14 de outubro
O 14 de outubro é o 287º día do ano do calendario gregoriano (288ºnos anos bisestos ). Quedan 78 días para finalizar o ano .
Acontecementos
1066 - Batalla de Hastings en Inglaterra , Guillerme I de Inglaterra (alcumado "O Conquistador") é o último invasor que invadirá con éxito Inglaterra. Converterase en rei dous meses despois, o día de Nadal.
1322 - Batalla de Old Byland no curso das guerras de independencia de Escocia (Escocia ), Roberto I Bruce derrota en Yorkshire ao rei Eduardo II de Inglaterra , forzándoo a aceptar a independencia de Escocia .
1486 - Boabdil regresa a Granada e, no Albaicín , é coroado rei por segunda vez.
1582 - En Roma , o papa Gregorio XIII decreta o calendario gregoriano en substitución do calendario xuliano ; a noite do xoves 4 de outubro deu paso ao venres 15 de outubro , polo que o 14 de outubro de 1582 nunca existiu en Italia, Polonia, Portugal e España.
1586 - María I de Escocia é encarcerada por conspirar contra Sabela I de Inglaterra .
1651 - En España , o río Segura sofre a ríada de San Calisto; en Murcia alcanza 1700 m3 /s e cáusalle a morte a máis de mil persoas.
1656 - O estado de Massachusetts , en mans dos puritanos, presenta a primeira lexislación punitiva contra a Sociedade Relixiosa dos Amigos (cuáqueros) considerándoos apóstatas e politicamente subversivos debido a que carecían de rituais.
1687 - No Perú , un gran maremoto destrúe parte de Lima e Callao .
1707 - Na guerra de sucesión española , as tropas borbónicas asaltan Lleida e atacan á poboación civil.
1758 - No marco da guerra dos Sete Anos , Austria derrota a Prusia na batalla de Hochkirch .
1773 - En Polonia créase o primeiro Ministerio de Educación, o Komisja Edukacji Narodowej (Comisión de Educación Nacional, en polaco ).
1773 - En Anápolis , Maryland , no marco da guerra de independencia estadounidense , os estadounidenses queiman un barco británico de carga da East India Company.
1780 - Nas illas Antillas (mar Caribe ) é o quinto día do Gran Furacán de 1780 , o primeiro furacán con maior número de vítimas mortais dos que se teñen datos (22 000 mortes directas, 27 000 mortes totais). Durará até o 16 de outubro.
1789 - En EUAN, George Washington proclama o primeiro Día de Acción de Grazas .
1806 - Prodúcense as batallas de Jena e a de Auerstädt ; en ambas, os exércitos de Napoleón derrotan aos prusianos .
1813 - En Caracas , o militar Simón Bolívar é proclamado como Libertador, ao finalizar exitosamente a campaña admirable .
1905 - Fúndase o Sevilla Fútbol Club .
1931 - Apróbase a Constitución da Segunda República Española
1947 - Nos Estados Unidos, Charles Elwood Yeager atravesa a barreira do son por primeira vez.
1957 - Gran riada de Valencia , debida ao desbordamento do río Turia , que alcanza 3700 m3 /s, o caudal rexistrado máis alto desde que se teñen datos. As inundacións tamén afectan ao río Palancia .
1960 - A URSS lanza a sonda Marsnik 1960B , propulsada por un foguete que fallou, espetándose contra a Terra.
1962 - Crise dos mísiles de Cuba .
1964 - O estadounidense Martin Luther King recibe o Premio Nobel da Paz .
1981 - En Exipto , o vicepresidente Hosni Mubarak accede á presidencia tras o asasinato do presidente Anwar el-Sadat .
2001 - Na Arxentina celébranse eleccións lexislativas. O voto en branco («voto bronca») logra porcentaxes destacadas.
2004 - En Camboxa , despois da abdicación do rei, o Consello do Trono escolle a Norodom Sihamoní como novo rei.
2005 - A petición do fiscal Luis Moreno Ocampo , a Corte Penal Internacional emite as primeiras ordes internacionais de busca e captura contra cinco membros do Exército de Resistencia do Señor .
2008 - No Canadá , Stephen Harper é reelixido primeiro ministro do Canadá nunhas eleccións xerais adiantadas, mais sen conseguir a maioría absoluta , o seu partido, o Partido Conservador, obtén o 38% dos sufraxios populares.
