Jep Gambardella é un xornalista de éxito e escritor dun só libro durante a súa mocidade, aínda que esta a súa ópera prima fora ben valorada. Non escribiu outros libros por preguiza, pola desorde sexual da propia vida mais sobre todo por sentir que na súa vida non había máis nada no que crer nin cousa ningunha que comunicar a outros que eran coma el. O propósito da súa existencia fora converterse non só nun mundano senón no primeiro dos mundanos, non só participar nas festas, senón ter o poder de facelas fracasar. Despois da festa do seu 65 aniversario, pasea polas ruínas e rúas de Roma, encontrándose os diversos personaxes, reflexionando sobre a súa vida, o seu primeiro amor e a sensación de incumprimento.[5][6][7]
A realización do filme comezou en Roma o 9 agosto 2012.[8][9] As escenas ambientadas baixo o mar graváronse a primeiros de setembro na Illa del Giglio, preto do faro de Capel Rosso, visible no filme.[10]
A súa estrea nas salas italianas foi o 21 de maio de 2013, simultaneamente á súa presentación no festival de Cannes; o día seguinte distribuiuse en Francia e en setembro no Reino Unido, recibindo unha ampla aceptación,[11] e mais en novembro nos Estados Unidos. Despois de recibir un Globo de Ouro o filme volveu ás salas cinematográficas italianas o 16 de xaneiro de 2014.[12] e tras lograr o Oscar Canale 5 emitiuno por televisión[13] totalizando 8 861 000 televidentes, o que lle supuxo o 36,11% de share, converténdose no filme máis visto na televisión italiana nos últimos dez anos.[14]
Recepción
A crítica internacional case unanimemente deulle boas críticas ao filme, así o sitio Rotten Tomatoes deu un 92% de aprobación cunha avaliación de 7,8/10 baseada en 100 críticas e certificándoo como "fresco"[15]. En Metacritic conta cunha nota de 86/100 baseado en 29 críticas, afirmando que foi "universalmente aclamada."[16]
↑Boxoffice Media, Llc (15 de novembro de 2013). Boxoffice.com, ed. "BoxOffice® — The Great Beauty". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2014.
↑CBS Interactive (ed.). "The Great Beauty". Metacritic. Consultado o 12 de febreiro de 2014.
↑Collins, Robbie (22 de maio de 2013). "The Great Beauty, review". The Daily Telegraph (Londres). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2013.