A Wikipedia en inglés simple, como o propio nome xa di, usa a lingua inglesa na súa forma máis simple e accesíbel ao usuario que non ten esa lingua como lingua nai. Os artigos da Wikipedia en inglés simple poden ser usados para axudar en tarefas escolares ou soamente para o desfrute de aprender sobre novas ideas. Wikipedistas con pouco coñecemento do inglés tamén poden traducir a partir dos artigos dela.
Esta versión da enciclopedia contén 262.231 artigos e 1.538.590 usuarios, dos cales 1.585 son activos.[1]
Características
Artigos da Wikipedia en inglés simple conteñen menos palabras e gramática máis doada que a Wikipedia en inglés común. A Wikipedia en inglés simple serve para persoas con diferentes necesidades, como estudantes, nenos, adultos con dificultade de aprendizaxe e estudantes de inglés. Outras persoas empregan esta Wikipedia porque a súa linguaxe simple lles axuda a comprender ideas científicas ou complexas.
Cando a Wikipedia en inglés simplificado comezou, a Wikipedia en inglés común xa tiña 150.000 artigos, e sete Wikipedias noutras linguas tiñan cada unha máis de 15.000 artigos. Xa que as outras Wikipedias teñen actualmente tantos artigos, a maior parte dos artigos en inglés simplificado están traducidos doutras Wikipedias, é dicir, dificilmente son creados novos artigos para esta Wikipedia.
Cronoloxía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
+ 6.000.000 | |
---|
+ 2.000.000 | |
---|
+ 1.000.000 | |
---|
+ 500.000 | |
---|
+ 200.000 | |
---|
+ 100.000 | |
---|
+ 50.000 | |
---|
+ 10.000 | |
---|
+ 1.000 | |
---|
+ 100 | |
---|
Pechadas | |
---|