2011 : en Guadalaxara , Xalisco inaugúranse os XVI Xogos Panamericanos .
Nacementos
Éamon de Valera
1404 - María de Anjou , raíña consorte francesa.
1499 - Claudia de Francia , dama francesa, raíña consorte entre 1515 e 1524 .
1574 - Ana de Dinamarca , raíña consorte de Escocia (1589 —1619 ) e Inglaterra (1603 —1619).
1630 - Sofía de Wittelsbach , princesa de Escocia e Inglaterra.
1633 - Xacobe II , rei de Inglaterra, Irlanda e Escocia (1685 -1689 ).
1644 - William Penn , inglés fundador da colonia estadounidense de Pensilvania .
1687 - Robert Simson , matemático escocés (m. 1768).
1721 - Pierre Victor de Besenval de Brünstatt , militar suízo.
1784 - Fernando VII , rei de España entre 1813 e 1833.
1789 - Agustín Durán , escritor e erudito español do Romanticismo.
1801 - Joseph-Antoine Ferdinand Plateau , físico belga; definiu o principio da persistencia retiniana.
1811 - Jakob Alberty , escultor alemán.
1845 - Padre Marianito , sacerdote e beato colombiano.
1863 - Pedro Sáenz , pintor español.
1873 - Jules Rimet , dirixente deportivo francés, presidente da FIFA entre 1921 e 1954 (m. 1956 ).
1873 - José Serrano , compositor español de zarzuelas.
1882 - Éamon de Valera , político independentista irlandés.
1888 - Katherine Mansfield , escritora neozelandesa.
1890 - Dwight David Eisenhower , militar e político estadounidense, 34.º presidente entre 1953 e 1961 .
1892 - Heinrich Lübke , político alemán.
1893 - Lillian Gish , actriz estadounidense.
1895 - Mariano Barberán , militar español.
1897 - Rafael de Nogales Méndez , mercenario e escritor venezolano.
1900 - William Edwards Deming , estatístico, profesor e escritor estadounidense, difusor do concepto de «calidade total».
1902 - Learco Guerra , «a Locomotora Humana», ciclista italiano.
1906 - Hannah Arendt , teórica política alemá.
1906 - Hasan al-Banna , islamista exipcio, fundador da Organización dos Irmáns Musulmáns de Exipto.
1907 - Aniela Wolberg , anarquista polaca (m. 1937 ).
1909 - Bernd Rosemeyer , piloto deportivo alemán.
1914 - Raymond Davis Jr. , físico estadounidense, gañador do Premio Nobel de Física no 2002 .
1917 - Ahmad Ismail Ali , militar exipcio.
1919 - Mary Carrillo , actriz española (m. 2009 ).
1927 - Roger Moore , actor británico.
1927 - Enrique Lafourcade , escritor chileno.
1929 - Baldomero Cores Trasmonte , avogado, xornalista, sociólogo e escritor galego.
1930 - Schafik Handal , político salvadoreño (m. 2006 ).
1930 - Mobutu Sese Seko , presidente de Zaire entre 1965 e 1997 .
1931 - Rafael Puyana , clavecinista colombiano.
1931 - Federico Kirbus , xornalista, escritor e investigador arxentino.
1932 - Wolf Vostell , artista alemán.
1939 - Ralph Lauren , deseñador de moda estadounidense.
1940 - Cliff Richard , cantante británico de rock.
1942 - Manuel Herrera , cineasta cubano.
1943 - Farruco Sesto Novás , político e escritor galego.
1945 - Tom Silverio , beisbolista dominicano. (m. 2011 )
1946 - Hilda González de Duhalde , Chiche , política arxentina.
1946 - Justin Hayward , guitarrista, cantante e compositor inglés (The Moody Blues ).
1946 - Joey de León , actor e cantante filipino.
1946 - Craig Venter , biólogo estadounidense.
1947 - Juan del Río Martín , arcebispo castrense español.
1949 - Katha Pollitt , escritora estadounidense.
1952 - Nikolai Andrianov , ximnasta ruso.
1954 - Mordejái Vanunu , técnico nuclear israelí.
1958 - Thomas Dolby , músico inglés.
1960 - Steve Cram , atleta británico.
1962 - Mauricio Cravotto , arquitecto uruguaio.
1963 - Lori Petty , actriz estadounidense.
1963 - Alessandro Safina , cantante e tenor italiano.
1964 - Martha Moyano , enfermeira e política peruana.
