Os pementos do Couto adoitan pesar entre 4 e 6 gramos por unidade, a súa unha lonxitude atópase entre os 4 e 8 cm e a súa anchura rolda os 2 cm. O seu pedúnculo mide entre 2 e 3 cm, sempre de menor lonxitude có froito, ríxido e normalmente recto ou cunha lixeira curvatura. A súa pel é de cor verde escura, con pouco brillo. O froito ten un espesor de entre 1 e 1,5 mm aproximadamente. No tocante ao sabor, este é doce, a diferenza doutros pementos coma os de Padrón, carece de comechón debido á ausencia de capsicina.