Robert Simson

Modelo:BiografíaRobert Simson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1687 Editar o valor en Wikidata
West Kilbride (Reino de Escocia) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de outubro de 1768 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Glasgow (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRamshorn Cemetery, Glasgow (en) Traducir 55°51′35″N 4°14′42″O / 55.8597, -4.245 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Glasgow (1702–1710) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático, historiador das matemáticas, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Glasgow (1711–1761) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoColin Maclaurin (pt) Traducir e Matthew Stewart (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1570698 Find a Grave: 218101326 Editar o valor en Wikidata

Robert Simson, nado en West Kilbrade o 14 de outubro de 1687 e finado en Glasgow o 1 de outubro de 1768, foi un xeómetra escocés, profesor de matemáticas na Universidade de Glasgow. A recta pedal dun triángulo é ás veces denominada "recta de Simson" na súa honra.[1]

Traxectoria

Primoxénito de John Simson de Kirktonhall, West Kilbride en Ayrshire, Robert Simson estaba destinado a incorporarse á Igrexa, pero a súa mente estaba orientada cara ás matemáticas. Educouse na Universidade de Glasgow, onde obtivo a súa mestría.

Cando se lle abriu a posibilidade de optar á cátedra de matemáticas na Universidade de Glasgow, Simson trasladouse a Londres durante un ano para ampliar os seus estudos. Regresou a Glasgow, e en 1711 accedeu ao cargo de profesor de matemáticas da universidade, posto que mantivo até 1761.[2]

Traballos

Opera quaedam reliqua, 1776
Monumento memorial dedicado a Robert Simson no cemiterio de West Kilbride. Nunha placa pódese ler: "Ao Dr. Robert Simson da Universidade de Glasgow, o Restaurador da Xeometría Grega; e polos seus traballos, o gran promotor do seu estudo nas Escolas. Nativo desta Parroquia."

As contribucións de Simson ao coñecemento matemático tomaron a forma de comentarios e edicións críticas sobre os traballos dos xeómetras antigos. O primeiro dos seus escritos publicados foi un artigo sobre os "Porismos" de Euclides, incluído nas Transaccións Filosóficas.[3]

Ese traballo foi seguido pola obra titulada Sectionum conicarum libri V (Edimburgo, 1735), cuxa segunda edición con adicións apareceu en 1750. Os primeiros tres libros deste tratado traducíronse do latín ao inglés, reeditándose varias veces como Os Elementos das Seccións Cónicas. En 1749 publicouse Apollonii Pergaei locorum planorum libri II, unha recreación do tratado perdido de Apolonio, baseándose nos lemas contidos no sétimo libro da Colección Matemática de Pappus.

En 1756 publicou a primeira edición en latín e en inglés dos Elementos de Euclides. Este traballo (que só contiña os seis primeiros libros, o undécimo e o duodécimo), pasou a ser durante moito tempo a referencia do texto de Euclides en Inglaterra.

Tras a morte de Simson, os seus principais traballos foron publicados en 1776 por Earl Stanhope, incluídos nun volume recompilatorio titulado Roberti Simson opera quaedam reliqua. O volume contén tamén disertacións sobre Logaritmos e sobre os Límites de Cantidades e Proporcións, así como uns cantos problemas ilustrando a análise xeométrica antiga.

Notas

  1. Robert Simson Arquivado 01 de xullo de 2020 en Wayback Machine.. University of Glasgow (multi-tab page)
  2.  "Simson, Robert". Dictionary of National Biography (en inglés). Londres: Smith, Elder & Co. 1885–1900. OCLC 2763972. .
  3. (1723, vol. xl. p. 330)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!