1964 - Begoña Caamaño , xornalista e escritora galega.
1964 - Pere Ponce , actor español.
1965 - Steve Coogan , actor británico.
1965 - Karyn White , cantante estadounidense.
1967 - Gérald De Palmas , cantante francés.
1968 - María Lucía Fernández , periodista e presentadora de televisión colombiana.
1968 - Matthew Le Tissier , futbolista inglés.
1969 - P.J. Brown , baloncestista estadounidense.
1969 - David Strickland , actor estadounidense.
1970 - Jon Seda , actor portorriqueño.
1971 - Jorge Costa , futbolista portugués.
1971 - Bernardo de la Garza , político mexicano.
1971 - Antonios Nikopolidis , futbolista grego.
1972 - Miguel Ángel Martín Perdiguero , ciclista español.
1973 - Luca Pancallo , inventor italiano, creador inicial do videoxogo Planeshift.
1974 - Natalie Maines , cantante e compositora estadounidense (Dixie Chicks ).
1974 - Carlos Alejandro Sierra Fumero , futbolista español.
1975 - Floyd Landis , ciclista estadounidense.
1975 - Alberto Lema , escritor galego.
1975 - Shaznay Lewis , cantante e compositora británica do grupo musical All Saints .
1975 - Iván Parra , ciclista colombiano.
1976 - Jordi Cruz , presentador español.
1977 - Bianca Beauchamp , modelo estadounidense.
1977 - Noelia Rodríguez , poeta galega.
1978 - Usher , cantante e actor estadounidense.
1979 - Stacy Keibler , loitadora profesional estadounidense.
1980 - Paul Ambrosi , futbolista ecuatoriano.
1980 - Ben Whishaw , actor inglés.
1981 - Carolina Ruiz Castillo , esquiadora española.
1982 - Joe Keenan , futbolista inglés.
1985 - Gustavo Cabral , futbolista arxentino.
1985 - Digão , futbolista brasileiro.
1985 - Sherlyn González , actriz mexicana.
1985 - Alexandre Negrão , piloto brasileiro de GP2.
1991 - Andrea Duro , actriz española.
Mortes
Garcilaso de la Vega.
Ramón Suárez Picallo.
962 - Gerloc (Adela de Normandía ), nobre normanda.
1066 - Harold II , último rei saxón de Inglaterra (1066 ).
1536 - Garcilaso de la Vega , poeta español.
1568 - Jacques Arcadelt , compositor franco-flamengo do Renacemento.
1833 - Santos Ladrón de Cegama , militar español.
1846 - Paul Thiébault , militar francés.
1875 - Albert Jacquemart , ceramista francés.
1944 - Erwin Rommel , militar alemán.
1959 - Errol Flynn , actor estadounidense.
1964 - Ramón Suárez Picallo , político galego .
1966 - Vicente Rojo Lluch , xeneral español.
1967 - Marcel Aymé , escritor francés.
1977 - Bing Crosby , actor e cantante estadounidense.
1983 - Jesús de la Rosa Luque , cantante español (Triana, grupo andaluz de rock).
1981 - Amando Suárez Couto , pintor galego (n. 1894).
1984 - Martin Ryle , astrónomo británico, Premio Nobel de Física en 1974 .
1985 - Emil Gilels , pianista soviético.
1990 - Leonard Bernstein , director de orquestra, pianista e compositor estadounidense.
1997 - Harold Robbins , novelista estadounidense.
1998 - Cleveland Amory , escritor estadounidense.
1999 - Julius Nyerere , político tanzano, presidente da Tanganica independente entre 1962 e 1964 , e de Tanzania entre 1964 e 1985 .
1999 - Grim , batería que participou nos grupos Gorgoroth e Immortal .
2001 - David Kellogg Lewis , filósofo estadounidense.
2003 - Mohammed Basri , político marroquí.
2004 - Juan Francisco Fresno , arcebispo e cardeal chileno.
2004 - Ivan Šamiakin , escritor bielorruso.
2006 - Freddy Fender , cantante estadounidense de ascendencia mexicana.
2010 - Benoît Mandelbrot , matemático franco-estadounidense de orixe polaca (n. 1924 ).[ 1]
2014 - Alejandrino Fernández Barreiro , avogado e político galego (n. 1943).
2019 - Harold Bloom , crítico e teórico literario estadounidense (n. 1930).
Festas e celebracións
Outros
Os 366 días do ano
Notas