O nacionalismo étnico coreano ou nacionalismo racial coreano,[1] é unha ideoloxía política e unha forma de identidade étnica (ou racial) que está amplamente estendida en Corea do Sur e do Norte.[2][3][4][5] Baséase na crenza da teoría do sangue puro coreano, segundo a cal os coreanos forman unha nación, unha raza e un grupo étnico que comparte unha liñaxe unificada e unha cultura diferenciada.[6] Céntrase na noción do minjok (en coreano: 민족), un termo que foi acuñado no Xapón imperial ("minzoku") a comezos da era Meiji. Minjok foi tradución como "nación", "pobo", "grupo étnico", "raza" e "raza-nación".[7][8][9][10]
Este concepto xurdiu entre os intelectuais coreanos despois do protectorado imposto polos xaponeses no ano 1905,[11] cando os xaponeses tentaban persuadir aos coreanos de que ambas nacións eran parte da mesma liñaxe racial.[12][13] A noción do minjok coreano foi popularizada polo ensaísta e historiador Shin Chaeho na súa obra Doksa sillon (1908), unha historia de Corea dende os tempos míticos de Dangun até a caída de Balhae en 926. Shin retratou o minjok como unha raza belicosa que loitara valentemente para preservar a identidade de Corea, que máis tarde esmorecera e que agora precisaba ser revitalizada.[14] Durante o período de goberno xaponés (1910–1945), esta crenza na unicidade do minjok coreano deu forza aos movementos de resistencia contra os xaponeses e as súas políticas de asimilación.[15]
En contraste co Xapón e Alemaña, onde tales concepcións da nación baseadas na raza foron desacreditadas despois da segunda guerra mundial porque estaban asociadas co ultranacionalismo ou co nazismo,[16] as Coreas do Norte e do Sur posteriores á guerra continuaron a proclamar a súa homoxeneidade étnica e liñaxe pura.[12][17] Na década de 1960, o presidente surcoreano Park Chung-hee fortaleceu esta "ideoloxía de pureza racial" para lexitimar o seu goberno autoritario,[18] mentres que a propaganda oficial en Corea do Norte retratou aos coreanos como "a raza máis limpa."[12][13] Os historiadores coreanos contemporáneos continúan a escribir sobre a "herdanza racial e cultural únicas" da nación.[19] Esta concepción compartida dunha Corea definida racialmente continúa dando forma á política e ás relacións exteriores de Corea,[17] dá aos coreanos un pulo no seu orgullo nacional,[20] e alimenta as esperanzas da reunificación das dúas Coreas.[21]
A pesar das estatísticas que demostran que Corea do Sur está a converterse nunha sociedade cada vez máis multiétnica,[22] a maioría da poboación surcoreana segue identificándose como "un pobo" (coreano: 단일민족; Hanja: 單一民族, danil minjok) unido por unha "liña de sangue" común.[23] Unha renovada énfase na pureza do "sangue" coreano[24] causou tensións, levando a renovados debates sobre o multietnicidade e o racismo tanto en Corea do Sur como no estranxeiro.[22]
En Corea do Sur, o nacionalismo racial coreano foi descrito como unha especie de relixión civil.[25]
South Koreans do ascribe a relatively higher value to race than do other nations.
Racism is as much, if not more, a problem in South Korea as it is in the United States.
As noted earlier, the word minjok (read as minzoku in Japanese) was a neologism created in Meiji Japan. When Korean (and Chinese and Japanese) nationalists wrote in English in the first half of the twentieth century, the English word they generally utilized for minjok was 'race.'
The word minjok (민족,民族) translates as race.
The idea of racial unity and continuity is embodied in the concept of tanil minjok (pure race), which holds that all Koreans have successfully maintained their "Korean-ness" by fighting off foreign invaders since the formation of the nation in prehistoric times.
Koreans' beloved trope of tanil minjok—'the single ethnic nation'— would soon come into its own (see Shin 1998). The centrality of "blood" has been revived in more current times as well.
The South needs to retire the conventional civic religion here, which is anti-Japanese pan-Korean nationalism in favor of a collective identification of civic principles.