O nacionalismo azerí[1] (en azerí: Azərbaycan milliyətçiliyi), tamén coñecido como acerbaixanismo, é un movemento político e cultural que xurdiu entre os intelectuais azerís dentro do Imperio Ruso durante a segunda metade do século XIX. Aínda que nun principio tiña unha natureza cultural, posteriormente desenvolveuse como unha ideoloxía política que culminou co estabelecemento da República Democrática de Azerbaidján en 1918.[2][3]
En comparanza co nacionalismo armenio e xeorxiano, o sentimento de nacionalismo étnico desenvolveuse de maneira máis lenta entre os azerís, en parte pola súa identificación como membros dun mundo musulmán meirande e non como unha etnonación cultural singular.[4] Despois do conflito de Nagorno-Karabakh e a súa declaración de independencia en 1991, Azerbaidján presenciou o ascenso dun nacionalismo azerí especialmente forte, o cal inclúe aspectos de pannacionalismo e irredentismo.[5]
↑Rezvani, Babak (2014). Ethno-territorial conflict and coexistence in the caucasus, Central Asia and Fereydan: academisch proefschrift. Amsterdam: Amsterdam University Press. p. 356. ISBN978-9048519286. The region to the north of the river Araxes was not called Azerbaijan prior to 1918, unlike the region in northwestern Iran that has been called since so long ago.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.
Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!