O primeiro alfabetoarameo estaba baseado no alfabeto fenicio. Progresivamente, o arameo desenvolveu o seu propio estilo de escritura máis «cadrada». Os antigos israelitas e outro pobos de Canaán utilizaron este alfabeto para escribiren as súas propias linguas. Co tempo converteuse no que hoxe coñecemos como alfabeto hebreo
A outra principal escritura do arameo desenvolveuse máis tarde: trátase do alfabeto siríaco (no que está escrito o libro da foto).
Unha versión moi modificada do alfabeto arameo, o alfabeto mandeo, foi empregada polos mandeos.
Ademais destas escrituras, usábanse moitas variantes deste alfabeto: o Nabateo en Petra, o Palmireno en Palmira.