A Wikipedia en wayuu (en wayuu: Wikipeetia Wayuunaikiru'u) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua wayuu. Foi creada o 27 de febreiro de 2023. O proxecto Wikipedia en wayuu estivo na Incubadora de Wikimedia dende 2008 e foi desenvolvido por activistas, profesores e líderes do pobo wayuu co apoio da Rede Wayuu Dixital.[1][2]
Esta versión da enciclopedia contén 611 artigos e 1.790 usuarios, dos cales 33 son activos.[3]