Dersu Uzala. O cazador[1] (en ruso: Дерсу Узала; en xaponés: デルス·ウザーラ, Derusu Uzāra) é un filme soviético-xaponés de 1975 dirixido por Akira Kurosawa. Foi o seu primeiro filme rodado nunha lingua diferente ó xaponés e o único rodado en 70mm.
O filme baséase no libro de memorias de 1923 Dersu Uzala (que toma o seu nome do trampeiro Dersu Uzala) escrito polo explorador ruso Vladimir Arsenyev, e conta a exploración da rexión Sikhote-Alin ó longo de múltiples expedicións a comezos do século XX. Rodado case completamente en escenarios exteriores do arredado leste ruso, o filme conta a historia dun nativo dos bosques que está completamente integrado no seu medio, levando un estilo de vida que será inevitablemente destruído polo avance da civilización. Tamén trata sobre o respecto e a amizade profunda entre dous homes de orixes profundamente diferentes, e sobre a dificultade de afrontar a perda de forza e capacidades que provoca a vellez.
O filme gañou o Óscar de 1976 ó mellor filme en lingua non inglesa,[2] o Premio de Ouro e o Premio FIPRESCI na 9ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova[3] entre outros galardóns. Vendeu arredor de 20,4 millóns de entradas na Unión Soviética e recadou 1,2 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá.[4]
Foi estreado en galego na Televisión de Galicia o 23 de setembro de 2000.[5]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1947–1955 (Honorífico) | |
---|
1956–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|