GenreElectronicanew-ageprogressivetechno-popworldLength49:49LanguageJapanese, ...
1940 American filmFugitive from a Prison CampTheatrical film posterDirected byLewis D. CollinsWritten byAlbert DeMondStanley RobertsProduced byLarry DarmourStarringJack HoltMarian MarshRobert BarratCinematographyJames S. Brown Jr.Edited byDwight CaldwellMusic byLee ZahlerProductioncompanyLarry Darmour ProductionsDistributed byColumbia PicturesRelease date October 5, 1940 (1940-10-05) Running time59 minutesCountryUnited StatesLanguageEnglish Fugitive from a Prison Camp is a 1940...
Goa Sakti Goa Sakti Lokasi di Indonesia Informasi Lokasi Jepara. Negara indonesia Koordinat 6°07′36″S 110°24′00″E / 6.1268°S 110.400°E / -6.1268; 110.400Koordinat: 6°07′36″S 110°24′00″E / 6.1268°S 110.400°E / -6.1268; 110.400 Pengelola Pemdes Plajan Jenis objek wisata Goa Gaya Alami Goa Sakti adalah gua yang terdapat di Desa Plajan. Goa Sakti[1] ini di sebabkan oleh aktivitas alami pada tanah yang kemudian m...
Département de la Haute-Garonne. La liste des cavités naturelles les plus profondes de la Haute-Garonne recense, sous forme de tableau(x), les cavités souterraines naturelles connues dans ce département français, dont le dénivelé est supérieur ou égal à cent mètres. La communauté spéléologique considère qu'une cavité souterraine naturelle n'existe vraiment qu'à partir du moment où elle est « inventée » c'est-à-dire découverte (ou redécouverte), inve...
Royal Navy training establishment This article is about the former naval college. For the world heritage site, see Old Royal Naval College. Royal Naval College, GreenwichRoyal Naval College, GreenwichActive1873–1998Country United KingdomBranch Royal NavyTypeTrainingRoleHigher officer trainingGarrison/HQGreenwich, London, UKNickname(s)RNCMotto(s)Tam Minerva Quam Marte (By Wisdom as much as by War)[1]Military unit The Royal Naval College, Greenwich, was a Royal Navy training...
Marvel Comics fictional character Comics character AnnihilusAnnihilus as depicted in Annihilation #1 (October 2006). Art by Gabriele Dell'Otto.Publication informationPublisherMarvel ComicsFirst appearanceFantastic Four Annual #6 (November 1968)Created byStan LeeJack KirbyIn-story informationSpeciesArthrosianPlace of originThe planet Arthros, in Sector 17A of the Negative ZoneTeam affiliationsAnnihilation WavePartnershipsBlastaarNotable aliasesLord of the Negative Zone, the Living Death that W...
1967–68 Challenge CupDuration5 RoundsNumber of teams32Winners LeedsRunners-up Wakefield TrinityLance Todd Trophy Don Fox ← 1966–67 1968–69 → The 1967–68 Challenge Cup was the 67th staging of rugby league's oldest knockout competition, the Challenge Cup. The final was contested by Leeds and Wakefield Trinity at Wembley, with Leeds winning 11–10. First round All 30 professional clubs entered the first round of the Challenge Cup, plus two amateur teams – Hull BOCM, and ...
Cross-border cultural region in Northern Europe This article is about the cross-border cultural region. For other uses, see Frisia (disambiguation) and Friesland (disambiguation). FrisiaLocation of Frisia in the northern Netherlands and northwestern GermanyLargest cityLeeuwardenRegional languagesDutchGermanLow SaxonNorth FrisianSaterland FrisianWest FrisianDialectsFriso-SaxonSouthern JutlandicStadsfriesWest Frisian DutchDemonym(s)FrisianIntegrated parts of Germany and the Netherlands with var...
Local government in India This article is part of a series on thePolitics of India Union Government Constitution of India Law Human rights Taxation Law enforcement Indian criminal law Indian Penal Code Code of Criminal Procedure Executive President of India Droupadi Murmu Vice President of India Jagdeep Dhankhar Prime Minister of India Narendra Modi (BJP) Cabinet secretary Union Council of Ministers Government agencies LegislatureParliament of India Lok Sabha Speaker Om Birla (BJP) Deputy Spe...
1985 Canadian filmHoneymoonDirected byPatrick JamainWritten byPatrick JamainPhilippe Setbon (screenplay & story)Produced byXavier GélinRené MaloCinematographyDaniel DiotEdited byRobert RongierMusic byRobert CharleboisDistributed byMalofilm Home Video (1986) (Canada)Release date 1985 (1985) Running time101 minutes (Canada)98 minutes (U.S.)CountriesCanadaFranceLanguagesEnglishFrench Honeymoon (French: Lune de miel) is a 1985 Franco-Canadian thriller, directed by Patrick Jamain and st...
In 2015 a racial controversy developed in the United Kingdom surrounding the activities of Bahar Mustafa, a representative for Goldsmiths Students' Union. The incident resulted in media and academic discussions regarding race relations and the impact of police investigations on free speech. A Londoner of Turkish Cypriot ancestry, Mustafa worked as the welfare and diversity officer of Goldsmiths Students' Union and was a self-described feminist and anti-racist activist. In early 2015 she organ...
Questa voce sull'argomento slittinisti è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Roland Urban Nazionalità Cecoslovacchia Slittino Specialità Singolo Modifica dati su Wikidata · Manuale Roland Urban (Smržovka, 29 marzo 1940 – Smržovka, 26 febbraio 2011[1]) è stato uno slittinista cecoslovacco, dal 1993 ceco. Partecipazioni olimpiche Competizione Pos. Data Città Singolo DNF 4 febbraio 1964 Innsbruck Doppio 12ª 5 ...
Turkish basketball player Kaya PekerPeker with Fenerbahçe, in 2012.Personal informationBorn (1980-08-02) August 2, 1980 (age 43)Ankara, TurkeyNationalityTurkishListed height6 ft 10 in (2.08 m)Listed weight245 lb (111 kg)Career informationPlaying career1996–2019PositionCenterNumber14Career history1996–2000Pınar Karşıyaka2000–2006Efes Pilsen2006–2007TAU Ceramica2007–2008Beşiktaş Cola Turka2008–2010Efes Pilsen2010–2013Fenerbahçe2013–2014Trabzo...
Mexican actor of films and television The topic of this article may not meet Wikipedia's notability guideline for biographies. Please help to demonstrate the notability of the topic by citing reliable secondary sources that are independent of the topic and provide significant coverage of it beyond a mere trivial mention. If notability cannot be shown, the article is likely to be merged, redirected, or deleted.Find sources: Humberto Castro actor – news · newspapers&...