O nacionalismo coreano é unha ideoloxía nacionalista que se desenvolveu no pobo coreano en dous contextos diferentes. O primeiro, abrangue varios movementos ao longo da historia co obxectivo de manter unha identidade cultural, historia e etnia (ou "raza") coreana. Este nacionalismo étnico forxouse principalmente en oposición ás incursións e aos gobernos estranxeiros. O segundo contexto abrangue a maneira na que o nacionalismo coreano cambiou despois da división de Corea en 1945.
O termo "sangue puro" refírese á crenza de que os coreanos son unha raza pura descendente dun único devanceiro. Invocada durante o período de resistencia ao dominio colonial, a idea deulles aos coreanos unha sensación de homoxeneidade étnica e orgullo nacional, e un potencial catalizador de discriminación e prexuízos raciais.
A vertente dominante do nacionalismo en Corea do Sur, tende a ser de natureza romántica (especificamente étnica ou "racial"), no canto de cívica. Esta forma de nacionalismo romántico adoita competir e debilitar a identidade nacional cívica máis formal e estruturada. A falta de nacionalismo (ou patriotismo) baseado no estado de Corea do Sur maniféstase de varias maneiras. Por exemplo, non hai festa nacional que conmemore unicamente ao propio estado.
O nacionalismo étnico romántico en Corea do Norte tamén ten unha forte relevancia, aínda que en contraste con Corea do Sur, o nacionalismo cívico e o nacionalismo étnico non compiten senón que coexisten e se reforzan mutuamente. Isto pódese atribuír á ideoloxía patrocinada polo estado, Juche, que utiliza a identidade étnica para mellorar o poder e o control do Estado.
É probable que o nacionalismo étnico desempeñe un papel importante na unificación das dúas Coreas, se isto ocorre.
Véxase tamén
Bibliografía
Lee, Chong-Sik (1963). The Politics of Korean Nationalism (Berkeley: University of California Press).
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!