O nacionalismo córnico é un movemento cultural, político e social que busca o recoñecemento de Cornualla como unha nación distinta de Inglaterra. O movemento nacionalista córnico baséase en que Cornualla ten unha identidade cultural celta diferente da identidade de Inglaterra, e que o pobo córnico ten unha identidade nacional, cívica e étnica separada do pobo inglés.[1] Segundo esta corrente ideolóxica, Cornualla debería ter garantido un grao de autonomía e ser representada na forma dunha Asemblea Nacional Córnica;[2] Ademais, os nacionalistas alegan que Cornualla é legalmente un ducado con dereito a veto na lexislación de Westminster, e non un simple condado de Inglaterra, que ademais nunca foi formalmente incorporado a Inglaterra a través dunha Acta de Unión, coma no caso galés, escocés e norteirlandés.[3].
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.