Sen novidade na fronte[2] (en alemán: Im Westen nichts Neues) é un filme alemán de 2022 dirixido por Edward Berger. Baséase na novela homónima de 1929 escrita por Erich Maria Remarque. Está protagonizado por Felix Kammerer, Albrecht Schuch, Daniel Brühl, Sebastian Hülk, Aaron Hilmer, Edin Hasanovic e Devid Striesow. Está ambientado nos últimos anos da primeira guerra mundial, e conta a vida dun soldado alemán, Bäumer, quen, despois de alistarse no exército alemán cos seus amigos, atópase en risco ante as realidades da guerra, esnaquizando as primeiras esperanzas de converterse en heroes.
Sen novidade na fronte estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 12 de setembro de 2022. Recibiu 14 nomeamentos na 76ª edición dos BAFTAs (gañando sete premios, incluído mellor filme). En agosto de 2022, anunciouse que foi escollido como candidato de Alemaña para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] sendo finalmente nomeado en 9 categorías, das cales gañou en catro: mellor filme internacional, mellor fotografía, mellor banda sonora orixinal e mellor deseño de produción. Isto inclúe Sen novidade na fronte na lista dos filmes internacionais máis premiados na historia dos Óscars, xunto con Fanny e Alexander (1982), Wò hǔ cáng lóng (2000) e Gisaengchung (2019).[4] O filme recibiu unha ampla aclamación da crítica pola súa fidelidade á mensaxe antibélica do material orixinal.[5]
Estreouse en liña a través de Netflix o 28 de outubro de 2022,[6] onde conta con opción de subtitulado en galego.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
1947–1955 (Honorífico) | |
---|
1956–1975 | |
---|
1976–2000 | |
---|
2001–presente | |
---|
|
---|
Alemaña Occidental | | |
---|
Alemaña Oriental | |
---|
Alemaña | |
---|