Polo concello corren varios ríos e regos, sendo os principais o río Grande de Xubia, que transcorre pola zona norte e centro do concello, e o río Castro que é afluente do primeiro e que drea o val do Castro.
A zona de maior altitude é a zona sur do concello, entre Naraío e Igrexafeita.
O Convento do Rosario, sito na Avenida do Marqués de Figueroa, é un antigo convento monacal da Orde dos Franciscáns, do que se ten constancia xa no século XVI. Na actualidade, as súas dependencias só acollen o concello e o xulgado de paz. No seu interior, destaca a escaleira que accede ao andar superior, realizada coa coñecida como 'Pedra de Moeche', que se caracteriza pola súa cor verdosa.
A capela de Belén, sita na Avenida do Marqués de Figueroa, é un pequeno templo dunha soa nave que destaca pola imaxe da Virxe e o antigo escudo do Marquesado de San Sadurniño, sitos na súa fachada principal.
A igrexa de Santa María de Naraío atópase no lugar do Eirixado, na parroquia de Naraío. Foi levantada entre os séculos XI e XVIII e a súa planta, de cruz latina, está formada pola nave principal, unha sancristía e dúas capelas laterais. Destaca o pequeno rosetón circular da súa fachada principal.
A igrexa de Igrexafeita é un templo de estilo gótico sito no Coto, na parroquia de Igrexafeita. Ten planta rectangular dunha soa nave, capela -á que se accede por un arco triunfal- e sancristía. No seu interior, gárdase un retablobarroco.
A igrexa de San Xiao de Lamas é un templo rural de estilo barroco, con planta rectangular dunha soa nave. A súa fachada principal presenta acaroada unha torre campanario.
A igrexa de Santa María de Bardaos é un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave e presbiterio.
A igrexa de Santa Mariña do Monte é un pequeno templo de estilo barroco con planta rectangular dunha soa nave e pequena sancristía. Na súa fachada principal destaca a súa espadana dobre con dúas campás.
Monumentos civís
Neste concello está o castelo de Naraío, que pertencera a Gonzalo Piñeiro. Está situado no punto máis alto do val formado polo río Castro, a 400 metros de altitude, ao sur do concello. Os primeiros datos que se obteñen del din que pertenceu a Gonzalo Piñeiro. É unha fortalezamedieval de planta irregular con forma de polígono de doce lados, adaptada ás irregularidades do terreo, e nos últimos anos atopábase en estado de abandono. Porén, vense desenvolvendo dende 2007 un proceso de rehabilitación.
O Pazo da Marquesa de San Sadurniño é un dos edificios de maior valor artístico de todo o concello. Localízase nos arredores do Convento e a Igrexa do Rosario, na Avenida do Marqués de Figueroa. Ten planta cuadrangular e unha torre almeada que presenta os escudos das familias dos Andrade e Lemos, e no seu interior merece especial mención o seu claustro e a galería acristalada do século XIX. O edificio sufriu modificacións importantes no século XX, cando se converteu en escola e se lle engadiu un anexo derrubándose unha das ás do pazo orixinal.
A área recreativa dos Currás atópase nos arredores da piscina municipal. En toda a súa contorna, arrodeado de arboredas de castiñeiros, piñeiros e eucaliptos, hai mesas, bancos, barbacoas e unha zona especialmente adicada aos máis pequenos con xogos infantís.
A Fonte de San Roque, sita a escasos metros da Igrexa de Santa María de Naraío, está realizada en pedra labrada e arrodeada dunha arboreda. Merece especial mención o fornelo sito sobre a fonte, coa imaxe do Santo.
A ponte de Ferrería localízase nos arredores do castelo e da igrexa de Santa María de Naraío. Pénsase que é unha ponte medieval, utilizada dende as súas orixes para salvar o río Castro.
A área recreativa de Bardaos localízase na contorna forestal e fluvial do río da Bañoca. Conta cunha zona dedicada aos máis pequenos con diferentes xogos, ademais de mesas, bancos e barbacoas. Nos seus arredores, merece especial mención un antigo muíño de auga, na actualidade en estado ruinoso.
En 2011, o BNG obtivo a maioría absoluta na corporación con 7 concelleiros, afrontando en solitario o goberno municipal no novo mandato, fronte a 3 edís do PP e outro do PSdeG-PSOE na oposición.
Poboación
Censo Total (Habitantes)
3.019 (2014)
Menores de 15 anos
276 (9.14 %)
Entre 15 e 64 anos
1.814 (60.09 %)
Maiores de 65 anos
929 (30.77 %)
Evolución da poboación de San Sadurniño Fontes: INE e IGE.
1900
1930
1950
1981
2004
2009
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019
2020
2021
2022
2023
5.201
5.932
6.622
4.398
3.229
3.098
3.061
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Economía
O concello de San Sadurniño ten unha implicación importante coa economía agrícola, gandeira e forestal. No concello está situada a fábrica de taboleiro de madeira INTASA do grupo Tojeiro.