Un homme et une femme é un filme francés de 1966 escrito e dirixido por Claude Lelouch e protagonizado por Anouk Aimée e Jean-Louis Trintignant. Escrito por Lelouch e Pierre Uytterhoeven, o filme conta a historia dunha viúva e un viúvo que se coñecen por casualidade no colexio dos seus fillos e cuxa relación incipiente é complicada por mor das lembranzas das súas parellas mortas.[2] O filme salienta pola súa exuberante fotografía, con frecuentes secuencias entre imaxe en cor, branco e negro e sepia, e pola banda sonora composta por Francis Lai.
Un homme et une femme vendeu un total de 4 272 000 entradas nos cinemas de France e foi o sexto filme con maior recadación dese ano.[3] Nos Estados Unidos, o filme recadou 14 000 000 dólares.[1] O filme gañou varios premios, incluíndo a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1966,[4] dous Globos de Ouro ó mellor filme en lingua estranxeira e mellor actriz dramática (para Aimée), e dous Premios Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.[5][6] Unha secuela, Un Homme et une Femme, 20 Ans Déjà foi estreada en 1986, seguida por Les Plus Belles Années d'une vie, que se estreou no ano 2019.
Sinopse
O piloto de carreiras Jean-Louis Duroc e Anne Gauthier, dous viúvos recentes, encóntranse por casualidade cando visitan os seus respectivos fillos nun internado e iso repítese todas as fins de semana. Un día, Anne perde o tren e Jean-Louis ofrécelle levala de volta a París; acaban converténdose en amigos íntimos e finalmente apaixonados, mais notan que as lembranzas dos cónxuxes falecidos aínda son moi fortes.
Personaxes
- Anouk Aimée como Anne Gauthier
- Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Duroc
- Pierre Barouh como Pierre Gauthier
- Valérie Lagrange como Valerie Duroc
- Antoine Sire como Antoine Duroc
- Souad Amidou como Françoise Gauthier
- Henri Chemin como copiloto de Jean Louis
- Yane Barry como amante de Jean Louis
- Paul Le Person como empregado da gasolineira
- Simone Paris como amante principal
- Gerard Sire como comentarista de radio
- Gérard Larrousse como condutor de rally
- Jean Collomb como o servidor
- Clive Roberts como condutor de rally[7]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1939-1959 | |
---|
1960-1979 | |
---|
1980-1999 | |
---|
2000-presente | |
---|
|
---|
1947–1955 (Honorífico) | |
---|
1956–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|
|
---|
1948–1960 | | |
---|
1961–1980 | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021– | |
---|