Os XIII Xogos Olímpicos de Inverno celebráronse en Lake Placid, Nova York (Estados Unidos). Foi a segunda vez que Lake Placid albergou os Xogos Olímpicos de Inverno, tras os Xogos de 1932.
O proceso de selección tivo lugar na 75º Sesión do Comité Olímpico Internacional que tivo lugar en Viena o 13 de outubro de 1974.[1]
Do 30 de xaneiro ao 13 de febreiro, 52 relevistas levaron o facho olímpico nun percorrido de 12.824 km que comezou na cidade grega de Olimpia - Atenas e tras unha escala en Shannon (Irlanda) pasou aos Estados Unidos, país no que realizou a seguinte ruta:
Langley - Washington - Baltimore - Filadelfia - Nova York - Albany - Lake Placid[2]
Os países que participaron nos XIII Xogos Olímpicos de Inverno son os seguintes: