The Square é un filme satírico sueco de 2017 dirixido por Ruben Östlund e protagonizado por Claes Bang, Elisabeth Moss, Dominic West e Terry Notary. O filme trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte e foi inspirada en parte por unha instalación que Östlund e o produtor Kalle Boman realizaran.[5]
Christian, director artístico dun museo de arte contemporánea, encárgase dunha exposición titulada "The Square" na que hai unha instalación que fomenta valores humanos e altruístas. Cando contrata unha axencia de relacións públicas para difundir o acontecemento, a publicidade produce malestar no público.