Wikipedia en mirandés

Wikipedia en mirandés
Logo da Wikipedia en mirandés.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasMirandés
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento12 de agosto de 2009
Na rede
https://mwl.wikipedia.org/

A Wikipedia en mirandés (en mirandés: Biquipédia an lhéngua mirandesa) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua mirandesa.[1] Foi creada o 12 de agosto de 2009.[2][3]

Esta versión da enciclopedia contén 4.265 artigos e 14.035 usuarios, dos cales 17 son activos.[4]

Historia

A enciclopedia Wikipedia en mirandés foi creada polo colaboración de Cristóvão Pires e Amadeu Ferreira. Esta enciclopedia está considerada como unha ferramenta para a difusión do mirandés,[5] unha lingua que só falan unhas dez mil persoas. O mirandés, do mesmo xeito que o asturiano, pertencen ao mesmo grupo lingüístico asturleonés, mais o mirandés ten unha grafía específica, de aí o interese para os falantes de mirandés de ter a súa propia edición de Wikipedia.

Notas

  1. Fundación Wikimedia (ed.). "Lista de Wikipédias". Wikimedia Meta-Wiki. Consultado o 12 de maio de 2017. 
  2. Fundación Wikimedia (ed.). "Incubator:Site creation log". Wikimedia Incubator (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2017. 
  3. Jornal Nordeste, ed. (10 de novembro de 2009). "La Biquipedia an Mirandes ya sta an linha" (en mirandés). 
  4. All Wikipedias ordered by number of articles
  5. EFE, ed. (9 de febreiro de 2015). "A língua mirandesa reinventa-se e salta da aldeia à rede". Lisboa. Consultado o 12 de maio de 2017. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!